Archive for Xuño 2013
Que é xustiza?
Posted 15/06/2013
on:QUÉ É XUSTIZA?
Pontevedra, ao 15 de Xuño de 2013.
Pontevedra, ao 15 de Xuño de 2013.
QUE É XUSTIZA?
Funme dando de conta,
que o mapa do tempo
ía debuxándose na miña
faciana, estrías constantes
de ríos diversos e afluentes
marcados no tecido da
branca pel. Un mapa diverso
que fixo da miña cara,
un espazo continuo e diverso.
Vou envellecendo mais tendo
o corazón mozo e o sorriso
aberto. Non me rendo
á traizón diversa, máis ben
no me pecho a nada e abro
novas portas ao feito plural
e reivindico a liberdade,
que se nós arrinca, de xeito
cruel e diverso. Abro portas
á luminosidade, abro as portas
ao vivir intenso e diverso,
cun discurso que ridiculiza
os poderes financeiros.
Ala bo a palabra paz enteira,
e condeno todo aquilo que
poda ridiculizar a grandeza
do ser humano, namentres
os poderes fácticos enchen
a vida da dor constante que
debilita a homes e mulleres.
Condeno, a todos aqueles
que abusan do seu poderío,
arrincando postos de traballo
necesarios e vital es.
Condeno aos usureiros que
botan a rúa con violencia
aos que dan as ordes de
desafiuzamento, a súa orde
deshumanizado, e o seu nulo
sentimento de empatía.
A deshumanización é
unha nova corrente, namentres
un Ministro, carente de forza
e brío, crea unha nula lei
educativa. Imos medrando no
malos aspectos da vida enteira,
xenerando a necesidade innecesaria,
mal educa cando e perdendo
o rumbo necesario, sen demandalo.
Día a día miramos nos noticiarios
absurdos, cando lle medran
as cantidades a un Señor Estrafalario
que non cumpre o castigo
merecido e incumle toda Ética
esixida. Un camiño consentido
dende a súa casa aos xulgados
mais vai, sempre, libre
e cun certo aspecto de estraña
naturalidade, abríndose paso
entre cámaras e micrófonos,
elegante e ven penteado con gomiña,
se for preciso. Nula orde dan
os xulgados pertinentes,
namentres en Suíza, descóbrense
enormes sumas monetarias
inconcebibles. Que é Xustiza
nesta España tremenda
deplorable e cargada de innecesarios
abusos consentidos?
Míguel Dubois.
Senlleiro en balea
Posted 07/06/2013
on:Pontevedra, ao 7 de Xuño de 2013.
SENLLEIRO EN BALEA.
Por veces, voume vistindo de vento forte
e atravesoó ar fondo en plena liberdade,
coma un paxaro fermoso e liberado,
dunha gaiola constante e inútil.
Liberta, libertatis, verita veritatis.
Vou mirando as brancas ondas mareiras,
furioso espéctalo en continuo movemento,
ascenso e descenso continúo,
esa escume prodixiosa, vestida de neve branca,
namentras o mascato negro non se move,
da dura pedra de Con de Afora.
Escoito o son do vento en Balea,
Balea dos meus intres de mozo vibrante,
de ledica fonda, mocidade perdida no tempo pasado
que peta na memoria, vida intensidade de vida,
dos tempos mortos. En Balea eu vivín, de certo,
co meu can, chamado Rons,
un fermoso pastor alemán
grande e astuto de afiado ouvido,
de fermosa mirada interrogante,
gardián da noite pecha e o día aberto,
antre libros diversos ou libros senlleiros,
de Federico García Lorca, Miguel Hernández
de Rafael Alberti, Pablo Neruda,
Xosé Luis Méndez Ferrin
e Manuel Lueiro Rey,
poño por caso, literario a modo de exemplo.
Vivíu Manolo Lueiro no Grove entrañable,
no que agora descansa tranquilo e sosegado,
onde o tempo non existe, Illa do Destempo,
meu querido amigo poeta e narrador.
Título dun libro de Manolo
Foi: Non debáin medrar!
Ou Escolma Ferida, pollo por caso.
Súa dona Maruja, a quen quixen dabondo,
Tiña un comercio moi acristalado,
que daba a beira rúa, debaixo da Torre
e pertiño ao cruce onde os Municipales,
que dirixían os vehículos por direccións diferentes.
Cantas veces mireino no Bar Isolino,
Meu benquerido Isolino, tes todo o meu aprezo
déchenos moito agarimo e agasalláchenos
con moitos sorrisos deliciosos,
ou no Bar Lusán cun quinto de cerveza
na súa man grande e poderosa.
Zoaba con forza o vento intenso
na Balea Mareira, forte e intensivo,
non afastrado do lugar
do Colexio de As Bizocas.
Bizocas na que enchen a sabiduría
a nenos e mozos,
Bizocas de verán aberto a intensidade,
da lus fonda e penetrante,
xente case espida que camiña lenta,
ao longo da estrada a beira do mar,
Campings abertos, namentras o lugar sinalado
non agacha o poderío da sua fonda belleza.
Areas claras de praias lindas que o vento ergue
sen rumbo fixo que se perdenran nos remuíños
do vento que se perde polas esquinas,
e penetra furioso polas feridas fendas,
namentras os piñeiros dobránse,
no furioso inverno endemado,
e a auga do mar bravo asulaga
os espazos aereos das rúas estreitas,
o fermoso can, pastor alemán
ladrada de xeito enfadado
de ladrigo grave correspondente.
Insuflaba o vento
polas feridas das fiestra e mirar
o esbaramento
de pingas de auga chorosa,
namentras os vidros
eran unha fonte de humidade constante;
dibuxei un corazón grande
de amor fondo na palidez superficial,
do vidro empañado de auga condensada,
vidro neboento cuberto de interrogantes diversos,
e na miña man inesperta descansaba sobre
as Flores do Mal, de Charles Baudelaire.
Funme metendo fondamente
na lectura dos seus poemas,
atraveseis oracións enteiras,
sentencias continuas
e xuramentos astutos
frases, proverbios, que sei eu!
Mentinme dentro de todas as letras
e rematei recitando os seus versos
e remateime nun lugar escuro
ateigado de poetas e pintores diversos,
en Mont Martre, sen sair de Balea Marítima.
Xa dícían, os vellos lugareños onde o vento bruaba
namentras na area da brancas areas, durmían,
as dornas un soño fondo de inverno invadido
pintadas de tristura negra.
De cando en vez aviscábase a potente lus
do faro de Ons, entre os ventos asubiantes e penetrantes,
que con forza ilimitada pechaba a branca porta,
da Casiña Azul, onde os versos nacían,
e a lectura de poetas diversos,
era un rito constante para o poeta senlleiro
afastado do mundo, namentras o cans Rons,
mirábate con rostro interrogativo, de novo,
como se si che quixera decir:
que che pasa, meu, ou ti que tes tío?
Despóis das súas preguntas pares
puña a parte de abaixo do seu fuciño longo,
enrriba das súas potentes
patas longas e estreitas,
eu seguía coa lectura de Baudelaire,
perdido de maldicións
e visitando os lugares bohemios
parisinos, namentres
un acordeon vello e fermoso
descansaba enrina dunha mesa senlleira,
Miguel Dubois.
Poder perverso
Posted 02/06/2013
on:Pontevedra, ao 2 de Xuño de 2013
PODER PERVERSO.
Gardade un silencio permanente,
de rosas amarelas e camelias brancas.
Calade que xa chegaron os sumos mentireiros
os que dregandan o mundo de verdadeiro.
Mundo que queremos vivir, apartados
do sufrimento inútil. Sufrimento creado,
pola maldade humana e a verificación perversa
de verdades desherdadas de calquera
afirmación sensata e coherente.
Converteron a vida nun mundo mentirán
Unha civilización salvaxe e brutal.
Vanse apagando as risas enteiras do pracer,
que medra, constantemente polos mundos reais,
para nos o feito do sorriso é unha apertura a ledicia.
Cara enteira aberta ao sorriso preciso.
Cabreadas estás as sinistras rúas esquecidas
da perversión do poder establecido.
Imos perdendo a expresión leda,
o sorriso interno que exprésamas
nas nosas facianas indecisas.
A ledicia de vivir en paz, namentres vannos
creando o mundo adverso, inverso do pracer.
Que maior esperanza que non perdela a esperanza.
Que maior vitoria é dicir, basta xa!
Combate vital absurdo inducido á necesidade.
Dicir: vida érguete constante e dereita,
na contra da acelerada morte consentida.
Que maior dor que a perda da vida inesquencible,
daquel ser humano que me quentou a vida,
cunha calor intensa ateigada de sorrisos permanentes.
Sopreivos mundo europeo dunha Troika,
que pide sacrificios inútiles, en favor
dun poder financeiro que aí lla seus capital es,
en lugares intocables. Sexa restablecido,
o senso común a felicidade colectiva
as ganas de vivir, intensamente,
namentres condenamos a uns poderes ocultos
de rostro de descoñecido que vai menten do
medo polas capital es da vella Europa.
Pelexas en Madrid, pelexas en Franckurt,
brutalidade policial concisa e fora de lugar.
A liberdade quere ser agachada,
polo abuso da banca poderosa,
que fai deshabitar o corazón dos máis necesitados.
Xente que durme nas rúas desoladas.
Xente abandonada polos servizos sociais
das vilas das provincias das diferentes
e Comunidades Autónomas. Xerar pobreza e abandono.
Pechar comedores escolares gratuítos.
Insuflar a necesidade, evitar o coido
da xente que necesita dependencia socia
imprescindible. Crear problemas
cós medica mentes imprescindibles
Limitar as prazas de funcionarios públicos.
Namentres o Poder establecido fai unha dobre vida,
que parece que nada ocorre no seu firmamento político.
Coma se pode negar escándalos tan grandes?
Como se pode mentir tan doadamente,
sen dimitir dos seus lugares importantes
tan desacreditados coma os corazóns negros?
A vida segue, pero o país cada día perde
máis oportunidades para vivir con dignidade.
Vai pasando todo, como se nada pasara.
Miguel Dubois.