Caderno de apuntes de PepeR

Archive for Outubro 2013

Pontevedra, ao 28 de Outubro de 2013.

                   PORTO é un gran  presente

                   caído  doo  ceu aberto.

                   Durme o Río Douro

                   nas súas augas quedas.

                   Porto lindo

                  na súa diversa aquitectura.

                  Porto é un gran monumento

                  a beleza constante.

                                M.D.

PORTO en GATO VADÍO  con 15 M.

Un acto instantáneo, zas,
cá seque reflexo chegando
a un automatismo corrente,
fixo que xirara rápida
a chave negra e prateada,
fondo de barullo  existente,
bruar dun potente motor roncón,
taller mecánico,, arranca:
buxías brancas con chispa azul,
vielas, cilindros e pistóns,
tubos comunicantes dispersos
ríos de combustible diverso
e todo sincronizado, a xeito
para  que o xeneroso
motor aceso e preparado,
puxérase de contado,
en perfecto funcionamento,
namentres o combustible
líquido, antigo fósil  de alto prezo,
que a vida nos amarga de coito,
alimentaba, constantemente,
o seu funcionamento dinámico
é un conxunto
armónico e combinado,
fixo que me puxera
en función activa  con cara
maquinaria fabricada
polo home e muller,
máquina veloz  e perfecta,
cadeas de montaxe continuo,
home ou muller robotizados
e ser humano parado
por imperativo legal,
que agora despiden, libremente,
do seu posto de traballo imprescindible,
Automóbiles invendibles,
fonte do seu pan cotiá roubado,
a maquina preparada
e  unha longa serpente
negra e longa de ida e volta,
de esquerdas longas
e tortas dereitas .
Poucos vehículos circulaban, daquela,
polos longos espazos
comunicadores e comunicantes.
As agullas vermellas
indicaban
unha velocidade respetable,
o que facía que a miña
atención non se dispersara,
na paisaxe fermosa
con casas bonitas,
peculiares igrexas
vestidas de branco
pensamentos discordan des
da vida pura e dura,
que me apartaran
do centro da atención debida
Namentres escoitaba
aos canta autores da órbita catalá,
ao traveso dun pequeno
aparellos de música incrustado,
preto do cadro
de mandos do vehículo azul.
Grandes canta autores,
falo de cancións e música
dos pola beleza
dos seus cantos ateigaban

o habitáculo do vehículo,
nin grande nin pequecho,
nin caro nin barato,
unha máquina utilitaria
cunha estrutura forte
e debidamente deseñada
con rodas negras
a modo
de pes circulares
círculos negros
de forte caucho
Debo falar de Lluis Llach,
de Joan Manuel Serrat
e de María del Mar Bonet,
descendentes
de sabedoría
de Salvador  Espríu,
Joan Salvar Papassei,
Carles Riva.
Cantou Al vent,
en aquel Madrid,
afastado no tempo.
Pensei
naquel Raimón que coa
súas perfectas armas
de potente voz
e guitarra espida.
Atento miro á grande
serpente negra.
Vou avantando
de forma decisiva
e sen darme de conta,
deixei atrás á Area de Servizo
de Barcelos,
e lémbrome das ferías eternas
das Terras dos Galos vermellos
polícromos e negros  intensos
con crestes vermellas
de Barcelos.
Vila do Conde 
significan
lembranzas da nenez
cando iamos alí ,
mercar porcelana branca e azul,
branca o polícroma,
coa mía Tía Branca,
e a miña querida Mae.
Nuns segundos a vida retrocede,
e a lembranza
é unha vela branca que se ascende
e en cendo  pasado perdido
no tempo dos tempos.
Chego ao Porto,
xa diluído
na miña memoria de neno,
cando  ía co meu Tío Joao,
pola estrada nacional
nun pequeno BMW,
eu sentado á rente do meu tío.
Admiro a beleza diversa,
a arquitectura antiga
moderna e contemporánea.
O aspecto visual
da paisaxe concedida
e aló no fondo no máis baixo ser pentea,
un fermoso Río Douro tranquilo
que durme no sosego quedo  e tranquilo,
das súas augas quedas.
Barcas fermosas
a modo de  góndolas venecianas,
están amarradas
a un mundo tranquilo y sosegado.
Unha vez cruzada unha ponte
de nome indefinido,
para este que escribe, agora,
para min, turista ocasional,
vou camiño de Gaia.
Un saín fin  de diferentes direccións
e de serpentes negras,
me levan á Ponte do Infante.
Miro as fermosas casas multicolores,
a beiriña do Río Douro,
pequena casas moradas,
da xente homilde
que quizá ves habiten
o espazo
necesario para vivir,
có elemental  e necesario.
Pronto comézanse
a abrírseme os ollos moito
e asolagar,
de constante beleza as miñas
órbitas circulares moi  abertas
cun fondo azul ,
no centro de si mesmo,
aos diferentes
tipos de arquitectura.
As casas rebozadas
de constante beleza brillante
e polícroma
e as cores diferentes son  cor vivinte,
das súas fachadas
de ventanas grandes
e apertura de porta
do boas dimensións
a excepción
das casas pequenas
de fiestras pequenas
e a roupa pendurada
en fíos extensos e rectilíneos,
de materias alcanzable,
ao pesos grandes,
a secar  esa auga
que a fai máis pesada.
A roupa que deixase
levar pola liberdade
dun vento que eleva
o peso da roupa pendurada
e có vento érguense,
os diferentes prendas  de  vestir
eu diferentes materias
froito do eido téxtil,
de vestir e outras telas diferentes.
desde azulexos
castaños, amarelos ou azuis.
As casas amosan
os seu be llos vestidos.
As prazas fermosas
onde a xente fala cós demais
e vive  cós demais
de palabra acesas,
comentando a vida allea,
as miserias propias
e as dores
dos outros.
Veciños achegados
e brazos motivan tes,
que convidan á conversa viva,
conversa constante,
de asuntos sen importancia.
Un diario hablado
de mañá ou de serán
a vida segue.
e axitan e as linguas,
soben e baixan construíndo
comentarios
absurdos e importantes.
Conversan confidencias
ou noticias constantes
nun fermoso idioma portugués.
Atraveso a Avenida dos Liberta dores,
admirado pola beleza visible
e intacto
no Diario da palabra,
a Teoría da Communicación
e constante. As mulleres lugareñas
murmuran unha linguaxe disonante.
Métome no fondo Terra escura,
por un túnel fondo e negro
onde a luz cá seque non habita
xiro a dereita e xa estou
na Rúa do Rosario,
fixándome en casas diferentes
e numerosas
beira rúas pares e impares.
Un catei grande e de fondo amarelo
anuncia, Residencial Lusitana,
lugar que me acolle.
Doume a presentar
na recepción do Lusitana.
Todo fica en perfecta orde,
e me despido cun ata logo
seguro e contundente.
Dou un paseo lento
pola Rúa do Rosario
mais o rosario carece
ce contas mais ten números
dabondo. Un longa rúa
con casas de fermosos azulexos,
algunhas delas desertas
e outras habitadas polo esquezo
ou por una necesidade obrigada.
Non miro o local
do Gato Vadío,
aquel bonito lugar
onde a tenrura é doado.
No Gato Vadío,
podes escoitar poemas galegos,
ou a un portugués
cantando o Himno Galego,
ou escoitar a homes e mulleres
do Movemento 15 M,
afirmando que eles poden
ser unha ilusión futurista,
cunha filosofía xusta,
chea de esperanza e libertaria.
Unha exposición clara e concisa,
tomando a asemblea como base
e ramificando os que faceres diversos,
e distintas cores, como colectivos socias
diferentes, necesarios pero imprescindibles.
Unha marea branca para a Sanidade.
Unha marea verde para o Ensino,
e tantas cores diferentes
unha esperanza máis
a non permitir a inxustiza
ou a falla de liberdade.
O Gato Vadío,
a súa xente
e o seu público
permanece atento
a explicación de homes e mulleres
esperanzados que non pechan
a boca libertaria.
E a esperan reza ábrese,
coas palabras
dos compoñentes
do Movemento 15  M.
Pota do Sol de Madrid:
campamento completo urbano.
O 15 M, tomou a plaza.
Celébranse asembleas
ateigadas de verdade e coherencia,
e os espectadores curiosos,
espían o ambiente da Porto do Sol,
aquel lugar no que  no fin de ano,
madrileños e foráneos despiden
o ano rematado, cada ano vivido.
Adeus tempo e adeus parte de vida,
O Gato Vadío non se durme,
pero escoita constan mente,
Ábrese unha nova esperanza.
Una nova porta a liberdade
e queda inaugurada
neste  pequeno e agarimoso local,
onde falamos de liberdade continua.
O aplauso ben merecido
a complicidade existente,
o rematar un acto fermoso
cunha grande esperanza aberta.
                                                Miguel Dubois.



  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías