Caderno de apuntes de PepeR

Archive for Novembro 2012

Pontevedra, ao 23 de Novembro de 2002

           CARENCIA DE DECENCIA:

               INDECENCIA

Que nome absurdo é deducir a CARENCIA,

O que non hai ou e que se perdeu.

Carencia de amor tenro,

E a dor ferida de morte absurda.

Carencia e a demencia,

A falla do sentido común,

O abuso  constante

Aos seres humanos necesitados.

Carencia de agarimo pedido,

E un rexeite ao amor comprendido.

Hoxe en día a carencia fai-se

En forma de abuso brutal.

En forma de despido rápido.

En forma de doloroso deshaucio,

Unha política temeraria

Daqueles banqueiros ususeiros,

Que carecen da dignidade

Humana necesaria.

Carencia son as leisies inhumanas,

Da carencia das medicinas,

Máis elementais para os seres humanos.

De que xeito brutal e abominable,

Chega a deshumanización

Dos seres humanos. Temos de todo

E non temos de  nada e posúen,

Un si lenzo frío de morte provocada.

Carecen de tanto, porque

Arrincáronlles as gañas de vivir,

Namentres os seus corazóns feridos

Choran pingas de sangue pura.


A vida enteira non é un xogo común.

A vida non é unha mera distracción.

A vida é a mesma vida enteira,

Que fomos tecendo

Ao longo do tempo morto.


Basta xa, de absurdos sufrimentos

Ou basta xa, da creación

Das absurdas fábricas da dor.

A vida é a verdade inversa,

A vida non é un cacho de felicidade.

Que é a vida se non vivo?

Que é a vida sen un berro libre?

A vida, por veces,

En estado de carencia continua.

Impoñen tantas carencias

E medra a dor innecesaria.

              Míguela   Déboos.

Advertisement

Paco

Posted on: 19/11/2012

Pontevedra, ao 19 de Outubro de 2012
IN  MEMORIAM
PACO PIÑEIRO

Perdido entre néboas inútiles,
Perdido o rumbo desexado,
Perdido de min mesmo,
Desconcertado da vida enteira,
Sorprendido ante os acontecentos,
Perder, quitar e restar,
Quitar a inocencia da vida,
Perdeu a vida enteira
Entre prantos cargados
Da dor pura e penetrante,
Marcha che máis aló das Illas Senlleiras,
Onde contigo non podo estar nunca,
Mais me ves tanto a memoria viva,
Mais me chamas tantas veces
Por descontado, abofé,
Cantos días vivimos xuntos,
Días de risa constante,
Cantas veces erguemos as  brancas cuncas,
Ateigadas de viño ribeiro de Ribadavia.
Lémbraste Paco ou querido Carlitos Silva,
Cando perdiamos o sentido,
Por mor da conciencia xuvenil.
Non había, ninguén, que diante
Nos desafiara desafiando a calquera,
Ao vento Norte, que con forza batía
Nos muros das casas achegadas
Ao mar enfadado, naquel momento,
Lóstregos azulados e a mar brava
Era unha contante de bailes oscilantes,
E vestidos de branco escuma.
Recorriamos as praias fermosas
Da Península de O Grove,
Subiamos a embarcacións
Que voaban pola superficie do mar vivo.
Aló ían Paco Piñeiro, Paco "Peligro"
E Carlos Silva con longa barba negra
E pi tillo nos beizos, namentres,
Saboreaba un trago de xenebra forte e pura
Beefeter londiniense,
Paquiño Piñeiro foi un bo amigo,
Amigo dos seus amigos,
Que vivía na Rúa Catorse, de O Grove,
Pretiño do Bar Iso lino. Viciño amable
E encantador persoa que onte choracha
Polo amigo Paco que marchou,
As Illas Senlleiras, onde a paz constante
E un habitat permanente.
Era bo teu Pai, Paquiño,
Cantas palabras a destro e sinistro,
Canta loita constante e traballo duro,
Namentres Santos, o teu primo amable,
Agarimo constante do quefacer
E da palabra pronunciada,
Facíanos máis pracenteiras
A nosa estancia curta ou longa,
No Bar Lusán da Rúa Catorse,
Pretiño da casa de Carlitos Silva.
Todo un mundo de historias constantes,
Historias da vida mesma

Que premia e castiga sen piedade,
Que fan grande pegada

E que nunca esquezo.
Non sei como rematar este poema lembranza
Non son capaz de dicirche adeus,
Coma se foras un familiar querido
Que marchas de viaxe.
Sei cun día perdido da vida
Collerei o mesmo rumbo teu,
Inevitabelmente, mal que me pese,

Porque non podemos gañar

A batalla á morte dura,

Aló, Paco, ficou aquela fermosa

Xuventude de días ledos.

De bares percorridos dabondo,

Días da Festa do Carme,

Días da Festa do Marisco,

Días de mariñeiros e barcos ateigados

De lembranzas continuas.

Todo aquel tempo ledo,

Foron as leccións aprendidas,

Que a vida ensinounos.

Agora as vidas vanse indo,

A pesares da dureza do feito concreto.

Repítese a historia mesma,

Cambiando os suxeitos actuais.

                 Míguel  Dubois

12 N

Posted on: 14/11/2012

Pontevedra, ao 14 de Novembro de 2012.

12 DE NOVEMBRO 2012

        FOLGA  XERAL

Hoxe, homes e mulleres da Vila de Pontevedra,

E concellos  achegados, ateigamos as rúas principais,

Desta bonita Capital da Provincia.

Marea humana do cabreo consabido.

Hoxe berramos na contra daqueles

Que nos queren atracar, con soldos apobrecidos,

Berramos con forza incontida,  e forza suprema

O poder da rabia acumulada, perantes tanto tempo.

Pedimos xustiza innegable,

Namentras o poder económico e especulativo,

Enrriquécese á nosa conta.

Bandeiras vermellas, bandeiras nacionalistas,

Bandeiras da Repúbica, acariñaban

O ar pleno dunha cidade

Que non renuncia a pedir o que lle pertence.

Sempre temos que soportar

Ese tremendo armamento financiero,

Dun capitalismo brutal e inhumano.

O feble sofre consecuencias continuas,

Despidos escandalosos, eres constantes,

Sanidade, vida a menos, acortar a vida humana

Por mor dos intereses da privatización.

Crear máis sufrimento indesexado.

Facer dos colexios públicos,

Centros do Ensino Concertado.

Dinos que teñen que facelo, por pura necesidade,

Mais non é certo. E unha mentira máis.

E o recorte das liberdades e dos dereitos máis elemantais

De todos nós, Fillos da Noble Nazón de Breogán.

Arríncannos o fermoso sorriso,

Que tiñamos cando a sociedade pasada,

Funcionada a todo gas e mellor artellada,

Mais o Estado Español, convirtíuse  nun

Iniño de estraños paxaros, fillos da Deusa

Todopoderosa Santa Corrupción Bendita,

Que, de cando en cando, vao Santificando

Aos fillos da Santa Corrupción Bendita.

Pero somos os fillos da Liberdade Integra,

Somos fillos de Liberdade, que no seu ventre

Agochou aos fillos do sorriso,

Agochou aos fillos da Soliedaridade,

Cremos na Liberdade do Ser Humano,

Creemos na cohabitación,

Esiximos os dereitos roubados,

A xeito de atraco común e perverso.

Denunciamos aos poderosos reises

Da banca tremenda e abusona.

Denunciamos a corrupción e o abuso bancario.

Por nós o Pobo somos s Soberanía Popular.

              Miguel   Dubois

Pontevedra ao 1 de Novembro de 2012
            IN  MEMORIAM
AGUSTIN GARCIA CALVO

Vela acesa que chora ce ira branca esbárante.
Bágoas amargas pola morte de Agustín.
Vela da derradeira lapa viva,
Derradeiro suspiro no límite do habitable.
Furacán de cor continua e adversa,
Melodrama do sabedor do Mundo Clásico,
Amigo de Sócrates, Aristóteles ou Heráclito,
Ou de Cenón de Elea,
Cómplice de Parménides.
Amante do Mundo Presocrático,
Pedra da morte fría, neve branca e fría,
Fría está a pedra, fría de morte,
Perda vital de poeta entregado,
Que abandonou o Mundo subido,
Ao cumio das idades altas,
Cando a corpo dáse por vencido,
E entrégase a un frío mortal e invisible.
A poesía aínda vive, máis o escritor imparable,
Marcha ao tempo deshabitado.
Nunca poderemos encher este va leiro sabio,
Onde sempre é día, Agustín,
Ou sumisa noite perversa, ausencia total.
Tódolos poemas escritos serán recitados,
Polas ninfas do descanso perpetuo,
Namentres Amancio Prado, con voz amorosa,
Subía aos escearios diversos e plural es,
Cantando os poemas de Agustín García Calvo.
Nacido en Zamora en 1926.
O poeta morre no derradeiro verso.
O xenio descansa afastado do barullo inútil,
Zamora, está triste, campás de vida ausente,
Voan polo ar dunha Zamora rodeada
De murallas outas e rúas ateigadas de beleza,
Zamora enteira lémbrase
De Agustín, linüista clásico,
Coñecedor de linguas antigas,
Pola sabedoría de García Calvo.
Rebelde, total, exiliado en París,
Asistente de tertulias no Barrio Latino,
Na cervecería a Bola de Oro.
Profesor na cidade de L´llle,
Onde unha benqurida amiga,
Achegada na curta distancia,
Naceu, naquela Francia delirante,
Naqueles tempos da posguerra,
Cargada de cultura constante,
As veces, conde ada, polo coñecemento,
De monxas anticuadas de cabezas cubertas.
Crítico de Jean Paul Sartre
E Simonne de Bouviere
E de magnífica Ilustración,
Anos enteiros do profundo coñecemento.
Tradutor da Editorial do Ruedo Ibérico,
Que eu comprara os seus libros
Nas libraría parisinas, a par
Que mercaba ele pés de Leo Ferré
Naquel ano de 1973,
Retornado a España en 1976.
Poeta marabilloso,
Persoeiro único, membro activo
Do Círculo Linguistica de Madrid,
Con Rafael Sánchez Ferlosio
Coma compañeiro habitual,
E Carlos Piera,
Retirado, Agustín, da súa Cátedra.
Por orde do Dictador,
Con Enrique Tierno Galván
E José Luis López Aranguren
E Santiago Montero Díaz.
Alumno da primeira promoción
De Antonio Tovar Llorente.
Presidente da FUE, Antonio Tovar,
Federación Universitaria de Estudantes
A prol da República Tricolor.
Agustín García Calvo,
Torrente de continua sabedoría,
Tres veces Premio Nacional de Ensaio.
Por Malasaña andaba Agustín,
Nas tertulias do Café Ruíz,
Según conta Luís Antonio de Villena,
Quen lle prologara un libro poético
Ao meu amigo, Pedro Atienza,
Natural de Alcalá de Henares,
Ou ía, Agustín, pola rúa da Amargura,
Dando clases de apoio re numeradas.
Cansado de Editoriais e panoplias absurdas,
Cansado do mercantilismo libresco,
Funda a súa fonte propia
Para que a súa obra sexa coñecida,
Editorial Lucina e LLucina.
Descansa sabio Agustín.
        QUE PENA
Que tristeza a morte tremenda,
Das xoves "aplastadas"
Nunha festa "tumultuosa"
En Madrid.
Que pena, hoxe morreu

A cuarta rosa vermella.
Que tristeza fonda!
Que dor terrible!
Catro rosas vermellas
Morreron polo exceso,
Morreron pola brutal,
Irresponsabilidade.
Míguela   Déboos



  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías