Archive for Marzo 2009
Reparación naval
Posted 31/03/2009
on:Pontevedra, ao 31 de marzo de 2009.
REPARACIÓN NAVAL
Morre marzo pimaveral, tolo,
Quente e, as veces, frío.
Van morrendo os meses enteiros,
Pedazos espaciáis de anos,
Gañados ao tempo vital.
Tempo para lembrar,
Que voltar nunca voltará.
Fican no mundo da memoria,
Memoria do mundo morto,
Que vive cando penso,
No tempo pasado.
Día a día imos facendo
O tempo das nosas vidas,
As vidas que compartimos.
Con tristura choroso ou ledicia brillante,
Có mundo achegado,
E cós seres queridos e amados.
Que sería da nosa estanza vital
Sen o sentido do amor fondo,
Que sería a miña vida enteira,
Sen a carencia do teu amor constante.
O mundo habitado polo sentido amoroso,
Ten un senso supremo e máximo.
Xenreira “torpe”, conducta excusante,
Mundo trémulo,
Que afastada estás do verbo “amar”,
Integrador e vivo.
Alomemos un cachiño das vinte catro horas cotiás.
Esqunce o mundo mezquino,
Xúngute ao sorriso constante,
Mais cando toca sufrir,
Admito plenamente o intre da door.
Habito o mundo como é,
Asumo, plenamente, a responsabilidade propia.
Non sexas covarde e non fagas uso
Absurdo e tremendo, do teu egoísmo continúo.
Recoñece a culpabilidade correspondente.
Tes que ser o responsable da túa falsedade.
Non fagas do mundo alléo a ti,
O único culpable dos mastros rotos
Dun barco perdido apiques de naufragar.
Non digas que o rumbo
Estaba marcado a modo de engaño.
Recoñece a túa culpa no naufraxio.
Agora dende este intre,
O barco carece de consistencia,
Sendo máis aparente que un barco
Para a navegación ceibe e resistente.
A tripulación está “tocada” pola falla de honra,
O barco navega de feito torpe,
Xa non ten a lixeireza para a singladura,
Que se asemella a liberdade pura,
Ser máis veloz có vento.
O barco está “tocado” por calquera costado,
Ten peso inútil dabondo.
Urxe poñelo en dique seco,
Está tocado, totalmente,
Por estribor e por babor.
Miguel Dubois
Los habitantes de la perversidad
Posted 30/03/2009
on:Pontevedra, al 30 de marzo del 2009.
LOS HABITANTES DE LA PERVERSIDAD.
La palabra torpe y absurda,
Se perdió en medio de la tonteria tremenda.
Se subieron por las paredes frías
Las absurdas voces humanas.
El límite de lo imposible fue una realidad tangible.
Llaman a absurdo en las puertas del miedo.
Torpe voz absurda, gemido del sin sentido.
¡Qué comjunto de torpres oraciones absurdas
Brotaron de la bocas traidoras!
La falsa cara de atrás,
Mostraba la cara delantera.
Verdad es que todo fue una gran mentira temible,
Convirtiron el mundo verdadero e útil,
El la sobervia perversa del mal absurdo.
Caminan sin saber a dónde se dirigen,
Dicen que van, pero el inicio no hicieron.
No les llora ese corazón tremendo,
Ese corazón cargado de desesperanza absurda.
¡Qué pena me da la perversidad humana!
Dicen que gimen, y es absurdamante,
Una mentira más de ese mundo perdido
De las necias palabras de la Nada.
Un viento helado ruge de miedo
En la esquina de la calle estrella.
El perro negro está ladrando constantemente,
No hace ni frío ni calor.
La luna amarilla
Recita versos de García Lorca.
Federico, querido Federico,
La luna blanca llora noches perversas.
¡Qué absurdo baile perverso,
De palabras muertas!
Habita en el fondo
De vuestras abiertas bocas.
Habitantes perversos,
Pagaréiss lo mal hecho,
La acción mala.
Habitantes perversos,
Que tremenda peda me dais.
Miguel Dubois
Uxío
Posted 22/03/2009
on:Pontevedra , ó 22 de marzo de 2009.
UXÍO
Sentirse ceibe, plenamente,
Non como un paxaro angaiolado
Cárcere interna,
Respostar a todo aquelo
Que te manten preso,
Romper as cadéas opresoras.
Sair da cela interior creada inxustamente,
Flor do desalento e do constante queixume.
Afrontar, valentamente, o mundo real,
Aínda que as respostas habidas
Non foran máis que absurdas temeridades,
O usar automatismos verbais autoxustificables,
Ser unha linguaxe atomática
Dun ser humano sen identidade real.
Son ceibo como o ar fresco do mencer frío.
E lavar a miña faciana no frío regato craro,
A beira dunha corredoira linda,
Antigo paso obrigado de carros de bois,
Cargados de traballo duro.
Non me rendo ante o feito absurdo.
Non me rendo ante o disparate programado.
Que doado é a fuxida dun mesmo,
E ser habitante parcial, unha parte,
Da integridade existente,
Deixando a inmadurez propia,
No eido alleo, aquel terreo
Que non me pertence.
Habito no que son, non o nego.
A vida dame os froitos do mal
E aquela dozura de froital maduro,
Que son os bons froitos do ben
Que non probo a miudo.
Non habito por facelo,
Habito para sentir o meu sentimento,
A miña vida propia compartida,
E movemento solidario e participativo.
Para habitar no mundo social correspondete.
Mundo de Universos plurais
Palabras que veñen
E palabras que van
Bicos traizoieros, os bicos malvados,
Que pasan malas facturas dabondo.
Pola contra e por ben máximo,
Apertas verdadeiras que enchen
E que se funden en dous corpos amados,
A dozura do amor envolvente.
O bafo quente do teu alento limpo.
O verbo querer, íntegro e supremo.
O verbo amar enteiro, abrangue.
Os seráns torpes e máis quedos
E os dous sentados no poio petreo,
Mirando a forza da lus solar,
A beleza da claridade,
A lus brillante a do raio luminoso
E o momevento das ondas do mar,
O barco saltimbanque, pesqueiro e vello,
Ateigado de lembranzas supostamente
Durmidas no mundo pasado
Que xa non voltará,
Pero, que as veces, cando eu estou soio,
E cando con o meu íntimo interior me atopo,
Emerxe a potente lembraza,
Daquela dorna mariñeira,
Que en días de infancia afastada
Me fixeron soñar que eu era un mariñeiro neno.
E leveba liñas de longa tanza
E con chumbos pesados dabondo,
Namentras o Sr. Uxío cando o prateado peixe,
Picaba me axudaba docemente
A subir a tan fermosa robaliza.
Uxío soríame fondamente,
E eu era un neno mariñeiro encantado,
Que vivía o meu conto real,
A bordo dunha dorna mariñeira.
A infancia enteira ficou,
No mundo de antes,
No século pasado.
Uxío nun serán triste,
Díxonos adeus,
Pechou os seus fermosos ollos azúis
Por sempre e tristemente.
Mais o sistema vital,
A continuidade temporal
Medrounos para outros.
O Mundo avanzaba,
Os meniños nacían,
E tantos outros como Uxío,
Fóronnos deixando,
A tristura enchía o noso corazón magoado,
Unha vez ergueito do mundo triste,
Tocaba retomar o viero vital,
Afrontar o mal valentemente,
Erguerse do golpe recibido.
Mirar de cara ao mundo futuro,
Mais afrontar o día a día.
Non todo significaba un mundo laiante.
A ledicia dounos o dereito merecido
A risa enteira coma representante
Do optimismo resultante.
Que ninguén nos retire,
O dereito a felicidade merecida
A pesar de tódolos pesares.
Miguel Dubois
O segundo día da semá, reunión. Abofé
Posted 19/03/2009
on:Pontevedra, ao 19 de marzo do 2009
O SEGUNDO DÍA DA SEMÁ, REUNIÓN. ABOFÉ.
Abrángame enteiro, na túa aperta forte,
Fuxida da soidade inmensa,
Entregáme ao teu amor constante.
E non me deixas na soidade silenciosa,
Nese extraño mundo mudo.
Mira coma o vento zóa fortamente.
Acude a miña caricia soave, lente e insolenta.
Predóame as miñas verbas inexactas,
Perdóame pola perda do dominio verbalístico,
Porén no coartocheo da semanal reunión,
As palabras retumban nos timpanos espidos,
Nas paredes cubertas de cadros absurdos,
E nas fistras cuadrangulares
Cubertas de brancas cortinas correntes.
A lus das primeiras horas dun serán desquiciado,
Dun segundo día semanal
Atrevesa a fiestra semilimpa.
O sol potente, de cando en vez,
E aínda no tempo indebido,
Amosa a súa fotaleza lumínica.
Vai calor dabondo,
Antre a potencia dos radiadores quentes,
A xuntanza comunitaria,
A calor dos nosos corpos xunguidos
Por mor da profesión posuída.
Disparidade de criterios,
Verdades e mentiras,
Mentiras e verdades.
Uns son partidarios da suma progresiva,
E outros queren restar os puntos inútiles.
O acordo inexistente pode ser algo cáseque normal.
Parés coma se ,sempre, houbera unha lei imperita,
Que todo quere saber, e mandar abofé,
E aquel que quere medrar interiormente
É rexeitado de xeito automático
Coma se for fora un can de palleiro.
É coma chegado aun ponto determinado,
Saltarán todos os límites posibles,
E de feito altivo e perseverante
Aplícase a lei interna grupal.
O equelibrio lóxica fica escachado,
Coma se unha taza branca
De café negro fora lanzada,
Violentamnte ao chan claro,
Da quente habitación reunidora.
Era coma o rabieta dun neno caprichoso,
Estourara a xeito de mandato,
No Mundo Equilibrado,
No que os seres humanos,
Son igoales pola lei e o dereito.
Daba certa impresión concreta,
Que o egoísmo grupal,
Era a lei que imperaba,
E os dereitos elenemtáis
Dos cidadens traballadores,
Foran nada máis que inútiles normas.
Miguel Dubois
Querido río Lérez
Posted 19/03/2009
on:Pontevedra, ao 19 de marzo de 2009.
QUERIDO RÍO LÉREZ
Que fermoso te miro querido río Lérez,
Serpe acuática e transgresora,
Longa superficie fluvial
Que atravesas de xeito belo e penetrante,
Esta cidade ateigada de fermosura
Concreta e particular,
Longo, ancho perfecto e animoso,
A túa auga grisácea e, as veces,
Verde escura, ou mezcla de perfectas coores
Tan verde coma as follas das arbres diversas
E plurales, beleza vertical e natural
O coor estoura na primavera pintada
De vexetación polícroma irresistible
Amante da máis pura belleza enxebre.
A beira dos edificios longos
Preparados para impartir sabedoría
Con múltiples fiestras e cristaleiras brillantes
Do Campus Universitario desta Pontevedra moderna
Traballa a xuventude soñadora e realista,
Que afastada queda para min,
Nos tempos deliciosos e máxicos,
Que xa non voltarán a aledar
A miña vida pasado,
A miña hestoria paricular e concreta
Según a hora que o reloxo marque,
Ou o día que a semá sinale,
No almanaque de números ateigado
Están as pequenas arbres cheas de follas rosas
Cubertas da fonda cor que os denomina
Raiñas da arborestería coorida.
Lindo Río Lérez, auga de ledicia,
Remanso acuatico chá.
Muxos prateados e brilantes,
Nadan na liberdade das augas fluviais,
Antre correntes pequenas.
Fervenza branca coma a neve viva,
Descende pola saia de Monte Porreiro,
Con caída vertical de auga branca e crara
Monumento natural en vertical e caída constante
De escuma viva e cortina densa.
No ceu estoura azúl o fondo e fermoso
E os paxaros torpes descansan
Sobre as barandas das pontes fluviais
De dura madeira resisitente.
Os cisnes brancos ou negros
Pasean elegantemente
Pola superfie da auga queda,
Parrulos torpes patalexan
A beiriña da negra terra
Os eucaliptus longos e ergueitos
Apuntan dereitillos ao ceo fermoso,
Coma se foran longas letras íes
Cun chapeu no azul do fermoso
Teito natural e luminoso
Ponto da mencionada letra vertical.
Un avión, sen retraso, abofé,
Vai deixando no ceo azul
Un ronsel branco e fermoso.
O mundo vive a aventura do progreso.
Os homes e mulleres maiores,
Van camiñando pola delicia de longos paseios,
Lembrándose dos seus tempos ledos,
E condenando a tristura do seu pasado de sufrimento.
Xoves montan a súas bibicletas rápidas e ledas,
Con sorrisos constantes e barullo discreto
E facendo piruetas máxicas espectaculares
A xeito de espectáculo gratuito.
As parellas amárranse e a calor enche
O delicioso arte do agarimo,
Agarima a túa beira meu amor querida
Na Illa das Esculturas,
A beira do Río Verde Lérez.
Un fermoso mosteiro de pedra,
Artisticamente traballada,
Érguese na outura da paisaxe,
Namentras unha ponte do ferrocaril
Atravesa de orela a orela,
Coa formación dun arco perfecto
Para que os modernos trens
Froito do progreso gañado no tempo,
Poidan chegar ao destino desexado.
Os piragüistas femeninos e masculinos
Entréan destramente de xeito disciplinado,
Namentras o adestrador severo,
E con voz grave e forte
Da as ordes aportunas
Aos disciplinados deportistas
Que con forza intensa
Agarran o remo longo.
As esculturas torpes e fermosas
Descansan a súa belenza íntegra,
Na súa quietude propia.
As diferentes pontes atravesan,
Insolentemente a fermosura do Río Lérez,
Lérez de tódolos tempos,
Lérez da vela e pailebotas,
Lérez dos barcos de vapor antigos,
Peirao das Corvaceiras,
Longas redes tendidas ao sol forte,
Barrio da Moureira,
Baldes de madeira e metal
Zocas de madeira de carballo autóctono,
Panos na testa,tanta lembranza,
Barrio de carnal pago,
Barrios dos mariñeiros pontevedreses,
Xa non existan na mundo presente,
Coma se fora cuberta que a auga fluvial cobre
A ponte peonil, de forma moderna,
Que racha calquera estructura clásica,
Facendo un tipo de ponte futurista,
Cheo de formas xeométricas e esféricas.
Miro á fronte, fitando a mirada e miro como
Pasan coches grandes e pequenos,
E peóns a rente da barandilla,
Na fermosa Ponte dos Tirantes,
Arquitetura da liña recta,
De rectas tirantes, extensa tensión
De grosos fíos de ferros fortes
Que dan fé da xeometría rectilinia
De tal singular contrucción vangardista,
A esquerda mirando, cara ao Concello de Poio,
Fica o edificio de Maxisterio,
Maxisterio de tempos pasados
De estudos inesquencibles,
Ou de libros de grandes pedagogos
Como Erich Fromn, Freinet, Paulo Freire,
Suchodolwsky, alumnos de Barbiana,
Ou Summerhill.
Maxisterio do cambate universitario.
Agonizaba a dictadura
E comezaba o Mundo Libre e Demócrata,
A dereita, da ponte dos Tirantes,
Un edifico verde vangardista,
Un fermoso teatro vestido de verde
A forma de groso cilindro,
Non de excesiva outura,
Un gran recinto feiral alongado,
Construído no perfecta vangarda arquitectónica
Edificios dabondo colexios de Educación Infantil,
Colexios de Educación Primaria,
Colexios de Educación Secundaria,
Facultades diversas, ensinadoras
Da Esperanza Futura,
Estudantes actuales, futuro en formación,
Campos deportivos fermosos
De verde herba sintética,
Onde nenos e xoves prepáranse,
Por mor do seu desenrolo físico.
Vou camiño da Ponte do Burgo,
Moi bela aínda e luxosamente decorada
Con fermosas cunchas de vierira,
Por mor do camiño a Compostela,
Capital da máis fermosa Galicia,
Sede do Parlamento de Galicia,
Praza do Obradoira,
Con Catedral da Beleza.
A Ponte de Burgo é de pedra constuída,
Cun ollos nen grandes nen pequenos,
Na forma de próas ergueitas
De barcos en seco
Arcos deliciosos a xeito,
Ollos abertos a lus pura e deliciosa
De contrucción clásica.
Farolas negras de caprichoso debuxo,
Barandas perfectamente feitas de forte ferro.
Ao fondo A Caeira, ateigada de excesivas
Construccións
Froito do movemento especulativo,
Que destrúe a paisaxe e rompe
O equilibrio paisaxístico e a armonía.
Casas e casas desordeadas,
Lugar ateigado e revolto.
Barcos deportivos amarrados
No seus peiraos modernos,
Todo un mundo luxoso
Que posúen as minorías adiñeiradas.
Camiña a beira do Río Lérez
E na miña fronte poderoso
Érguese a Ponte de Barca,
Ponte que divide a dous concellos diferentes,
Pontevedra fermosa vila, a Bóa Vila,
Encantadora Zona Monumental,
Ou Igrexa de Santa María,
E o Concello de Poio,
Con fermosas lugares,
Poño por caso Combarro,
O Casal de Ferreirós,
Raxó delicia mariñeira
Areal ateigado de constante beleza,
Peiraos fermosos,
Casas antigas de pedra dura,
Verdadeiros monumentos
Da arquitectura galega tradicional,
Piornos curiosos de Combarro
Enorme piorno no Mosteiro
De monxes vestidos
Da brancas sotanas.
Ou cruceiros diversos
Que amosan beleza constante,
E longos traballos de expertos canteiros,
Na distancia unha ponte para o paso está feita
Do tráfico constante da Autoestrada do Atlántico,
A Ponde da Autoestrada
Que rompe o equilibrio visual
Facendo dil coma un monumento moderno,
Á prosperidade ou ao unha socidade máis
Doada no eido ca comunicación terrestre.
O serán ateigado de lus está,
O sol loce sen disimulalo
A súa potente lus viva
Que ilumina maravillosamente,
O mundo natural
E o mundo feito polo traballo d o home moderno,
Autovía camiño da Vila de Marín,
Longa e negra e dereita
A moi vista na distancia
E nunca coñecila nela, no seu hábitat
A Illa de Tambo,
Árbores fermosos de verde folla,
Faro fronte a Escola Naval
Marín de grandes peiraos posuidor,
De fábricas de frío poderoso
Ou de asteleiros importantes,
De flotas pesqueiras
Fai que a súa economía portuaria
Sexa unha poderosa fonta de riqueza.
Miguel Dubois
Adversidade social e perversa
Posted 17/03/2009
on:Pontevedra, ao 17 de marzo de 2009.
ADVERSIDADE SOCIAL. SOCIEDADE PERVERSA.
Todo podería ser doado,
Sencillo, xusto.
Creamos un mundo adverso
Ensinamos conductas pervesas
Porque non somos capaces
De respetar pluralidade?
Complicar inultimante a facilidade,
o facil facelo difícil.
Perder a identidade propia e convertirse,
No que non eres. Afronta d túa pesonal identidade.
Non fagas de ti, ser despersonalizado,
Froito da alienación constante.
Un absurdo figurante que alporiza, constantemente,
Ao mundo alléo, a todo o que non lles pertence,
Mais que o desexa con suma urxencia,
Froito da máis pura desidia e perversión.
Alterar o ánimo existente, ferir o sentimentos,
Sentimentos concretos que miran
Polo dominio dunha sociedade trabucada,
Que pensa máis nos termos persoais,
Que na creenza do ben común.
Utilización do constante insulto,
Cando de eles falan
Inventan historias inexistentes
Cheos de maldad incontida.
Que a verdade ilusoria
É unha mentira constante.
O confusionismo social,
O barullo producido,
Nos sectores sociais,
Provocan indecisión e medo
E sentimentes adversos
II
Hoxe no me insultas, de máis,
Por favor.
Hoxe fai de nós un mundo ledo.
Por favor.
Hoxe, que a túa agresividade,
Non sexa unha constante delirante,
Por favor.
Hoxe, non mintas tanto,
Por favor,
Alomenos polo de hoxe, somentes,
Por favor.
III
Fan de nós de xeito provocado e consentido,
Unha sociedade sociedade dividida.
Insultámonos dabondo,
Maldecimos, xudgamos gratuitamente,
E condeamos miserentamente,
Sen saber moi ben
O que decimos.
Invádenos un densa néboa branquecina,
Que de xeito premeditado
Non nós deixa mirar a realidade vital.
É coma dar os paos dun cego apurado,
É coma maldecir, sen nengún decoro,
O que non nos corresponde,
O mundo alléo a nós.
E por mor de insultos intencionados,
E de constantes perversas provocacións,
O tremendo enfando vai medrando,
Gratuitamente por mor dos intereses creados.
Imos perdendo, lentamente, a nosa identidade persoal,
Ímonos afacendo a conversión
De seres dirixidos e manipulados,
Polos creadores do mundo confuso.
Fan de nós un fato de seres desumanizados.
One atopar o Norte perdido,
Froito da constantes tácticas sesumanizadoras.
Imos subindo o ton das nosas voces crebadas
Polo engano constante.
Ímonos creando un extraño ambiente,
Supostamente combativo pero absurdo.
A confunsión medra rápidamente,
As sorpresas continúan.
Nesta novela vital adversa aos nosos principios
Capidúos faltos de integridade,
Noticias da violencia perversa,
E do estraño asasinato drámatico,
Que fan do ser humano
Un demo tremendo
Que remata coas vidas alleas.
Onde levaranos o mundo tolo,
A sensación de que vives un tremendo sen sentido
A tolemia absurda do século XXI.
De que xeito poderiamos regresar
A nós mesmos, ao centro do que somos.
Non pretendendo ser o que non somos.
Como conseguir señores políticos polivalentes
Que un noticierio diario,
Teña a ben darnos as bóas noticias.
E non as tremendas novas do asanitato e o insulto,
Froito de mentes tremendas.
Como habitar a paz mesma,
A nosa paz persoal que nos rouban
Nos nosos postos de traballo cotiá,
Ou o traballo que merecemos e nos rouban.
Porque non se nós respeta.
E como facer de nós,
Homes e mulleres xunguidos,
Pola solidariedade social
E polo ben das nosas correspontentes
E diversas comunidades.
Como poderiamos todos falar
Unha linguaxe máis sinceira
E carente do egoismo perverso.
Miguel Dubois
Mundo real
Posted 17/03/2009
on:Pontevedra, ao 17 de marzo de 2009
MUNDO REAL
Digo eu, por non decer por decer,
Por decer con sentido consecuente,
Tendo por meta final,
Ó mundo da coherencia e repecto.
Por que non habitar un mundo tranquilo,
Digo eu por non falsear palabras,
Por non falar para non hencher,
Con toda futilidade pretenciosa
A miña boca de orgullo,
Balón hinchado preponte,
Cunha linguaxe estúpida do esnovismo,
Digo eu, porque non habitar no sencillo,
Cun bico dado agarimosamente,
O cunha aperta sentida.
Porque convertir o Universo da Palabra,
Nunha tremenda incoherencia,
Nun sen senso, ou a teoría máis absurda
De non vivir a vida axeitadamente,
Nun mundo enfrontado,
Pola falla de respecto constante,
Rotura dos máis elemantáis
Factores da convivencia social,
Onde están os nosos valores tolerantes?
En cando non lles gusta o noso pensamento propio,
O noso estilo de vida profesional,
Baseado no esforzo persoal e o sacrificio
E no sentimente da máis pura solidariedade,
Somos condenados a o insulto tremendo.
Alguén , parece ser que quere impor.
Os valores non desexados e queridos,
E quebrando a liberdade mental,
Correspondente a cada ser vivinte,
Nunha sociedade ceibe,
Do pensamento diverso.
Somos convidados ao mundo perverso,
Aos instintos humanos
Que dañan a feliz convivencia
E o benestar común.
Non convidados a pensar meu paticular credo,
Que é o que eu penso e comparto
Cós seres semellantes do meu entorno social.
Unha suposta e inútil inversión de valores,
Delata ao ser egoísta.
Sé ti mesmo,
Admitindo o mundo interior teu,
Pero respétame, e non me insultes,
Porque teña unha door fonda
Que fai que sande inxustamente,
O meu interior persoal,
A ferida que me fixesta,
Pola perda da túa identidade persóal
Porque, irremediablemente,
Tiveste que aproveitarte
Dos máis perversos instinsos
Ti, mágoa! Invertiches os valores,
Mentiches, deformaches a realidade.
Porque eu non quixera ser coma tí eres,
Porque eu respétote,
Pero non sexas o que fai do discurso verbal
A teoría da pura demagoxia,
A verdade inexistente.
Miguel Dubois
Reencontros emocionais
Posted 15/03/2009
on:Pontevedra, ao 15 de marzo.
REENCONTOS EMOCIONÁIS.
Como me vou atopando conmigo mesmo,
Achegánme ao que son,
E non achegándome ao que outros
Quixera que eu fora.
O tempo vivido, aquel pasad o de pena e gloria.
O presento habitado, do agora , do día a día,
E o futuro incerto, do que penso que será
E ao mellor todo a estructura mudará.
Arríncame de min esta fonda pena,
Que meu interior fire, habitante do medo absurdo,
Magoando os sentimentos abertos,
Que a dor é grande que fai mal dabondo.
Acepto ao sufrimento correspondente.
Apartado estóu da tarefa cotíá, abofé,
Vivindo en Temporal Descanso,
Pobo máxico da Costa Atlántica.
Habito versos incoprensibles,
Confuso atópome ante o disturbio acaecido,
A door é grande e a pena sublime.
Doéme a ferida fonda,
Sándanmen os sentimentos absurdos,
Queimo horas indecisas,
Habito os minutos dubidando,
Cal será o correcto camiño,
Cal será a conta máis exacta,
Cal será o precio xusto,
Cantas horas vivindo sen vivir,
O laio decisivo que estoura no ar limpo e puro.
As portas blancas da primavera polícroma,
Xardíns de flores multicores, delicioso xardín máxico,
Miro e me deteño na beleza dos teus ollos perfectos,
Disimulo a roubada ledicia, ausensencia do sorriso
Secuestrada nun día tremendo.
Habito sen habitar no mundo productivo,
Durmo no tempo que pasa e pasa.
Como pasa o tempo meu amigo,
Nunca deténse e suma e suma,
Os homes e as mulleres sumamos,
De certo tamén, máis non imos máis aló.
Do limite exacto. Somos límites temporáis.
Puros números matemáticos.
E os anos da vida seguen e seguen.
A Historia o seu curso continúo e fluído segue.
Desperto coa raiola luminosa e penetrante,
A lus beila cancións ledas e perfectas,
E vai arricando as penas da door absurda,
Absurda laio que fulminas a fonte leda,
A fonte do sorriso permanente
Que non quixera desvaerse.
Vai a vida pasando antre as delicias habitadas
De constantes sorrisos perfectos.
E a vida pasa antre a tristura adversa,
Que fai de ti ser valente e ardente,
Para facerlle fronte e eliminala.
Coxunto de emocións diversas,
Amamos tanto a beleza sublime,
Rexeitamos tento os actos violentos,
Nós que a nosas emocións adversas,
Son o froito da inmadurez emocional.
Amo a paz constante,
A serenidade pululante,
É o bon vivir sen a door tremenda,
Que fai estalar ó ar en berros concretos
Que non son máis que a afirmación do sufrimento.
Doce suavidade do equilibrio, a tí achégome,
Achégome a min mesmo cando me atopo.
Miguel Dubois
Longo poema de amor
Posted 13/03/2009
on:Pontevedra, ao 13 de marzo de 2009
Longo poema de amor
I
Que soio me atopo no meu adentro senlleiro,
Que silencio absurdo de door ferida me habita.
Vivo conela e nela habito e vivo, de novo.
Soidade se chama nos días quedos.
Soidade vital, vela apagada, derrubada da chama acesa.
Oscuridade sinistra da voz apagada,
Do laio aceso que ar domina.
Como poder habitar meu pensamento aberto,
A unha forma de pensar pechada e tremenda.
Como facer que escoitas a miña voz viva,
Se o teu pensar parés un con duro da beiramar.
Acende a vida interior do teu pensar torpe,
Habita os esasos faces de lus querida,
O que apaga as noites tremendas máis negras,
Como vestido dunha vella enloitada.
Abre os teus ollos a vida enteira,
Encende a lus fonda dos túas órbitas esféricas.
Non sexas un anaco de algo indefinido,
Tes que ser” ti,” sempre, polo día enteiro.
E pola noita aberta a oscuridade.
Avanza vendo para o fronte aberto,
Vai camiñando cara do destino merecido,
Non pidas do que non foras merecedor,
Non roubes os espazos vitáis alléos.
Habítate enteiro,
Queima hasta a derradeira verba
Do teu discurso embelizo,
Polas palabras que tan, meravillosamnte, afirmas.
Sé o dono enteiro do teu ser íntegro,
Achégate ao mundo solidario.
Esquece calquera verbo absurdo
Que te leve ao mundo tremendo
Do egoismo vital.
Desterra o padecer da envexa enferma,
Desterra o deserto amoroso
Habito no interior do verbo amar,
Que da a calor constante
E faiche esquencer do mundo xeádo
Do continúo desamor,
Sentimento humano absurdo.
Aquece as túas mans valeiras,
A beiras da beleza da fogueira viva,
Cóas fermosas chamas quentes e cooridas.
Eu quéroche tanto, me doce amor,
Ti non me queres, pero queres quererme.
El ou ela me queren, tamén.
Vós querédesme, abofé.
Vós quizánes querédesme.
Eles ou elas me quérenme de seguro.
Que difícil é o verbo amar,
Que é o verbo amar sen amar?
Como che vou amar con desamor,
Se o teu o amor é un deserto seco.
II
JAVIER PARA ANDRÉS.
Que doce reulta o nacemento dun meniño máxico
Chamado Javier, nacido para salvar,
Ao seu irmán infirmiño chamado Andrés.
Ai! Andrés querido, esquenzo ao inútil sufrimento,
Cúrate da túa infirmdade, fonde da dor pasada,
Grazas ao teu irmancillo pequerrechiño.
Abrimos portas a vida vivida.
Pechamos as fiestras ao sofriminto inútil,
Para que sufrir de xeito inútil,
Agora Andrés voltará a sorrir.
Sustos deixamos soterrados,
No mundo da lembranza inesqueceble,
Camiñamos no mundo do xusto equlibrio.
III
Porque queres che querei, sempre,
Aquí, acolá e no máis aló,
Non me quites o dereito a quererte,
A amArche docemento, día a día,
Se tiveras xeádos teus grosos beizos,
Eu chos quentaría coa calor dos meus beizos finos,
Acariñaréi o longo deserto das túas costas espidas,
Musitarei palabras inintelixibles,
Pero estaréi a túa rente.
Non permitas que me invada o frío nouturno,
Aquécete ao carón do meu corpo; quentura
Acendo a pequena lámpada te torpe luz,
Abres tes ollos fermosos e lindos.
Eu, lento, penso canto podería durar
Este amor inacabado,
Esta chama acesa,
Esta coor fermosa.
Podería sosterse no tempo longo,
Os anos que os dous quixeramos.
A lus prende con toda a súa forza,
A noite finaliza na súa mesma oscuridade,
Me sinto preso ao teu amor constante,
Maís rompo as cadeas do absuro medo.
Son o día enteiro, alus aberta íntegra e intacta,
Contigo son noite se medo e con vida,
Vivo para vivir a felicidade contigo.
Miguel Dubois
Habitante do teu interior
Posted 12/03/2009
on:Pontevedra, ao 12 de marzo de 2009.
HABITANTE DO TEU INTERIOR.
Como decribir o mundo habitable,
Como engadir un palabra fermosa
A palabra máis linda,
Como habitar o valeiro enteiro
Que en mi habita,
Como consumir as horas despreciadas.
Como encher as horas roubadas
O meu traballo cotiá.
Como consumir o tempo morno,
Que habita no meu adentro ferido.
Como ensinar ao meniño inexistente.
Habito a incomprensión máxima,
Mais da igoal, cada cual e cada quen,
Eu habito a miña soidade inxusta,
Ti a lingoaxe miserenta,
Eres a palabra decorada,
E sotilmente aparente,
Eres o lume contaminado,
Que non queima,
Que non che quita o frío perverso,
Na noite fría do teu xelado corazón.
Porén mal non te desexo,
Prégolle ao meus Deus Senlleiro,
Que che perdóe as culpas cometidas,
Por tí na indecencia da constante e absurda mentira.
Todo vale, mais todo queda.
O meu ser interior está tranquila,
De cando en vez, chámame Santa Tristura,
Habitantes dos seres humanos deprimidos,
Apartados da función vital
De afacerse como persóa,
No mundo cotiá,
Que nos vai enchendo os pratos valeiros,
De manxares sabrosos.
Apago a miña sede con bebidas limpas.
No meu retiro habito,
Acudo ao centro de min,
E me atopo comnigo mesmo.
Constrúo a vida diaria,
Antre poemas diversos
E a lectura constante de libros.
Habito no mundo actual
Que me toca actuar,
Día a día vou facendo
Un cachiño maior o meu corazón interior.
Segue o teu camiño equivocado,
Non che desexo mal, non,
Eres tan humano coma calquera,
Mais non firas aos alleos sentimentos.
Mírame a miña faciana enteira.
Non agaches a túa faciana agachada
Sobre ela mesma.
Vamos queimando sonos agachados,
Imos afrontado as duras realidades,
Que firen dabondo.
Forte son, porén teño que selo,
Non me rendo ante as palabras cobardes
Vendidas nun mercado de estrana venda.
Encho o meu interior de ar limpo,
Respiro fondo,
Eu habito en mi mesmo.
Dime a verdade enteira,
Non me contes unha absurda trola.
Habita en ti e dentro de ti,
Non usurpes o mundo alléo.
Repira ar limpo,
Enchete de felicidade constante,
Felicidade que se constrúe, día a día,
E non se vende nen se compra.
Miguel Dubois