Archive for Marzo 2011
21 de MARZO; DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Posted 21/03/2011
on:A miña vida enteira, son moitos versos escritos.
A miña vida enteira, componse de longos poemas
E versos minúsculos máis pequenos
Que os puntos sobre as íes. O s meus versos
Están abertos enteiros a toda vida.
Están abertos aos soños inacabados,
Os meus versos enteiros son cachos de min mesmo,
Pequenas parcelas do que son, e do que
Desearía ser, sen medos ne cantos absurdos.
Un verso e outro verso fan a Cidade do Poema,
Un lugar máxico onde dabondo quenta,
Namentas o xílgaro canta en medio,
Dunha perdida sombra da veiga seca.
Un enxame de abellas zumbates
Deixan o seu mel dourado no seu lugar desexado.
Poemas e poemas, cantigas de lindos poemas,
Xurden da boca du cantor ceibe,
Namentras a guitarra española,
Arrinca un canto fondo te tristura máxica.
O poema delata o seu credo segredo da palabra.
O cantautor canta poemas de Miguel Hernández.
O cantautor lembra a Francisco de Quevedo,
Namentras un poeta delirante recita
A Walt Whitman. Ramiro do Sur
recita os poemas de X. L. Méndez Ferrín.
Todo é un mundo enteiro de poemas e poetas
Onde é un Mundo enteiro de promesas inacabadas
Ou de solucións firmes ao traveso da poética.
Poema firme e constante, cantador da Terra Amada
Amante da lingua galega fermosa.
Seguidor dos grandes escritores galegos,
Rosalía, Curros, Pondal, Luís Pimentel,
Manuel Leiras Pulpeira, Manoel Antonio,
Antón Avilés, Bernardino Graña,
Lorenzo Varela, Alvaro Cunqueiro,
Luis Seoane, Miguel González Garcés,
Manuel Lueiro Rey, Isaac Díaz Pardo,
Castelao, Alexandre Bóveda, Roberto Blanco Torres,
Helena Villar Janeiro, Xulio R. Valcarcel,
Xohana Torres, María Xosé Queizán,
Manuel María, Uxío Novoneyra, María Mariño
Manuel Cuña Novás, Darío Xohán Cabana,
E a poesía galega emerxe poderosa
Coma un bastión de belleza constante.
Nunca morre a poesía no paso temporal
Poetas diferentes, avante o tempo imparable
O poeta muda e sobreive o verso constante,
O canto irreparable a denuncia concreta,
A imparable voz do poeta valente,
E unha fonte incesante de poderío verbal.
No son palabras valeiras
E unha constante denuncia do ilóxico,
Nun mundo delirante de poder prepotente.
A voz da poesía é unha constante verdadeira.
O poeta rebélase ante o que atopa inxusto,
Dentro comportamento humano interesado.
Cumio do egoísmo concreto.
Desinterés total polos Dereitos Humáns,
Namentras o feble morre,
E o poderoso desequibra a balanza da xustiza.
O poeta puro e sinceiro non sabe mentir,
Namentras a verdade inquebrantable, érguese
Antre a violentación dos dereitos adquiridos,
De sócato, roubados, coma a carteira de cartos chéa.
Vinte e un de marzo de dous mil once,
Día Mundial da Poesía,
Un canto a verdade constante,
Un ha denuncia a inxustiza
Un delirio de soños constantes
Que coas miñas mans espidas
Toco cando o ar rozo, lenamente.
Miguel Duboi
TITA
Posted 20/03/2011
on:Tita esgotado tempo dunha vida vivida
Roubo precipidado dun destino indesexado
Lembranza constante perdida
Sucumbe a vida potente
Acude ao Illa do Misterio Constante,
límite de vida limitada,
Frnteira dos límtes vitais
Esgotadas as derradeiras ondas
Da praia da Lembranza,
Ledicias puras e concretas,
Escuma viva se sorriso fidel
Sorrisos habitados de encantos
Na face do teu semblante
De Tita de Chiqui
De Chiqui Tita
Dous sorrisos acesos
No Bar O Marino grovense
O Grove o alento e o desalento,
Infancias perdidadas
No mundo da lembranza constante.
Desalento e misterio cando adeus dixemos,
Misteriosas campás da Igrexa de San
Martiño, por ela tocan as tristes campás,
Un silencio frío acude ao ambente dooroso.
Paraouse todo. Todo ficou paralizado
Có frío dooroso que maltrata a ledicia,
Como habitar a ledicia se existe a door
tremenda. o foco escuro que non alumea
O miserena liguaxe da escurida
Como explicarse os desexos indesexados
Como habitar o que xa non existe,
Como darche un nome que non existes xa,
Acudo a memoria e estou contigo
E síntome contigo, estando sen ti.
pasado victorioso, habitante da memoria
Teu sorriso habita o presente
A túa ausencia non é completa e sumisa,
Repaso os longos camiños da memoria
Intensa, lus acesa do pasado
E ton habito naquelo que foi
E que xurde coma unha lembranza
Inesgotable, fonte do alento querido
Pasear pola memoria non é un luxo ocasional
E unha necesidade precisa
Querer a ti me xungue por obriga necesaria
Como cidadá do que foi e xa non é.
Habitas no meu interior
Como un lóstrego de lus constante
A lus de Tita sempre está acesa
Na nosa memoria, unha fonte constante
DE auga crara, un legado de auga limpa