Caderno de apuntes de PepeR

Archive for Xuño 2011

Pontevedra, ao 29 de de Maio de 2011

                   ***

          Para HELENA e IVÁN,

          Para IVÁN e HELENA.

                   ***

Coma un veleiro fermoso,

Abrindo por proa rumbo perfecto,

Partíu do Porto de Baiona,

Una nave ateigada de amor.

                  ****

Apagamos os silencios fríos

E convertímolos en doces bicos de  chuchameles.

               ****

Nun serán fermoso, de amor henchidos,

Cunha lus fonda e potente,

Abertos  á brillante vida, mercemento cotiá,

Nun lugar ateigado  de máxima belleza constante.

A vosa belleza querida e  merecida,

Aphrodita ou Adonis.

Xuventude  a vosa, mundo vindeiro, futuro aberto,

A miña  xuventude das lembranzas pasadas,

Está de subasta nas Tendas do Tempo.

Baixo prezo de saída, ao mellor será entregada.

Belleza dun fermoso xardín florido,

Frores cubertas de tódolas cores previstas.

Igrexa Pequena do Magnífico Casamento,

Ela fermosa e loira, bella e ditosa,

El, un sorriso aberto e constante aos demáis,

Demostración dunha ledicia interior fonda.

Un corpo forte cargado de Esperanza,

Herbiña verdiña, campo de futuro.

                   ****

A presencia humana dos que alí estabamos,

Para estar convosco no día no que

O ferro afúndese como feito de unión líquida:

Oracións, promesas, sorrisos e frores fermosas

Violín fino, violonchelo grave, teclado,

Tocado dedo  a dedo..grave e agudo, agudo e grave.

                   ****

A muitos de nós invadíunos a ledicia

E a emoción constante, no transcurso

Das palabras faladas.

                ***

As Illas Estelas  descansanban,

Sublimes e perfectas,

Sobre un mar de cor azui mariño,

E o azul cobalto da auga movible,

Facía máis fermosa a presencia mariña.

                ***

O Cumio de Monte Ferro,

Panxón pertiño,

Monte Ferro da miña querida infancia,

Durme ergueito ao fondo da paisaxe sublime.

Roberto, Rolando, Rodrigo…

Monte Ferro, parecía un vixía constante

Un espía visible no seu lugar axeitado.

Monte Ferro, deixábase caer, sen querelo

A modo de ilusión ópica.

Na paisaxe sublime e perfecta.

              ***

Hoxe é para moitos de nós

E un canto cordial constante.

Por mor do casamento desta bella parella xove.

E o Sol que aluméa os seráns  veranceiros,

De vento e mar constante.

A vida enteira teñén,

Abertos os vieiros da vida enteira, esperan.

O sosego debido e a sereninade merecente.

Ela é Lúa que arrinca a esuridade da noite.

Inútiles valados as beiras dos camiños,

Serán quitados, en signo de amplitude e liberdade.

                ***

Pedimos por un Mundo Xusto

E sentimento solidario.

Hoxe, por tí, meu amor,

Mañán, por min, meu amor.

                 ***

Que eide de facer, Eu que son

Un número miserento, insignificante,

Dun documento nacional de identidade.

Que vou facer, facer que vou facer?

Corazón deserto das silveiras,

Deserto areoso quente.

                ***

A Lúa acesa

Casóuse cun Sol fermoso.

Noita da Lúa Chéa.

Sombras da noite máxica.

A Lúa vestida de noite perfecta,

Engalanou o ceo aberto.

               ***

A Lúa enteira

Amar ama ao Sol vermello.

Bermello e grande e fantástico,

Lúa do corazón latexante.

               ***

Non cubro a túa ausencia,

O espazo ocupado pr Tí,

Mais latexas comigo

No meu corazón interno.

Quizáves xa non estás,

Quizáves estás conmigo

Quizáves connosco estéas.

A pesar da túa doorida impresencia.

Que difícil me é deixar de en Tí pensar.

            ***

A Lúa bonita

Xa casou có Sol fermoso.

Baiona é un lugar ledo.

        ***

Val a pena as facianas sorrintes,

Val a pena os bicos dados,

Val a pena as miradas cómplices.

Sol Quente

    Con

Lúa Chéa.,

A dozura do amor conseguido.

Quietude, ausencia de pranto.

Queixumes queimados.

Abertos ao vento os sorisos.

Amor, sempre, amor perfecto.

Lapa aberta de amor conquerido.

Amar, encherme, sempre, de amor quente.

Apagar a frialdade da dor que queima.

Habitar no ser interno do teu corazón,

Por sempre, por sempre.

Por sempre, por sempre.

Miguel  Dubois

Advertisement

Pontevedra, ao 25 de xuño de 2011

                    I

Vivir os segundos marcados Estrictamente Máquina Exacta reloxo perfecto

E matemático,

Tic-Tac-Tic-Tac-Tic-Tac-Tic-Tac.

Eu que condeno as sumas exactas

E as maravillas  morbosas

Que desprenzan

O  verbo comparir ou necesito Cartos para Vivir e traballo deserto ten, carecia total e Absoluta.

E os mortais números da Macroeconmía,

Aillánse en afastadas contas Correntes

Alonxados, tamén, do público Común e corrente,

O currante cotiá que a penas

Vive a vida cotiá imposta,

Sufridor constante da inxustiza.

                  II

Vivir no cumio exacto das túas Palabras Espidas, fráses  delicadas.

Espídome antre a calor incesante

Namentras a suor derrámase ao Longo do meu corpo longo e a Calor posúeme, coma se Estivera

Acariñado as longas lapas

Dunha perdida fogueira de San Xoán, que ao verán chama

Na noite máxima do lume aceso

E o medo, véxoo, por Certo, debuxado na Expresión da Túa faciana atónita e asustada.

Faciana túa expresiva, outeiro do Meu mirar Constante, o teu mirar Perfecto, símbolo da Beleza Suprema.

Agasállame cun sorriso pleno de Ledicia Constante.

Non son máis que o pequeno home Dubitativo, O Díscóbolo de Mirón, Desenganado polos Avatares da vida

Que non pode predecer o incerto Futuro Esperanzador, cancro dun Tempo inacabo.

Síntome amarrado

Ao  tempo e morto e vivo

E constante, a vida.

Síntome un escravo constante do ar Fondo, Que respiro.

Síntome un escravo constante dos Teus Beizos lenes.

Síntome Paz e Guerra.

Síntome Auga e Lume.

Síntome o Día e a Noite.

Síntome Valente e Cobarde

Namentras, o barco amarelo, vai Pasando pola costa distante, lento

Namentras un avión perdido colle o Rumbo Próximo

A Británica cidade de Oxford.

Oxford das bibliotecas antigas,

Oxford de tantas Facultades Universitarias.

Oxford de Colexios Maiores,

Oxford de Pequenos  Hoteles

Oxford, de Grandes Hoteles

Oxford, de familias acolledorass de Homes e mulleros de Galicia, porta Aberta ao Oceáno da Lus Atlántica

Rías Altas e Rías Baixas,

Mar Camtábrico

E Ría do Barqueiro.

Iremos mirar, pertiño de Oxford,

O pobo de nacemento de William Shakespeare.

Soñaremos con Hamlet,

Soñaremos con Romeo e Xulieta.

Namentras pasarei contigo tódolas Noites Amorosas con lus de lúa chéa,

Namentras inventaremos un himno Na contra Da opresión económica.

Namentras o Movemento Quince Eme, clara Esperanza futura,

Depositará o seu pensar polas rúas, prazas,

Estradas e camiños.

Certo é que o Poderoso faise máis Forte, Prepotente, poñéndose luvas Brancas.

Certo é que o feble cáseque ten o Prato da Comida valeiro.

Certo é que có tempo veranceiro

Homes mulleres e nenos,

Arriscan as súas vidas a bordo

De pequenos barcos cascallos Miserentos e Ateigados de vida ou Morte, vida por Esperanza.

E morte como o derradeiro  sinal Existencial.                  

Certo é que escapan da miseria Miserenta,

Do pranto contido por valentía,

Fuxen do abuso permitido pola Opresión.

Namentras a vida segue con total Indiferencia,

Ao sufrimento alléo; a verdade é unha Mentira,

E a mentira disfrázase de verdade Miserenta.

                    III

Pasaba aquilo nas augas Mediterraneas,

E noutrnos tempos afastados

Un Rei presuntoso non quixo ser Rei

Por mor dunha muller bonita.

Seu irmán, foi o Rei seguinte.

Tatexo de palabras importantes,

Súa vida foi un total desasosego,

Até que o sabio Mestre,

Ensinoulle  a deixar de tatexar.

Namentras polas emisoras de todo o Mundo

Escoitábase a voz modificada de Xurxo VI Da Gran Bretaña, Canadá,

Nova Zelanda e Australia.

O Rei deixou de tatexar

E as súas palabras fluían

Coma a corrente dun río longo,

Namentras Wiston Churchill

Era o habitande do número dez

The Downing Street.

Miguel  Dubois

NA PERCURA DO NORTE

Medran os   días constantemente indiferentes,

Medran os días enteiros, para contarnos contos de falsas fadas.

Medran as mentiras constantes cotíás o inverso da verdade,

Letras que miran a luz nos diarios de papel ou dixitais.

Medra a confusión  controlada,

Medra  o paro criminal e o diñeiro secustrado das máns propias.

Medra o insulto indebido saido das bocas insensatas.

Medra o  mundo hipócrita,

Medra a falsedade dun sorriso forzado.

Medra a doutrina demagóxica o mundo insentato.

Non medra o arte de amar, constantemente.

Por qué non?

Non medran as palabras de amor merecernte.

Por qué non?

Non medran as palabras do perdón.

Por qué non?

Perdoa non  o sabía o que eu dicía ou facia.

Non medra o o sentimento solidario, tan necesario.

Por qué non?

Non medra esta frase: hoxe por ti  e mañám por  min!

Por qué non?

Non medra a palabra democracia forte das liberdades merecidas,

E por qué non?

A base de leises convintes, construímos unha democracia  extraña,

Que remata asfisiándonos ao remtar anosa xornada de traballo.

A base de corrupción permitida, voltraron aos seus lugares de antes.

A base de o autoengano, quebramos unha democracia libre.

A base de tanta desilusión, creúuse o Movemento 15 M,

Ivandiroa as Prazas Importantes de moitas vilas da nosa Plural Nación,

Escacharon soños prometidos dunha xeneración prometedora,

Informábanos códigos indescibrables,

Namentras as gráficas baixaban sen comprender nos o por qué.

Baixaban os nosos salarios por decreto lei,

Namentras  a poderosa banca, valeiraba os nosos puchos.

Os febles, os derradeiros números da cadéa,

Perderon o seus empregos necesarios, fonte do alimento.

Namentras as normas máis elemantáis da vida ética,

Quedaban sorterradas en profundas fosas fondas,

Onde descansaban as palabras de Múseo; agora

Que debemos facer recuperar polo ben da nosa sociedade plural.

Se  o consenso no é un feito real, crearemos

A inútil sociedade dividida. No val a pena, perdelo tempo

En divisións absurdas que rematan co concepto Universal de Unión.

O egoísmo remada por descodificar os cerebros

E poñer a homes e mulleres nunha inútil corrente ofensiva

Pouco a pouco fomos perdendo as batallás cotiás.

Pouco a pouca valeiraron tantos postos de traballo.

Pouco a pouco ímonos perendo na nosas propias miserias.

                   Miguel  Dubois

FOLERPA, NO  CUMIO DUNHA ONDA

Que facer, para crear un ambente calmo e sosegado.

Como elimimar as verbas caducas, a hestoria DA nada .

Como arrincar do teu cor pechado o medo que che habita.

Como xenerar a ilusión constante na verba valeira e hoca.

Como descubrir a ilusión ferida cando che doen,

As abertas e desconsoladas mentiras absurdas.

Como rematar cós discursos descorazonadores.

Como inventar falsas oracións afirmativas

Que son o colmo constante DA   absurda mentira.

A verdade é unha ilusión secuestrada,

En bellas caixas de zapatos antigos

Que nunca pisaron conforme dos  camiños DA liberdade

Como se for a o vento forte e ceibe,

Que acariña a miña face enrugada.

Crearon o mal creado o deserto valeiro DA    xustiza correspondente.

Crearon dificultades destinadas aos seres humanos febles,

Usurparon  OS dereitos debidos e gañados

Que maior silencio inasumible que OS   teus   beizos pechados

En quebra constante e esquecemento absurdo

Que maior castigo duro que as   portas  pechadas

Que ruina perversa as fábricas pechadas

E cubetas de ferruxento poo, as duras máquinas paradas.

Fábricas pantasmas abandonadas, desconsolo,

O son dos martelos martelando convertíronse

En esquencementos doutros tempos vividos.

Os días afánseme duros e miserentos,

Namentras o mar chora bágoas de auga salgada,

E unha ráfaga de vento esporádico,

Ergue as brancas areas de Praia Longa,

Namentras outeiros brancos érguense

Nos cumios das ondas mariñas, beleza pura,

Parece que coma o mar enteiro tivera vida

Puntos de branca neve no cumio DA fermosa onda,

Barcos, botes pequenose dornas de Arousa

Convírtense en perfectos saltimbanques

Pura beleza en movemento

Perdo a  miña mirada interna ao mundo externo

Na maravilla DA paisaxe fermosa

Cuberta de fonda luz azul e branca, e transparente perfecta.

                                 Miguel  Dubois.



  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías