Caderno de apuntes de PepeR

Archive for Outubro 2011

Pontevedra, ao  8 de outubro de 2011

A TÚA MIRADA  SORPRENDENTE

Vou vento coma pasa o tempo enteiro,

Como imos caendo en un desasosego indesexado,

Vou mirando coma imos perdendo os que nos

Pertence, os dereitos máis queridos,

A liberdade laboral, o dereito a vivir en paz,

A vivir contigo en paz constante e desexada,

Mais a túa mirada é tan fonda e despreciativa,

Que a linguaxe da túa faciana

Fala por si sola. De cando en vez,

Unha verba amable, a feito de quedares bem,

Somentes, iso, uns cardos picudos

Mais xa no me me miras coa serenidade

Doutrora, cando os paxariños amarelos

Deixaban caer o seu peso peueno

Sobre unha ponla fina e delicada.

Adiviño as túas intencións,

Máis no fondo apéname a túa actitude arrogante.

No fondo, penso que sobrevibimos,

Na nosa presenza de neve fría e branca.

A distancia aumenta e o delirio extremo,

É un conxunto de palabras perdidas,

No discurso do silenzo perfecto,

A túa actitude de hoquedade vervalística

Pensas que é un desprezo inoperante.

Podo medir a lonxitude da expresión

Da túa cara despreciativa,

As miñas verba inconformitas,

Que non se renden ante actitudes arrogantes.

Porque no meu fondo estalo de rebeldía plena,

Porque non soporto, ser levado

Pola chamada inxustiza pura,

Que arrinca con forza o meu malestar,

Ante aquelo que non podo concebir.

Por resulta, da inxustiza plena

Non soporto a alienación a todo o que

Non debe ser: o inxusto total, a diferencia

A indiferenica, a contrasoliedaridade

Namentras bocas políticas

Inventan a un discurso irreal

De froitos doces con veleno interior,

No cal míntenos, no máis puro senso verbal.

Por eso, che miro, de certo desconfiado,

Porque, as veces, non sei

A que bando pertences.

Espero, non, en vano,

Que o tempo enteiro

Fágache pensar no apropiado

Para toda unha sociedade

Que non cree en miserentas mentiras,

Porque eu, creo na plenitude da verdade

E non me vale a linguaxe doble.

Invítoche a camiñar de cara

Ao froito maduro dunha arbre bella

E trabar no froito apropiado,

Para a si camiñar seguro

De cara a un futuro esperanzador.

Miguel   Dubois

Advertisement

Pontevedra, ao 1 de outubro de 2011

                   INSUMISO

Tanto amor me entregache, meu amor,

Canto amor ao fondo do teu sosego,

Canta vida vivida a túa rente constante,

Cantos soños cantados aos deuses da Natureza,

Canta balados de odio derrubados,

Fronteiras dun absurdo medo irracionai,

Cantas horas xuntos, para o ben ou para o mal.

Canto laio sostido a causa da dor agasallada.

Romper o ritmo da mediocridade absurda,

Rachar có medo, falsasamento, creado

Por mor dunha mentira constante,

Que quere chamar a porta dos lares tranquilos.

Lobo absurdo que rabuñas nas fiestras de cristal,

Oubeo inútil que racha coa tranquilidade desexada.

Non existe máis mentira que o medo creado,

Coa falsedade dun discurdso inútil,

Que escacha os camiños iñocentes.

Vida para vivir, para terte pertiño de tí, querida vida,

Espazo de tempo que comeza e remata,

Amada e querida vida,

Sadismo que apunta as masas deserdadas

Do benestar e do bom vivir, estado do benestar,

Que delincuente maior que un especulador

Que vai pechando as portas a vida alléa.

E nós, sometidos, ao arte desagradable, do sadismo puro.

Magóa que sufran os iñocentes, os seres desvalidos,

Os esquencidos somalíes, campos de refuxiados,

Sufrimento e miseria acumulada,

Constante perda de vidas humanas deserdadas

Onde os nosos ollos non miran

O esquencemento. Non embragantes,

Están alí onde interesa, onde érgunse

Os pozos de petroleo negro, onde campea

A morte con armas europeas. Libia interesa,

Nicolás Sarkosy e David Cameron

Báñanse en multidudes en Bengasi,

Símbolo da Resistencia Libia

Namentras esquencemos os Dereitos Humanos,

E os dereitos elementáis, de cada ser humano.

Un discurso de constantes mentiras premeditadas

Despiden as bocas de sinistros políticos mediocres

Que fan sufrir ao Ser Humano, dabondo.

E mañán as oito da mesma mañán, pola radio activada,

Seguirán contándonos as mentiras semellantes,

Que as de onte as nove de mañá, as semellantes

Mentiras parentes das outras que fan unha grande

Familia de mundo mentirán absurdo e malévolo.

E, cada día pasado, o Norte, como fin,

Está más afastado do exacto ponto desexado.

Que pena, que queran todo privatizar,

Mais eles e elas personalízanse moito

E non se privatizan nada,

Porque síntesen poderosos

E non son máis cunha mentira permanente.

Nós somos soberanos,

Porque formamos a Soberanía Popular

De todos os Pobos de España,

Nametras Silvio Berlousconi

Perde a vida antre pernas fimininas.

Miguel  Dubois



  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías