Caderno de apuntes de PepeR

Archive for Xaneiro 2010

Pontevedra, ao 23/01/10

A XOSÉ LUÍS MÉNDEZ  FERRÍN.

MEU QUERIDO PROFESOR.

Pasaron os tempos distantes,

Afastados de memorias reáis,

Ateigadoas de soños cumplidos.

Pero xa vai tanto tempo daquel

Tempo amarrado a lembranza,

Ao tempo que nunca voltará,

Máis fomos construíndo,

Co paso dos anos vividos,

Fermosas hestorias,

Ou momentos duros

Que doían dabondo e tanto

Ti comenzaras, con

Percival e Outras Hestorias,,

Aquel comezo máxico,

Tempos con Lugrís, Avilés,

Madrid , Café Xixón

Que da comezo a túa sabedoría

Coma escrito galego de vangarda

Quizáves revolucionaria.

As túas liortas políticas

As túas guerras verbais,

A palabra metaforfoseada,

Para convertilo en libros deliciosos,

Que invitan a lectura,

Lectura cun certo fondo didáctica,

A beleza das palabras

O discurso da verba escrita,

Era un fonte de hermosura continua.

Aquela pequeno escrito

Que deixáchelo pegado,

No disco de Pilocha,

Idioma Meu, Manuel María,

Dous o tres párrafos fermosos,

Dicián: dende punta de cabalo de afora…

Tería que coller  a funda do vinilo negro,

Fixarme na  beleza de Pilocha,

E darlle a volta a funda do disco,

Para o difrutar das palabras fermosas túas.

Foches un profesor agarimoso,

E sempre, ficou en mín a túa pegada,

Respetuosa, igoalitaria e homilde.

Teus alumnos queríamosche moito,

O día da tristura da morte do teu meniño,

Ficamos derrubados no medio da aula triste.

Non diferenciabas aos teus alumnos,

Nem polo xeito de vestir,

Nen por nada diferente.

Eras agarimoso con Isaac, lémbraste?

O ventre hinchado dil os riles enfermos,

O amigo Fálagan, sorrinte, sempre,

E o sobriño  de Anxel Fole,

A quen ti tratabas, agarimosamente.

Leónides de Carlos era un gran amigo teu

El, de igoal xeito era bon.

Con Pólvora e Magnolias,

A il ía adicado. Leónides,

Predidente do Colexio de Doutores e Licenciados,

Teu amigo, Laredo, teu crítico.

Eras naqueles tempos pasados,

Modo de comunicación constante,

Ou ben  se fora polos teus libros ideais.

O Grupo de Comuncación Poética,

Rompente: Alfonso Pexegueiro,

Ille del Dones, Foles,

Antón  Reixa, Alberto Avendaño.

Aquela pólvora revolucionaria,

Aquel estourido tremedo,

Fíxose a beleza da magnolia queda e soave.

Alá ficaron Arraianos,

Retorno a Tagen  Ata,

Voce na Néboa,

Poesía enteira de Heriberto Bens,

O Fin dun canto,

Erótica,

Estirpe,

O Outro,

Era na Selva de Esm,

Contra Maquiero,

O Crepúsculo es as Formigas

Arrabaldo de Norte,

Elipsis e Outras Sombras,

Antón e os Iñocentes,

Crónica de Nós,

Amor de Artur,

Arnoia Arnoia,

Bretaña Esmeraldina

Arrianos,

No Ventre do Silencio,

Fría Hortensia e outros contos.

As fría mañáns nas Travesas,

O s cafeses quentiños,

Engulidos nos bares achegados.

O curto camiño do establecento público,

Atá o Instituto de Santa Irene,

A complidcidade coas rapazas lindas

Do Instituto femenino,

Os primeiros pitos fumados

A contragosto,

A insolencia do lunfardo,

O adolescente en liorta,

E exposisión polo suposto amor

Dunha rapaza do Instituto femenino.

A seriedade do Director Pazos,

Namentas Laerdo pensaba matemáticamente,

E codeada sen límites

A Don Gozalo de Berceo

Os apuntes do bon Leónidos,

Encol da Filosofía Clásica

Da Antiga Gecia,

Parménides de Elea,

Zenón, Heráclito.

Os comentarios que percorrían a zóa

Das Travesas. As faladurías de Rufo

Ou as faladurías do fillo de Rufo.

A luz pobre no interior da aula gris.

A severidade da palabras que dictaban.

O medo ao definido e a non sei que.

A túa postura valente ante os tempos

Daquela. A lei dictatorial

A orde do medo,

O tapar as bocas abertas

Pidindo liberdade,

O reloxo enorme na torre outa.

Do Instituto de Santa Irene,

A quietude das arbres verdes

Apuntando ao ceo vigués.

Ceo gris dunha cidade perdida en gris,

A lus apagada,

A Praza de América, ateigada de derrota.

As cicatrices da vida nas nosas costas,

A apertura que nunca chegaba,

O desasosego; a rotura da armonía

A rabia traducida a un pechamento colectivo.

O abuso constante a lei do medo

Pero, agora, Xosé Luís, amigo,

Chegache a presidencia da RAG,

Por eso de ti escrebo con ledicia,

Porque merécelo, incansable escritor

Lector afinado, bon escolledor de autores,

Joyce, Faulkner, Kerouack.

Percival descansa na hestoria do tempo,

Máis valeu a pena, Xosé Luis.

                                        Miguel  Dubois

Advertisement

Pontevedra, ao 23 de xaneiro de 2010

NON NOS ARRINQUES  A LINGUA PROPIA.

De  me maneira decirlle que si

A aquelo carende se senso

Carencia da lóxica inmediata

A ideoloxia mintireira

A demagoxia constante

Sempre foron pantasmas tremendos

Que veñen  e marchan

Coma o péndulo dun vello orloxo.

Falar temos que falar, sempre.

Traizoarías a Rosalía,

A Curros

Ou a Pondal?

A nosa lingua mae

Non quere ser rexeitada por ninguén,

Namentras outros seres insensatos

Son os criadores poderosos

dunha sociedade galega dividida.

Mágoa as flores perdidas,

A creazón do desalento constante.

Hoxe na Alameda calaron

Os paxariños cantores,

O ceu estaba  gris moi gris,

E comenzan a caer as primeiras

Pingas da choiva castigadora.

Que vista máis bela

Que teus ollos lindos,

Que vista máis bela

Cando  a tarde lenta e sosegada

Cae sobre o Océano Atlántico

Namentras as ondas saltimbanquis

Crean a fermosura do mar vivo.

Que bonito é o noso país,

Miña amada terra

As fermosas praias

Os verdes montes,

As veigas cheas

E os pinos movéndose

Por mor do soplo de vento ceibo.
Son galego enteiro,
Con cara ampla
E corazón ledo.
Non renego de nada
Da miña identidade propia.
Parece coma se un corvo negro,
Apoderásese dun idioma querido,
Falado dende neno,
Pero sempre hai un estrano lugar
Para a súa presecución e falso delito.
O campo da demagoxia pura,
Ocuparon o espazo amplo
Froito da manipulación lexislativa.
Fobias de señoritos finos,
Tanto tempo na percura do consenso
Para agora queredes dividir
Ao pobo galego soberano.
Algúns rexeitan a lingua do seus pais.
De maneira estraña e ateigados de absurdos
Complexos, froito  do non aceptamento
Ao que son. Son os galegos renegados
Que non  se aman asemesmo.
É unha mentira disfrazada
De verdade falsas.
Son as palabras bárbaras e tremendas,
Que firen os corazóns doidos
De que  serve a ceptar o que somos.

Dame a impresión que vivimos

No absurdo, no que non ten senso,

Na época dourada de facer mal.

Non importa o quen sexa

Nametras o que dirixe incorrectamente

Afártase de crear confusíón

De derivar naquelo que é inutil,

Mais que se sente importante

Sen serlo.

Que é ser importante?

Mentira máis

Mentira menos,

Caducidade das palabras verdadeiras

Teoría da crispración calculada,

E foi entón que aquelo que era doado

Fíxose complicado e absurdo.

Era coma se cambearan os signos mattemáticos,

O máis era un menos,

E o multiplicar era dividir.

Unha Galicia con fendas e feridas.

O lobo negro tansformado

En secuenxia humana,

Ruxe no fondo da noite perdida.

                                   XÚBILO

Pero X. L. Méndez Ferrín querido,

Hoxe serás o novo Presidente

Da Real Academia Galega,

Por merecemento propio,

Porque eres un ser único,

Meu querido profesor,

Meu conselleiro lector,

A través da lectura dos teus queridos libros.

Non che quixeron darche o Premio Nobel.

Pero ti hoxe, a partires do

Vintatres de xaneiro, sábado,

Do ano de dous mil dez,

Eres o novo Presidente

Da RAG.

Vaian ao traveso deste homilde poema

Os meus parabéns, querido Xosé Luis.

                                 Miguel  Dubois.

AMOR E HAITÍ

                      I 

Sentín, que ía perdéndote,

Polas verbas duras

Que pronunciaches,

As veces, preguntábame:

Que máis quédame por quitarme

Do que digo que me pertence?

Acaso debo retirarme o sorriso ledo

Da miña cansada faciana?

Acaso debo dicir mentiras absurdas

Cando manda, sempre, decir

A verdade que reventa a inmadurez intelectual?

Acaso debo renunciar ao dereito fundamental,

De querer e amar ao noso idioma galego?

Lingua da miña infancia pasada,

Lingua da miña mocidade leda

Lingua que habita no meu interior

E que a pronuncio e falo,

Como deber e dereito dun galego

Amante dunha Galicia fermosa.

II

A filosofía falsa a vida carente

De sentimento solidario

É un feito real.

Habita na soidade correspontende,

Pero, ao parecer, non quer decir

Que compartas o senso do ben e da Xustiza.

Dame un cachiño do teu corazón aberto.

Dame un bico pequeno cáseque indivisible.

Dame a man con convencemento

Berra liberdade plena

Busca o senso da ledicia máis pura.

III

Nos fondos dos camiños agachados,

Atópanse estranas mercadorías

De comercio de contrabando,

Estraños artiluxios

Que se atopan nada máis

Nos finais  de roitas caen camiños agachados.

IV

Entón a noita é coma unha noito escura

De verán perdido no medio das verdes Silveiras.

E cando atópome nunha noite de verán Escura,

Paréceme que a lúa enteira

Escapara do celo estrelado,

E paréceme que os teus beizos doces,

Escápanse dos meus famentos.

E na noite estival abro a porta enteira

Ao mundo imaxinativo,

E voume perdendo rápida e torpe

Por teu corpo espido.

E as nosas vidas latexan. Que forza

O amor está aceso

Bicámonos con agarimo,

Lentos e desexosos

Con tódalas ganas de amarnos, sempre,

Levamos todo a vida  xuntos,

Amándanos no transcurso

Do tempo imparable

E atópoche distinta,

Pero eres a mesma

Aínda que non pareces a mesma.

V.    Tristura

Eran momentos tranquilos,

Tranquilos coma sempre, máis de súpeto

A brutal forza da natureza,

En poucos segundos,

Actuóu de asasina inmediata,

Do drama haitiano.

O tremendo derrume

Das estructuras construídas

Os edificios caídos,

Convertidos e sepulturas tremendas.

A berro espantoso,

Do corpo dorido,

A morte inesperada,

A caída enteira dun pobo

Tremedamente castigado.

Nenos, mulleres, homes,

Nativos ou estranxeiros,

Foron o froito do tremenda sacudida

Da terra enfandada,

Quebradora de ledicias

E creadora de prantos horribles.

                     VI

Os homes e as mulleres máis

Necesitados

Do mundo enteiro son os eternos Perdedores, perdendo, agora, todo.

Sofren, por igoal, os mesmos seres humanos

Desvalidos, pobres, necesitados,

Namentras outros predican

A falla de respecto

Aos seres humanas pobres,

Por seres pobres.

O mundo inxusto va dando voltas

Ao revés; onde estara a xustiza,

Cando lle darás a man túa,

Ao que dis que adoras

E nono soportas?

Comparte có que necesita apoio

Reventa o corazón egoísta,

Ábrete ao mundo que ti mesmo, pechas.

Non renegues  da túa lingua autóctona.

Loita polo xustiza

Loita pola desigualdade,

Axuda ao que o necesita,

E non te negues a ti mesmo.

Afírmate e entrégate

Ao mundo solidario.

                      Miguel  Dubois.

  Á  MAE DE EDÚ

I

Estou, contigo, sempre,

Na noite negra

No día craro,

Na luz máis linda

De tódolas luces

Alumeando as parcelas

Escuras dunha mente torpe.

            II

Se souberas, canto, che quero.

A distancia longa non conta

No arte de querer perfectamente.

Pero penso en tí tanto, canto

Habitas o centro do meu pensamento

Aberto ao espacio limpo.

              III

Tempo que pasou polo tempo,

Anos rápidos, días de longo traballo,

Fortaleza para agarrar o volante

Con toda a miña seguridade e sacrificio.

Percorrín tantas autoestradas

De moitos paises europeos.

A carga era pesada e o vehículo longo

E potente e os qilómetros percorridos

Chegaban a oito mil quilómetros

Traballadas roda a roda.

           IV

Iba na cabina alta,

E pensaba en tí tanto;

Pensei todo o que dixem

Polos demáis,

Eo os demáis non souberen

Facer por agradecemento

Cunha simple visita,

A unha gran muller enferma.

Díxen: que estrano é o mundo

Que non agradece a unha muller enferma,

Solidaria e loitadora, o sacrifio feito.

Empecei a darme de conta,

Que todo era cuestión de conveniencia,

E o amor ao próximo era unha palabra

Valeira e sen sentido.

Sentin un valeiro grande

E unhas ideas reais

Que non  pertecen

Ao Mundo Solidario.

Pero Mamá ficou na casa soia,

Enferma, e ninguén foi mirala.

                    V

Lémbrome cando có avó, Mamá

Recolleu  a aqueles tres meniños

Maltratados; que pena tremenda!

Un deles agora é un irmás teu,

E foi Ela; Mamá,

Que os recolleu.

                  VI

Mamá, sabes ben que estamos xuntos,

Eu estou neste páis e ti en Sao Paolo

Pero a forza do noso amor querito, tanto

Pode coa longa distanza do Océano Atlántico.

Mae querida, estamos alonxados en distanza,

Maiciña, estamos achegados nos nosos

Corazóns aberto a calquera

Xesto do  querer, sempre

                                   Miguel.

Pontevedra, ao 5 de xaneiro de 2010

A LINGUA  DO MEU POBO.

Amanda lingua galega,

Lingua do Pobo galego

De ti non rexeito,

Fonte da boca aberta,

Da que saen verbas galegas,

Oriundas  das Terras da fermosa Galicia.

Non rexeito da miña lingua querida.

Non rexeito do berce do meu falar.

Galicia fica senlleira, aíllada,

Sen a súa lingua falada e escrita.

Cantas horas de clase ensinadas,

Cantas autores estudados,

O Rexurdimento,

Rosalía, Curros e Pondal.

Porque non lembrarse de

Luis Pimentel, de Ramón Cabanillas,

Por que non lembrarnos de

Uxío Novoneyra, de Manuel  María,

De Rafael Dieste, de Lorenzo Varela,

De Antón Avilés, de X. L.

Méndez  Ferrín, de Carlos Casares,

De Bernardino Graña,

De Darío Xohán Cabana,

De Suso de Toro,

De Otero Pedrayo, de  Anxel Fole,

De Neira Vilas, de Manoel Antonio,

De Castelao ,de María Mariño,

De Roberto Blanco Torres,

De Antón Tovar Bovillo,

De  Manuel Lueiro Rey

De Luis Seoane,

De Rafael Dieste,

Todo un sin fin

De escritores galegos,

Froito  do traballo amado e querido

En prol da nosa lingua linda,

E da nosa lieteratura grandemente

Fermosa e creadora,

Ancorada no mundo da fermosura,

Di quefacer literario galego

Froito da xenialidade,

Nunha lingua fermosa

Cantareira, linda e aberta.

Non nos negarán o dereito puro

De falar a nosa lingua viva.

A lingua que mirounos nacer

Nos nosos lares abeira   da costa limpa,

Ou nas casas do interior,

Lugares productores de campos sementados

De esperanza e froito. Millo verde,

Que agarimávanos a faciana suorosa

Co vento norte do verán ateigado de lus clara

Galego para os galegos e galegas,

Non rexeitamos da orixe fermosa

Que fíxonos falar un galego perseguido

E agora rexeitado,

Pola falla de madurez total

De xente que desafía

O idioma que fala

Mais que non pensa

Na Galicia real, xusta a medida

Que debe ser, no seu ponto equilibrados

Creazón da disputa valeira,

División absuda, perda temporal,

Dun pobo debido a súa xente galega

Ou aqueles que de fóra veñen,

Serán ben recibidos,

Porque acollémolos con agarimo e mimo.

Valente lingua de mariñeiros fortes,

Que representa ao pobo galego navegante

Nos portos onde fan falar

O doce lingua da linda Galicia.

Lingua de troveiros namoradores

De mozas a beira da Praia de Cesantes.

Galicia emerxe na súa grande beleza

Coa forza da súa lus clara e penetrante,

Galicia fala galego, canta en galego,

Galicia fala en galego, galicia escrebe

Nunha maravillosa lingua, froito

Do esforza e o amor a esta terra linda,

Castigada,pola contra,

Polo exceso especulativo,

Da construcción  absurda.

Verdes eran  os verdes campos,

E emerxen na súa supercie,

Construccións absurdas,

Que destruiron  a bela Galicia verde.

Quero si quero tanto a miña terra,

Que pregaría que o seu chan chá

Fora ben tratado con dozura aquelada.

A beleza que sempre foi bela,

Debería ser unha fase estática e permanente.

Por eso non podo rexeitar

A miña fala galaga,

Porque rexeitaría a fala natural

Do pobo galego ceibo.

                         Miguel  Dubois.

VINTE  DEZ

Onte dixémoslle adeus,

Por tódolos tempos

E de súpeto empredemos

Coma un cabalo que choutóu

O outo obstáculo para

Ir ao outo lando do tempo

O tempo máis outo en número

Formado por un vinte e un dez.

Bridamos por tódolos deuses

Brindamos por tódolos demos,

O tempo é unha máquina

perfecta,

E imparable. E xa estamos

Neste número da hestoria,

Que nos traerás: ledicia inmensa,

Alomenos ledicia, quizáves.

Que nos traerás: pranto amargo,

Cara suorasa, bágoas tristes,

Golpes inútiles?

Que nos traerás, digo eu:

Vinte dez, vinte bicos amorosos,

Des disgustos mortais?

Que me vas dar vinte dez,

Dúas veces dez  máis unha vez

dez?

Dame o mundo no que habito,

Dame o alento respirable,

Dame o canto do paxaro ceibo.

Soltade aos paxaros das

gaiolas,

Que  piden liberdade para o

ar limpo.

Dame o que mereco

E quítame o que non me

correspode,

Non vivo do conto inútil

Non vivo da  miserento

esnovismo,

Vivo contigo, codo a codo,

Man con man,

E imos sulcando o camiño

aberto,

Vai anos dabondo,

Pole ben creído

Ou polo engano inxénuo,

Por unha palabra torpe,

Por un berro inútil.

Que é o que nos darás,

Vinte dez,

Que sorpresas inesperadas,

Estarán agardándonos?,

Se fóras máis  boíño

Que o pasado ano,

Canto che vou a querer,

Vinte dez!

Dame o curso dos ríos limpos,

Dame as amizades novas,

De Sau Paulo, Brasil,

A xuventude querida,

O futuro preciso.

Dame a vida para vivila

Dame o barco lento,

Para navegar despazo,

Na miña vida serena.

Habito  andando e movil

Camiños do campo galego

As raiolas soares,

As pingas  frías

No inverno branco e nevado,

Danme máis folgos,

Para sentir a parte agradecida

Da miña vida.

Dame o qu mereco.

Non mereco o que non

Me pertenzo.

Miguel  Dubois.



  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías