Caderno de apuntes de PepeR

Archive for Decembro 2010

Deixamos tantos acontecementos

Deste mundo neste pasado ano.

Acontecementos inesquencibles,

Feitos bárbabros e terribles

Dores de corazóns feridos,

As dores que desorentan e matan,

Creamos un absurdo económica

Rímonos de tódolos poderes políticos.

Afastamos o diñeiro necesario

Creando paradisos intocables

E corruptos.

A doenza humana repítese,

O ladrón rouba por decreto lei,

O  político di o que quere decer,

Sen rigor algún, carente de respeto,

A verdade é unha discusión ilegal.

Deixamos un ano na lembranza,

Deixamos o tempo morto,

Ou para ben,

Ou para mal.

A ilusión pérdese na densa néboa

Dunha mañá de invernia fría,

E o desasosego chámame,

A esquencer o sentido da leda vida.

Factoría enteiras choran empregados

E as máquinas en on, fican valeiras

Postas en un rotundo off ou out.

E o silenzo mortífero

Da máquina parada,

Asulaga as naves do silencio frío

Do salario inexistente,

Da soidade que non da cartos Necesitados para a supervivenza vital.

Mergúllome polas Rúas

Da Póvoa de Varzím

Lugar de necemento

Da miña querida Nai,

E parezo un peixe senlleiro

Antre os seres poveiros

Que con certa lentitude

Atravesan as Rúas

Da Vila Lembranza Infanto Xuvenil

O mar dá con forza sobre

A dura barra cosistente,

E Ondas grandes de branca escuma

Atravesa o mencionado

Peirao maltratado.

Alta onda da escume

Erguete de branco vestido.

Un barco mariñeiro

De motor lento

Atravesa as augas do Porto

Poveiro. O gris do ceo

Acompaña ao gris do mar bravo.

Momumentos comtemplo,

De escritores portugueses,

Fernando Pessóa, Calafate,

Eca de Queiros, José María,

Monumentos aos mariñeiros poveiros

Combatentes da mar brava

E as súas donas estáticas

En perfecto metal verde.

Verde é toda a esperanza do mundo,

Namentras polas rúas circulan

Vehículos lentos nun día de festa.

Unha conversa leda,

Unha familia que de cando en cando,

Gosta do achegamento

Da virtude de achegarse,

Unha lembranza ao pasado vivido,

E vivir o presente

Que con forza bate

Nos nosos pensamentos interrogantes,

Namentras a incertudume

Fai de nós presuntos seres febles,

Con todo o verbo amor, completo.

As palabras serias das persoas

Máis maduras, de sabedoría Posuidores,

A beleza dunha xuventude

Emerxente, o noso futuro

Namentras miramos  a Clara

Disfrutando das súas vacacións,

Nunha bicicleta chea de espezanza.

Canto camiño tes que andar,

Cantas pedaladas futuras

Farán da túa vida enteira

Estar a ben coa túa vida constante,

A xuventude, o desexo

De romper os límites,

A busca do equilibrio,

A virtude de vivir,

A ben contigo mesmo,

A beleza da paisaxe,

A paisaxe da vida que pasa,

Que bonito é vivir

Cando sentes que vives,

Porque tes que  vivir,

Para vivir, fondamente.

Miguel  Dubois

Advertisement

Umha filosofía abstracta de focos de automóvil aceso.

O peso da choiva galega caendo pesada sobre o parabrisas húmedo e frío

Os farois pobres acesos que  levánbao de cara

Ao Centro Rexional da Televisión de Galicia

Afastado no pasdo de tódolos tempos

A creación do Programa Panorama de Galicia

Os platós  televisivos reducidos a necesidade de ter e non poder.

A ley do inxenio e da creeatividade,

A improvisación constante,

O delirio dunha noticia fóra do comun

Os grandes focos calefactores dos platós,

As cámaras gravadoras da imaxe e son,

As noticias contradictorias, os despistes televisidos e intencionados,

As ordes  da superioridade, o Norte que afaise Sur

O preometido e o dado, a mentira camuflada

A verdade censurada

O día vinte sete de decembro,

Deste ano, andivo a súa enteira vida vivida

Até o derradeiro palmo da súa fonda vivenza

A lus dos seus ollos craros,

Foron froito dun repentino pechamento final.

Galego enteiro, traballador da imaxen continua

Da noticiero podixioso, de voz fonda

Que camublaba a gravedade intensa

Da súa verba penetrante e pura.

Coa barba negra, mirada fixa,

Cabeza ladeada é a mirada fitaba

A cámara móvil que enfocaba

A un coruñés forte e bon

Habitante de platós de primeira e de segunda.

A verbas potentes contaban as noticias certas,

Con toda a súa forza equilibrada,

Que deixaba núa a mentira cometida.

Focos potentes de luz constante,

Entrevistador de grandes persoeiros

Da nosa hestoria comtemporanea,

Poño por caso Mijail Gorbachov.

Digo por certo Saddam Hussein,

Arbrito do combate dialético

Antre Aznar e Felipe González.

Compañeiro de Valerio Lazaroz,

Compañeiro de Carlos Carninero,

Compañeiro de Miguel Angel Aguilar,

Explendor da risa didáctica

Que ensina a rirse  dun mesmo, por sorte.

Por Riazor de areas douradas,

Vóan as cinzas dun ser grande,

A Torre de Hércules,

Ergueita, coma sempre,

Dereita observa coma vóan

A gresitude das cinzas dun periodista

Nacido as Portas dun Océano constente,

Con refachos de vento forte

Na memoria dun gran periodista,

Chamado Luis Mariñas.

Miguel  Dubois.

Por ti o susurro da túa voz activa, paxariño cantadoiro.

Por ti o canto permanente, vento constante da palabra viva.

Por tí o vento forte, limpeza inmediata do ar contaminado.

Por tí a fiestra aberta, a porta aberta a todo aquel que crea na liberdade.

Por tí o silencio absurdo, que morre no deshábito do marmurio incesante.

Por tí a beiriña do mar tranquilo, movento constante dun mar incesante.

Por tí o canto dos paxaros amarelos, vista corida e piar sinxelo e doce.

Por tí a verdade desfiguarada, para defenderte do intruso.

Por tí o Norte forte, que me guía ao rumbo seguro de Porto Ledo.

Por tí a verdade espida, a que non enche moitas bocas necesitadas.

Por tí a tarde está caendo, descende a intensidade da lus e recollémonos, xa.

Por tí ábrese a noite enteira, unha boveda estelar de cometas rápidos e brillantes.

Por tí a túa dor, dama, e non sufras, dame a túa dor enteira, entrégama por tí.

Por tí os cabalos galloupan ceibos pola Serra Outa, a liberdade silva rápida.

Por tí as ondas  do mar vivo, o ascenso e o descenso da auga mariña.

Por tí a verdade enteira, que espetas na fronte do mentireiro absurdo.

Por tí a miña morte, o meu descanso constante, o meu soño esquecido

Por tí a túa vida, a túa dozura e a túa beleza innata.

Achégame a túa beira curta por tí.

Achégame aos teus beizos tenros, por tí.

Achégame ao teu agarimo constante, por tí.

Achégame  a beira da túa casa amarosa, por ti,

Achégame as túas verbas silenciosas, por tí.

Achégame á túa pel soave, deserto de area crara, por tí.

Achégrme as páxinas dos libros de páxinas de fondo branco, por tí,

Achégane a xustiza plena, condear o abuso tremendo, por tí.

Achégame aos infernos lamentables, eide descubrir o azul do ceu, por tí.

Non existe máis momento, do que ,vivo, por tí.

Non existe máis paz que a querida, por tí.

Non existe máis amor, que decirche que ámoche tanto.

Non existen os silencios fríos.

Non existen desertos da palabra, máis ben un discurso coherente  e fidel.

Pásome a vida enteira leendo libros de amor tenro.

Pásome a vida lendo poemas de Lois Pereiro.

Pásome a vida arrincándome a dor que me mata.

Pásome a vida construíndo versos ateigados de verdade fonda.

Pásome a vida morréndome de amor constante.

Remato e dígoche: ámate tanto, para amar aos outros canto.

                       Miguel  Dubois

Chegaría a tí có sorriso torto e o beizo partido.

Avantarei os días inutilmente perdidos.

Achégame ao bico húmedo,

Atravesa o tempo morto a materia, número valeiro,

Xúrame que non marcharás, pola vida adiante.

Déixeme chegar ao límite da túa ledicia perdida,

Embárcame no barco ateigado do amor constante.

Apaga os lumes inútiles que o tempo queixa.

Mírame sen sosego. Invade os teus ollos nois meus ollos.

Pérdete antre a ledicia longa e a dor curta.

Durme o sono da ausencia da dor que queima,

As bocas abertas  inútiles do constante desasosego.

Fernando Pessoa morre nunha oficina desasosegada,

Lisboa canta un fado ateigado de cordas vocais.

E guitarra, ou mandolina, guitarras que tocador do instrumento,

Rasca con forza e enerxía.

Lisboa está triste e desasosegada,

Queimanda  debocas de cantores de fados eternos,

Amalia Rodrígues, por ti brindo

Esta vaso enteiro de viño vivo.

Miguel   Dubois.

Comtemplar puiden

O feito humano de querer amar,

No fondo do sufrimernto e da necesidade.

Rostros infantís piden axuda

Nos suburbios das esquinas abandoadas.

Sentinme ledo e non souben medir

A necesidade simplemente,

Con palabras simples e valeiras.

Nenos de Salvador de Bahía,

Alvaro, meu querido fiño,

Os nenos e nenas e adultos,

Piden amor por tódolas   esquinas perdidas,

Da man dun deus descoñecido,

Un cachiño de amor, Meu Señor,

Faga o favor, Meu Señor,

Deme un anaquiño de amor.

A necesidade fíxome preso

Desta Institución de axuda aos necesitados.

Retiráronme das sinistras rúas

Da calor queimente

E do frío supreso e adverso.

Uns homes e mulleres da Galiza,

Viñéronnosos  mirar hoxe,

O tempo non perdía, en absoluta,

Querían querernos e,

Facernos unha pequena visita necesaria,

Quentar os nosos corazóns abandoados,

Escoitar an nosas miserias

Que a ningúen impórtalles

Meu Paisiño  Quridiño  non ten traballiño

Miña Naiciña  Choromiqueira  está  enferma de desamor,

Mais eu  gusto xogar con estes galegos

E galegas que conmigo non viven.

Son a nós diferentes máis teñen quente

O corazón e agasállannos con sorrisos constantes.

Sentimos, docemento  o galego agarimo

Ao longo da nosa pel negra

Da nosa pel branca.

Vivimos ao  valeiro da rúa deserta,

Da rúa ateigada de necesidade constante,

Durante un longo tempo

De constantes frustracións.

A Institución, díxonos,

Que abandoáramas as rúas  sen retorno,

Que arricáramos de nós o medo a vivir,

Con anguria permanente e sufrimento total.

Estamos ben cós galegos e galegas,

Terra afastada do Brazil grande.

Un día abandaoremos o Centro Institucional,

Porque queremos ser libres,

Como un paxaro ceibo

Que vóa con toda liberdade

Polo espazo do ar limpo.

Miguel    Dubois



  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías