Caderno de apuntes de PepeR

Archive for Xaneiro 2009

Pontevedra, ao 31 xaneiro de 2009

PARA OS MEUS AMIGOS/AS, XUNGUIDOS POLA LINGUA DE  WILLIAM SHAKESPEARE.

Ledo resulta, gozar da gratitude vosa,
Ledo resulta atparnos  tranquilos,
Falar do que nos ocorre agora,
Do pasado saturado da lembranza
E do non desexado.
Que bonita é vivir en paz,
Amarrado ao tempo
Mais non estar invadido
Pola presa que me consume.
Como falar do sinxelo,
Das cousas pequenas
Da vida enteira,
Unha comida amizable,
Unha conversa agradable,
Unha mirada cómplice
Perdida e asumida ao recordo.
De sácato, sen querelo,
Veñe a miña testa
Un flash traizoeiro e desexado
De Norwich querido cómplice,
A cara de Sandye
Ou a cara de Susy,
Ou xuventude do bon Chris.
Ergo  a mirada  e estóu
Convosco nos amados Broads
As cámaras dabondo disparan,
Fotos para a lembranza perpetúa,
Que bonito é sentirse ben,
Respirar  un ar limpo e claro.
Que bonito é estar convosvo
Na cidade das termas das Burgas,
Auga  quente no centro da vila.
Pero respiramos fondamente
O ar da Terra da Chispa
Aínda que non  falamos
O ourensano barallate.
Xuntanza, palabras abertas,
A un ar delicioamente perfecto.
Que bonito é estar xuntos,
Sen darlle importancia
As cousas e as momentos.
 
Miguel  Dubois

Pontevedra, ao 30 de xaneiro de 2009
 
       Se a algún de vós lle interesara a lectura do que eu escrebo, non tendes máis que acudir a: http://mundodefisterra.blogspot.com/
       O que eu escrebo ven a ser unha identificación do que son, ou procuro ser: un ser normal e corrente, un número máis que ao traveso da poesía procuro plasmar as miñas ideas,que son as vosas, se nengún tipo de pretensión. A escritura é unha maneira máis de atoparte contigo mesmo.
 
            M. D.
 
AOS QUE NON ME QUEREN
 
Non para de chover nesta Pontevedra mollada.
Choven de miudo as grandes mentiras de sempre,
A perfecta linguaxe de non saber o que están a decer.
As rúas molladas, abertos dabondo os paraguas torpes
Os cristais das fiestras mollados das

As linguas molladas de mentiras negras,
E a  verdade oculta por enriba das nubes brancas,
Da Capital da provincia perguizosa,
Que atravesa a maior crise de tódolos los valores existentes.
Económica, social, ética…
Choven dabondo as mentiras constantes
A verdade vai vestida  de perpetua mentira
E onde debería haber auga limpa,
Existe unha poza suxa de lama e lodo.
Pero é así, meu querido amigo,
A verdade é coma un traxe de clamuflaxe,
E as mentiras choven como neste serán perdido,
Dun estrano mes de xaneiro de 2009.
Fixeron unha estrana hestoria
Da fermosura dun conto infantil.
Invirtiron os termos reales
E se venderon polo seu egoísmo propio,
Somentes pola falsa creenza
De que poderían ser superiores seres,
Cando no seu fondo son máis miserentos e febles
Do que os demáis somos.
Din os entendidos en hestorias reales
Como son as hestorias da vida cotiá,
Que cada cal ten o seu merecido,
Mais aquel que xogara a demagoxia total
Quedará afastado do que é o Mundo Real,
E non o ficticio e irreal que eles cavilan.
Emporcan as súas longas linguas viperinas
Coa linguaxe porca da envexa constante,
Atacan polas costas que é  a misión dos cobardes
E vanse afacendo a este xeito, camiño de ningures.
E ven que irremediablemente non poden de parar.
De ser o que son: febles seres humanos,
Distorsonadores continúos
Vividores da máis pura demagoxía
Calculadores da palabra automática.
Máquinas faladoras desagradables.
Peri Eu non, Eu sei construir o meu propio poema.
Eu ser crear o que Eu escrebo ceibamente.
Non me fixo nos dictados puros da palabra.
Escribo libremente, po que me peta,
Como cando as ondas do bravo
Paseánse no cumio da branca beleza
Da escuma producida,
Polo vento existente e o choque
Das ondas mariñas loitando.
Hai que está suxeito ao dictado verbal
Namentras Eu son un poeta libre.
 
Miguel Dubois

Pontevedra, ao  28 de xaneiro de 2009
 
AMAR PARA AMARTE, MÁIS.
 
Cae a noite enteira no escuro
Fondo da túa boca aberta,
namentras meus beizos puequenos,
Rozan a delicia dos teus tenrros e soaves.
Cae a noite de inverno  decadente e inversa,
No fondo do teu  sorriso
En forma  antinómica,
Antre a delicia suma
E a potente e quebrante tristura,
Tempo para sufrir calado
Perda de  tempo para a engadir
A delicioso arte de amar.
Porque tanto te querei, meu amor,
Sepárame de todo para entregarme
A ti enteiro, amor dos amores.
Dame a ledicia para vivir en paz.
Achégate aos meus  brazos afeitos
Para amarte máis e máis.
Doume a ti todo e íntegro,
Nesta desesperada noite amorosa,
Gañada ao tempo perdido,
Na que os ventos non existen,
Quimeras perdidas,
E só ten sentido a caricia quente,
O bico perdido,
Ou agarimar túas longas costas espidas
Coma se se tratara dun novo deserto
De amor continuado e constante
Esgotado do adverso odio,
Amarrarme a ti, íntegro,
Sentir teus peitos ergueitos
No meu peito espido e quente.
Amarte docemente,
Sumido nun sono real de amor continúo.
Amarte sumiso ao teu amor quente,
Apagando os volcáns acesos,
Cubríndoche de gloria constante,
Coa semilla máxica do futuro.
Amor, teño que deixarche
Para a nosa desgrazada  e separación do momento
Deixoche enriba da mesa de branco pano,
Da táboa redonda,
Os vinte poemas de amor
E unha canción desesperada,
Do noso querido Neruda..
 
Miguel Dubois

Pontevedra, ao 25 de xaneiro de 2009.     
 
O QUE NON AMA
TEN O CORAZÓN MORTO DE AMOR.
                M. D.
 
INÚTILES TRONADAS DE XANEIRO.

Tremenda bomba de vento tremendo.
Queimadura do silenzo perpetuo,
Uralita grisáceo vóa pola forza extrema
Do furacán temerario.
De que trono tremendo,
Sacude a temeridad dun potente son,
A forza do vento arrinca
As tensas amarras dos veleiros brancos
Aguetianos aventuteiros
Do mar bravo,
Asulalagados
De enteira liberdade
Para a navegacón perfecta.
Grandes ondas mariñas
En movemneto de vae  e veñen,
Érguense coma  brancos pantasmas
De escuma brava branca.
No cumio da onda da mesca cor limpa,
Navega un cacho de barco afundido
Pola forza do vento de xaneiro de 2009.
Parés que  o mar enteiro unha loita constante
De perfectos movementos
Que fan da superficie mareira
Un campo dunha batalla encendida
De escuma e auga rabiosa.
O ceu cáseque e negro e grisáceo
Trono da noite perdida.
Asemella o inferno de Dante Allighieri
Nos seus achegamentos a Toscana.
O senso vital da potente Naturaza
Fan du mar un mundo de medo e emoción.
O vento racha con tódolos ventos.
O home valente e firme e ergueito
Carente de algún medo,
Loita con toda a súa bravura
Na contra das forzas naturáis.
Namentras sento en lugar seguro
A inmensa emoción
Da vista de espectáculo tan tremendo
E podo decer:
Que potentes son as forzas naturáis
Que pequenos somos os homes febles
Ante fenómenos tan extraordinarios.
A vida segue, afortunadamente.
Namentras a forza do vento perigoso
Amaina, lentamente.
 
Miguel Dubois

Pontevedra, ao 10 de xaneiro de 2009
 
PRANTO POR PALESTINA
 
Vaise patentemente fomentando
O desprezo e o odio absurdo,
Odio absurdo, tremendo.
Tempo perdido
Traducido a linguaxe perversa
Das armas mortíferas.
Parlamentos absurdos
hoquedade da palabra articulada,
E decrépitos habitáculos.
Desprezo á xustiza íntegra,
O pobo xudeo habita
Na fonda tolemia violenta,
Absurdo xenocido,
Legalizamos, eu pregunto
A vosa maneira tremenda
De abusar, violentar e matar?
Onde están os vosos valores humáns?
Poderío militar subvencionado
Crimen perfecto e articulado,
Xa non importan os meniños palestinianos
Xa non importan as meniñas  de Ghaza
Fogar do sufrimento supremo,
Namentras a patada tremenda,
Abren as portas á dor delirante.
Onde están as fronteiras da verdade,
Divisores de pobos afrontados,
Divididos por Muros ,Separadores
Mais Ghaza enteira derrúbase
Namentras a diplomacia inexistante
Mira onde non debe mirar.
Xenocido lento do silenzo pretendido.
Aumentan con tremendo delirios,
O números dos das mortes.
Nas morgues negras de Ghaza masacrada.
Parece como se non nos importara nada
Namentras Hollywood , preparas os
Seus Oscars Show Bussiness
Amosando unha auténtica feria de vanidades,
Vanidades acollidas ao mundo do dólares frívolos.
Mais en Ghaza somentes existe
Terror absoluto, morte indiscriminada
Namentras miramos de cara aos Ánxeles
Da bela California
Namentras a vergonza nosa
Como seres humanos
Demostrámola cos crimes bárbaros
Da Ghaza bela, antigamenta,
Nas que as fontes da auga crara, agora,
Convertíronse en fontes de vermella sangue,
Perversa e inútil.
Que mágoa de vidas perdidas
Con consentimento!
Onde están as leises construídas
E derrubadas dos dereitos humáns?
Os homes tremendos
Es as mulleres cómplices,
Perdemos o sentido crítico,
O sentido da mesura,
O sentido do equilibrio
Namentras uns xudeos armados
Tremendamente,
Rematan, de forma tremenda
Ao que debería ser
O futuro
Dun pobo escravo e masacrado
Palestinianos maltratados
Os vosas terras
Forron roubadas
Por inxustas resolucións
Das Nacións Unidas,
Unha persoaxe ferida mortalmente.
 
MIGUEL DUBOIS

Pontevedra, ao 2 de xaneiro de 2009

PRANTO AFRICANO

África fermoso nome maltratado,
Terra do desterro e do sufrimento constante,
Pranto pola destra e sinistra,
Tribus guerreiras armadas
Con fusiles automáticos,
Construídos polo chamado irmán blanco,
Aventureiro de cartos rápidos
Sabedor das economías insufladas.
África amiga, raíña de todas las músicas
Creadora das máis fermosas razas.
A fame bate na madeira podre,
Da porta da desfeita cabana,
E dentro da desorde e o caos
Zimbaue, Zimbabue, Zimbaué, Zimbaué
Canana, Canana, Canané, Canané,
Liberdade, Liberdade Liberdade
Sovrive malamente o mundo da pobreza.
O Salvador branco acude, coma sempre,
Aos campos dos refuxiados perseguidores
Do sufrimento continuo.
Estouridos de morte no medio do verde mato,
Laios constantes e queixumes dabondo.
Non  hai orde nen mandato,
O pobo vive dividido,
Africa está doente,
Quen vai a curala África,
Sida dabondo, morte consigue
E fame constante.
Zamballé, Zamballé, Zamballé,
Tulá, Tulá, Tulé,
Quen lle da de comer ao meu meniño pequeno,
Que branca leite a de quitar a súa fame constante,
Mandelá, Mandelá, Mandelá,
Que ben reparar o vello hospital,
Que le quitará  a door tremenda de Mamadú,
Salán, Salán, Salón, Saloon.
Mamadú, Mamadú, Mamadú,
Daniellé vai parir pronto.
Non temos médico algún,
Vai a chamar a Mamadún,
A comadrona bendita,
Que o meniño quere xa sair.
O mozo guapo da linda soñañora,
Marchou nun barco vello
Desafiando a bravura marítima.
Sangalé, Singaló, Danger, Danger.
Da  Sagarada Terra,
Quitan lindos diamentes,
Foraneó, Foraneó, Foraneó,
Petroleo negro moi negro,
Sae das entranas do Sacrisanto Chan
Foraneó, Foraneó, Foraneó.
Nos  morremos e quen nos axuda
África maldita,
Rica terra ten.
Onde todo prende rápido.
Sanglaré, Sanglaré, Foraneó.

Miguel Dubois



  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías