Caderno de apuntes de PepeR

Á BEIRA DO MINHO, FUN LEMBRARME DABONDO

Posted on: 14/08/2010

A lembranza, pasado querido, pasado vivido na  plenitude

Volvoreta  polícroma dunha primavera afastada,

Tempos deixados no pasado doutros tempos deshabitidos

Senlleiros

Boomerang que amin volta.

Tempo que, de cando en cando, as veces,

E cando menos o pensas, sen dúbida,

Emerxe potente á superficie da memoria esquencida

Como  a auga dunha fonte ausente e pensativa

Que chora auga crara, bágoas dun tempo pasado

Como un pesamento afundido me medio da existencia temporal,

No lugar máis apartado da nosa psyque, soterrado, máis, xuro: emerxe,

Forte geiserg de branca escuma  ergueita,

Emerxe á superficie e frota na tranquilidade pensante,

Sosego do que foi, presente no seu lugar  e tempo,

Pequena gabeta que garda os días queridos

Como ternos libros antigos cheos de deleicia e armonía escrita.

Garda roupa antiga e pechado na que gardamos prendas  esquecidas

As que puxemos e posuímos que xa non pomos, esquecidas nas lembranzas abertas.

Portas que abrimos de vivendas perdidas, abofé que tenho malancolía,

Pero a vida é o conxunto dos feitos desexados, amor, bico, susurro branco e pequeno

E aqueles semi  queridos, que arincáronnos, medo, tristura, ameáza e violencia,

Polo medo preso e a vergonza medrosa; verso do medo vivo!

O sorriso amplo da cara aberta ao mundo enteiro, cara cuberta de amor fondo,

E aqueles días que eu desexaría non queridos nen vividos

Pasados sen nome e apelidos e datas contratos, supostas pantasmas brancos

Nas que as transparentes bágoas asoman aos nosos ollos de vidro roto.

Non de min fuxas camiño de ningures, non escapes pola fronte, e sem rumbo

Sem lóxica  pura ou fundamento concreto, como un tolo insolente,

Camiño de ningunha parte , onde os pensamentos non existen, pantasmas viventes

Ou na dirección do país de ninguén

Onde o corazón frío non latexa, amor vivo, amor frío, corazón de xéo duro

Mundo valeiro, aquecida lembranza vivida

Porta esquencida da derradeira palabra pronunciada

Tráeme ao momento presente, agora, de contado,

Non tan distante e inesquecible, perdido na néboa branca,

Memoria  fixa e aberta ao tempo pasado, pretérito perfecto,

Ou subxuntivo perdido no tempo dos verbos aprendidos.

Chuva de inverno dos invernos dunha infancia perdida e gañada,

Que persiste na niña mente inqueda e viva polo de agora

Persistentemente como unha doce lembranza inesquecible,

Pegada forte, rexistro inesquencible,

E o xa que non existe  o que xa foi, o mundo pasado, hai un tempo..

Que a noción temporal perdín nunha mañá desesperada,

Rocío transparente e o día por diante, interrogante

Habitáculo do pretérito que pousa, lentamente,

No tempo vivo de agora, por sempre, habitado, polo vida actual

Parecendo unha fermosa cantiga doce, unha esmola recibida,

Chamáronme uns momentos deliciosos, uns sons incomparables

O estar na quentura da familia portuguesa, antes e agora,

Uma Casa  Portuguesa com Certeça, nao esquenzo o canto

Que cantara Amalia Rodrigues,

Polos establecementos lisboetas

De mandolinas, guitarras e voces fermosas

Fálavos agora dos meus primos e primas

Descendentes de Luis de Camóens,

Polo lo que a  literatura portuguesa  é referido

Lectores das Lusiadas, Habitantes do Mar

Amigos de Grandes Descubrimentos,

Que correspondía ao un Portugal de  Cantos de Xesta.

Quero decer  vinho verde

E caldos do Porto, fermoso Douro, a rente

Cambiei de país, país achegado e querido e amado

Onde a Minha Mae, naceu: na Póvoa do Varzím

Rúa da Caverneira, número 5, atrás dunha Fábrica Conserveira

Chamada  A Poveira, latas de sardiñas prateadas,

Naquel mundo distante, mundo da perfecta memoria habitada

Ela foi poveira e portuguesa, amante da aréa quente

Da praia longa  poveirá, estival baño na salgada auga atlántica

Mar aberto de ondas grandes, forza mareira, ondas en movemento continuo

Lembranzas da miña infancia vivida, encendida memoria,

Como a bela dun bello candil, dunha antiga quinta.

Nos camiños do tempo pasado; habito na lembranza, voume ao pasado

Posúo o límite permitido do  propio recordo, que, mentalmente, habítame

Sen distanza no corazón amado, perto no querer.Por  qué non querer?

Por qué non ser un amador, ou amante sumo?,Ave suprema do verbo amar?

Non comprendo a existencia enteira sen querer e sen amar,

O que non ama está seco, coma unha folla amarela en outono  deconsolado e triste.

Que fermoso é querer sen límites!

Cando eu che quero permítome o luxo de insuflar ledicia,

Contigo a vida enteira ten  sentido,

Que  faría eu, somentes  soio, sen ao teu amor prendido?

Que bonito é encher un beijo valeiro.

Fun estar coneles no pobo portugés de Seijas

Despóis de Vila Nova de Cerveira

Denantes de Caminha, no que compramos

No pasado manteiga salgada e café Sical,

Vila de descanso e sosego, praia aberta e Lanhelas

Unha fiestra aberta a beleza do Río Miño,

Un habitáculo de paz e sosego continúo

Un lugar tranquilo, habitado de inmensa quietude,

Vento soave, palabra verdadeira, tenrura e soave amor,

Dozura, suavidade, sorrisos infantís, ledicia fonda,

Meniño ou meniña, enche de ledicia o coarto.

Meniño arrinca o pranto ou o inútil queixume:

Non chores, meu neninho, na inutilidade

Dun pranto pasaxeiro; eu dareiche, con amor

Unhas palabras agarimosas, e unha lembranza perfecta,

Unha mirada cravada na beleza do Río Fermoso

Miño   galego e portugés unha liña   fronteiriza invisible,

Antre dous paises que se aman, penso eu no meu íntimo coraçao

Coa Illa dos Namorados,  nomeado hai tanto tempo

Por Meus Pais Queridos, caminho da Póvoa de Varzím

Destino do contento e da ledicia

No medio da auga  doVerde Río

Verde Fermoso, porta aberta a todo o verde existente,

Sucumbo ao verde minhota, sucumbo a verde beleza

Planicie verde, arbre verde, mirada verde, mazá verde,

Miro a belleza verde intensa no fondo da túa mirada azul.

Teus ollos son azuis, como o azul do ceu fundo e distante

Que penetra na meniña dos nosos ollos de todas as cores habitables.

Seijas está ,maravillosamente, linda, as súas Rúas Quedas e pacientes

Nas que a que vida habita en lentos movementos articulados.

As súas durmidas pedras toscas e torpes, nas que a calma suma manda,

Están cheias de alambiques aguardenteiros de venda ao público diverso.

Miguel, querido Miguel, ao fin coñecín a túa casa miñota,

O pasar do tempo troúxome eiquí, lugar querido por tí,

Derradeiro sono cumplido da túa vida, pedido con pracer e gosto

A beira dun monte fermoso e um río ateigado de belleza máxima

Esa fiestra aberta a ledicia dun Río Máxico, que morre nas augas Atlánticas

Mar adentro ao Oceano Aberto, a derradeira expresión dunha vela perdida

E as lembrazas sucumbiron  coa perda da memoria, memoria espida,

Veleiro coas velas presas, rumbo a Terra de Ningures

Onde a memoria é uma ilusión perdida.

Antre a portuguesa Caminha e a espanhola A Guarda

Trasego de barcos transbordadores,

Promontorio vixiante da desembocadura dun Río Ledo

Canta beleza poden os nosos ollos acadar

Nunha sóa mirada

E posible mirar tan sublime vista,

Desde o cumio do Monte de Santa Tegra?

Antigo pobrado Celta, arqueoloxía bem conservada,

Tellados cónicos de palla burda, tosquedade total,

Castros circulares, restos arqueolóxicos, pedras antigas

Poboadores de vai   xa  tantos  séculos,

Pregunto ao ar limpo de Santa Tegra,

Se mirou aos habitentes celtas,

Pero, sempre, é un ar calado e  sen resposta,

Unha respota fría, unha palabra xeáda on the rocks.

Fincapé, de novo,  fago ,perdón na femosura verde e nas augas grises do Pai Miño,

Que extende  a  súa longa fermosura en  extensión acuífera,

Esmeralda do ceo caído, bágoa verde dun ollo de deus perdido

No ceu estrelado de desamores perdidos e amores gañados,

En forma de longa anguía comprida que longamente na auga frota,

Surcada pola escuma branca dunha embarcacaon deportiva

Esquíes perfectos que erguen auga branca polo ar branco  e ergueito,

Coitelos cravados na auga  chá, planicie de auga,

E fácese dela auga uma escuma ergueita e cortante.

Que maior acto que amar sen fronteiras sem liñas   divisorias,

Igreja linda de Seijas, mírame agarimosamente,

Como se vida tiveres, querida Igrexa rezadora.

Subo o camiño até a Branca Casa, lugar lindo e ledo,

Sofía, vai de perfecta guiadora, eu sego as súas rodas pretas

Tan pretas como tódolas rodas pretas de tódolos carros.

Fito  a mirada, de novo, no Pai Minho, pedón, pola repetición,

Río ateiagado da Máis Pura Beleza, non canso na miña     afirmación,

E nao canso de mirar  ao traveso da fiestra rectangular.

Cantas miradas perdidas e distraídas ao longo do tempo,

Fiestra de ontem, de hojem e de mañá?

Cantas veces medrou o teu amor enteiro de mirada verde?

Mira a grandeza do Ceu Azul de Seijas,

Toma baño na verdura pura do Río Lindo

E  achégate as pequenas praias da fronte galega,

Perdo a imaje pura no fundo da beleza, pérdome nela,

Perdo odio e desamor na tranquilidade e na  quietude máxima

Dun lugar lindo, chamado Seijas,

Seijas que beijas con beizos de vidro  transparente

Meu Señor, compre voçe este alamabique máxico

De cobre puro brillante, dime o astuto vendedor alambiqueiro

Meu Señor é un alambiquero de Seijas,

Faga voçe a súa agua ardente no nome desta vila miñota,

Ou merque voçe lindas torneiras imitadoras das antigas auténticas.

A Vila de Seijas está na súa fermosura funda,

Torre cristalina de cores dunha casa antiga

A torre é un jet ergueito de poder transparente e polícromo

Que eu gardo na fotografía que eu fixen no seu día,

No tempo que  xa nao existe, na lembranza transportada

O Sol Inmenso  fai máis bela  a existencia, lus suprema,

Dame toda a lus necesaria, aparte de min o negro

Que me aturde e me desequilbra, dame toda a luz necesaria

Poso mirar a túa linda mirada antre faces lumisosos e sorrisos perfectos.

Que farei de min sen meu sorriso fondo e penetrante?

Tiago, explica The Flat Theory, eu amoso grande interés

E penso que son un grande ouvido que tudo escoita

Ou un atento alumno que ao seu profesor escoita

O Mundo, dí, Tiago, quere menos desigualdade,

Non teremos que subir ou baixar os andares tan diferentes

Do mesmo predio existential,

O equilibrio nao será un falsa teoría,

Mais ben será The Theory of Equaility,

Mais haberá coisas que nao muden,

Como a verde beleza dun prado perfecto e perpetuo

Onde os Regojo  a súa fermosa casa teñen ha anos,

Mirando dende uma casa branca situada em Seijas,

Nun promontotio nem moi alto nem baixo

Perto da figura dun Cervo non moi afastado,

Cravado na superfie do monte verde.

Gosto da beleza paisaxística, Portugal Nortenho

Gosto da froita das arbres frutáis

Visitamos tudos os frutáis, Gabí, Tíago, e   o que escrebe,

Se a oliveira nao da oliveiras,

Un día dara dabondo.

Miramos a cadeira para descansar da nosa Gabí

Numa esquina, escondida do jardin,

Onde non hai frío nen calor

E a paz fonda e enteira habita,

Con seguridade, un día perdido da nosa vida,

A cor fermosa do froito do aceite,

Será mirada pela a nosa vista  atónita.

A oliveira deu froito! Dis unha das

Fermosas criaturas, habitantes infantiis

Futuros guiadores dun país fermoso

Chamado Portugal, verde con vermello,

Habitan os mastros portugueses,

Mais a pesar de tudo do peso dos seus anos

Oliveira, ja con cem  anos vividos

Nao cansa de crear filmes fermosos e maravillosas

Porque, somentes hai ou existe um Oliveira

Dun delicioso Portugal Máxico

Que nao cansa de dar oliveiras verdes ou pretas,

Ou fitas fermosos dun gran cineasta.

Canta sabedoría filmográfica,

Mais agora penso na Póvoa de Varzim,

E penso até nunca máis acabar,

Consumo, integramente, os meu pensamentos existenciais.

Penso na máxica infanza vivida, con Miguel, Jojo,

Gabí, Jacqueline, Zi, Cucas, Genito, Gonzalo,  Loí   , Tía Hèléne,

Tío Eugéne, Isa, Tía Maé-Blanche Thenaisie-

, Tió Páe-Joao Salazar-Coelho-,

Memé, Pepé, Pica, Manela,

O Armando de Balazar, Ana de Póvoa, Narciso,

María Teresa, Teresinha,  Joao Coeho,Philipe, Olga, Sofía,

María Calafate, Zé Ruí, Alberto Matos e perdoarme

Se de alguén esquenzo, porque ja nao me lembro.

Percorrer as rúas da Póvoa coa Tía Blanche,

E a minha Mae, e eu nunha perfecta biciclete infantil

De aluguer. A imaxi nacao nun memino loiro

Discurre polas pequenas rúas daquela pequena vila.

Pasaba por diante do Casino,

Ir ao Dyana Bar coa Isa, era uma perfecta ocasión

Para beber o delicioso zumo de grosella,

Bacallau delicioso portugués,

Pelo día de Noite Bóa,

Que frango delicioso con recheio de castañas.

O Bollo Rei, era un delicioso doçe,

Días de rebusados sabrosos

Ou aqueles Chewing Gum

En tiras longas e perfectamente empaquetados

Que, sempre, traía, uma sorpresa máxica.

E miraba a  a  cara esculpida de José María Eça de Queirós,

Hai pouco fun na percura dos mundos creados Eça de Queirós,

Puden coñecer a Lisboa do século dazanove

Ou a vida provinciana de pequenas vilas esquencidas.

Nas que o marido faltaba, ido ao Alentejo,

E a muller ficaba cun amor segredo de contrabando.

O mundo enteiro detíase na oficiña de Fernando Pessóa,

A vida era un constantes desasosego

Namentras os poetas verdadeiras morrían de dozura,

Cós  fados amorososos de Amalia Rodrígues

A vida portuguesa foi o comenzo da miña apertura ao mundo

Portugal era unha guitarra máxica

Que facía máis doce o son de tódolos días,

Era Portugal  o pobo por min vivenciado,

E tantos amadores e amadoras da Lusitania.

Miguel    Dubois.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: