Archive for Febreiro 2010
PAI
Posted 27/02/2010
on:Pontevedra, 27/02/10
Na memoria do meu Pai.
PAI
Pai querido pai, afastado e achegado
Querido, sempre, polo de antes
E polo de agora, sempre, Pai meu
Ausente da vida amada,
Arrincado polo tempo vivido
Foi aquel barco que marchou,
Por, sempre, dende o derradeiro
Peiaro de pedra; bágoas caíanme
Faciana baixa, bágoa fría,
Cabeza caída, laio
E pensamento difuso
Saquei do pucho longo e estreito
Un pano branco, díxenche,
Adeus meu Pai, e chorei
Coma a choiva, saia, sen parar,
Dos meus ollos vermellos,
Cansos do continuo pranto.
Chámame, sempre, a túa eterna
Lembranza, intres ledos ou
A dureza do vivido contigo,
Aquela vida doente
Quitando o proveito debido,
Da ledicia marvillosa
E da dor tremenda
E voltar a sorrir cando merece.
Pai, que habitas no meu corazón
Fondo interior, onde agáchese
Un sentimento fondo
Neste pequeno lugar segredo
Onde a memoria non morre,
Vexo a túa figura a teu sorriso
Grande tinas
As túas ganas de silenciar
A dor que remataba cós intres ledos
Ausencia grande, ausencia de tí
Dor da inexistancia, non estás
Da feito físico, mais estás conmigo
Lei da vida, dor que queima lento
Momentos para pensar dabondo
En ti, Pai, nos teus boms intres,
Na túa forma de querer, constante
No bom exemplo dado
Que quixécheme agasallar,
Habito nas túas lembranzas
Vida pasada que non morre.
Canto agarimo décheme
De neno e grande, sempre.
Soubeche afrontar a dureza
E o sofrimento con valentía.
Pai, aínda lémbrome de tí,
Cando eu era un cativo fraco
De cabelo loiro cáseque branco
Deciamos, cando era un meniño
La petite bete, qui monte et monte,
A pequena mosca que sobía e sobía
E faciásme corochas na miña fraca
Barriga plana e branquiña dabondo.
Por outra banda, meu Pai
Que bonito era escoitar o bruar
Do vento forte na finca achegada
O son constante dos pinos grandes
E fantásticos eucaliptos,
Insolentes e dobrados
Sombras nocturnas
Pola fortaleza dun Sur invernal
Eu metidillo na pequena camiña
Camastro insignificante
Neno pequeniño, pouquiña cousa,
A quen chamabamos a cama turca
Namentras ti coidabas,
Agarimosamente.
Un cadeliño boxer chato
E de naris negra
Ao que chamáche Rons.
As túas viaxes polas estradas
Afastadas do progreso futuro.
A túa paciencia considerable
O teu enfado explosivo
Unha bomba emocional
Que non facía mal.
E así Pai querido a vida
Foi pasando, como se nada
Pasara, por eso a fonte
Histórica dunha memoria personal
É algo, que marchará,
Cando a hora me chame
E así pódese decir
Que uns están de necemento
Outras van facer
A súa derradeira viaxe.
Punto de saída, quen sabe
Rumbo ao descoñecido
LUA DE AUGA
Posted 24/02/2010
on:Pontevedra, ao 24 de febreiro de 2010
A vida enteira,
A vida vivida con fincapé
É o resultado do tempo actual.
É a lecidia decadente.
É a verdade disfrazada,
De mentiras continuas,
E falsas mesaxes inchorentes.
A vida é unha lúa chea
Chéa de auga limpa,
Que pendura na fermosura
Do ceo craro no verán cálido,
Mais, agora, cae a choiva pesada
Con forza inusitada.
Anéganse os campos desolados,
Anéganse as casas
Con habitantes de auga turbia.
Que é a vida sen a chama da ledicia.
Que é a vida se non encho o meu valeiro.
Que é a vida sen un simple soriso azul.
Que é a vida sen a forza do vento ceibo.
Habito para vivir, na integridade.
Habito para vivir, a vida enteira.
Habito para encher o pensamento valeiro.
Que vou facer sen teu bafo puro e quente.
A quen chamarei, no valeiro absoluto.
De que xeito bicaría a quen non podo.
Habito o mundo e deshabito a nada.
Encho cuncas de esperanza líquida.
Supero a dor inútil que aturde.
Quero sentir a quentura da túa pel,
Quixera ser ceibo coma un paxaro amarelo.
Quixera curar a ferida sandante.
Escádalo mentireiro e delirante.
Quixera na noitiña quentar,
Miñas mans marcadas
Polo paso do tempo,
Na fogueira aberta
De lapas amarelas e azuis.
Na vida, reatoparme no curso normal do Seu desenrolo aprendendo a vivir
Conmigo eu mesmo e no mundo social.
Respirar a fondo e soltar ar dabondo.
Habitar para sentir e vivir,
A delicadeza do presente
De indicativo do verbo amar.
Que faría, valeiro de amor,
Valeiro é o que paréceme
Non sentir, ser e non estar.
Valeiro é sentir o desasosego,
Valeiro é unha voz feble
Cáseque imperceptible,
Unha voz que quere arrincar
E non pode, voce valiera
Valeiro é negar o que eres,
Que acontecemento
Máis fermoso é recoñecer
O que eres e non soñar
Na falsedade de querer ser
O que non eres.
Encher espazos perdidos,
Escribir longas liñas
Dun caderno de tapas azuis.
Da vida é xusto encher de amor
O corazón frío.
Supón un acto de gratitude plena
Convertir a tistura e beleza.
Que grato significa
Admitir o que me toca
Para o ben ou para un mal.
Non me agacho nos recunchos
Das rúas perdidas do silencio.
Dou a cara, forte e valente,
Porque non sou máis que eu,
Un máis, por sorte na vida enteira,
No pasar dos tempos amados ou rexeitados.
A lúa de auga crara está chea, ao tope,
A lúa chora de amargura,
Sóa fica a lúa no curso da noite
Cae sobre a Terra cantidades
Imnensas de tan preciado líquido.
Auga limpa que das vida,
Vento que enerxía das,
As veces, coa túa forza extraordinaria
Derrubas arbres fermosas,
Arrincas as amarras dun barco precioso
Poderoso Eolo, forza inusitada
No día de hoxe, vento delirante,
Brúa o vento tremendo
Arrinca e destrúe,
Coma un destructor aéreo.
O día complícase é o río sae do seu cauce. Campos asulagadas,
Medos, berros, alertas, sereas
Mais sempre queda a esperanza
Que non será o derradeiro ciclón.
A Natureza non perdoa
Nametras en Chile, tremeu a terra
Fortemente provocando
O pánico debido.
Andalucía asulagada,
A Meseta nevada
Galicia en alerta: ciclón forte.
Porto Príncipe ficou
Convertida na miseria máis tremenda
Que nos tempos pasados
Ateigados de abusos políticos.
O home derruba a outro home,
Polo abuso dictatorial,
E o seres humanos somos febles
Ante monstruos políticos
Que antoxánse nas Xefaturas dos Estados.
Cantas vidas, inutilemente perdidas,
Canta dor acumulada
Nas fábricas da dor.
A miudo, pregúntome:
Que doado sería todo,
Se cada zapato encaixara
No seu pé correspondente,
Mais, non sei porque,
Non coiicide o número có pé
Ou o pé está inchado, de máis
E o zapato non entra no pé
Se non existe un problema concreto
Créamolo,e entón xa existe
Motivo de polémica absurda.
Insultos desalentadores,
Inútil exemplo público,
Picaresca política,
Linguaxe soez
Mentira delirante,
Política decadente,
Poderes públicos corruptos,
Mentiras políticas
E a verdade é un sono inacado.
Mais o ego absurdo,
Fai acto de presencia mediática.
Os xuices peléxanse entre eles
Creando un estado de xusticia inxusta.
Que será a palabra verdade
Quien predica a palabra solidaridade,
Solidariedade esquencida,
Agora chamada pantasma aparente,
Delirio da verdade en crise continúa.
DUBLÍN E OS ESCRITORES
Posted 16/02/2010
on:Pontevedra, ó 16 de febreiro de 2010.
DUBLÍN E OS ESCRITORES
I
I
En Gaélico Dublín é chamado
Baile Átha Cliath
Poboación do Vado de Cañizo,
Capital de Irlanda.
O amor enteiro,
É como un barco máxico e lineal
Que ven do Oceáno Atlántico,
Camiño de Dublín,
Polo Río Liffey, liña divisoria urbana
Atravesa pontes con fermosas arcadas.
Atravesa ao mundo da memoria pasada,
A historia dunha cidade enteira
Habitada na carencia
E no luxo constante
Dunha vanidade despiadada
Non arrumada no esquenzo do
Dublín pasado e non pechado
Aos que o esquenzo que pervive
No nome de Michael Collins,
Na Primaveira de Pasuca
East Rising do 1916,
Agora nemigo e asasinado
Pola separación.
Comeza a liberación irlandesa
Un día aliado de Edmond de Valera,
Michael Collins, nemigo
Primero Presidente de Irlanda,
De Valera
Camiño da liberación
Da liberdade asoballada
Que soportaba a Irlanda colonizada
Polo British Empire.
Naquelos tempos de James Joyce,
Desafiante e atrevido ferinte de verba
Escandalizador de escritos
Supostamente perversos
Escritor perfecto e sublime
Rachador de normas literarias
Convencionais e de espíritu rebelde.
Estudante e alumno dos xesuitas
Posteriormente recriminador
Do mundo cristiá.
Bebedor considerable
Coñecedor do sabor da negra Güinnnes,
Brevery de Saint James, Dublín,
Fábrica do negro líquido elemento.
En Dublín sometido.
En Dublín abriu, Joyce camiños
A Triestre, París, Roma,
Zurich, coñecendo eiquí
A Carl Jung. A infirmidade
Da súa nena a dor e a realidade.
A consulta con Jung,
O duro diagnóstica de Jung
Da infirmidade de Lucía.
Eran tempos de coñecer
Ao norteamericá
Ezra Pound,
Simpatizante do feixismo italiano
Atrapado nun campo de castigo
Naquela Italia absurda.
Engailodo ao ar libre
Nunha gaiola de castigo,
Coma un animal máis.
Sociedade dublinesa daquela
De luxo victoriano
De alta sociedade,
Do luxo e da miseria.
Cidade na que vivíu
Oscar Wilde de nai escritora
E espíritu dominante,
Casado dúas veces.
Posteriormente coñecerá a
Lord Alfred Douglas
(Bosie)
Fillo do Marqués de Queenbery
Escribirá na prisión de Reading
De Profundis
Un canto dirixigido a Bosi
Amante de Wilde.
Perseguido polo Marqués de Quenberry,
Pay de Bosi
Será condeado a prisión
A traballos forzados
Rexeitado pola socidade inglesa
De aquel entón,
Vese na obriga de exiliarse
A Francia.
Morrerá en París carregado de carencias
Froito da miseria, atentido
Poolos seus amigos.
Deixa este mundo
Que lle foi a Wilde da Gloria absoluta
Ao esqunzo miserable e hipócrita.
Durme, constantemente
E por sempre, no cimenterio parisino
De Le Pére Lachaise
Onde descansan, tamén,
Jim Morrisson,
Ou Edith Piaf,
J’e nes regréte rien, rien de rien,
Ou tantas almás descoñecidas
Ou anónimos veciños.
Da popularidade absoluta
Destes persoeiros marcados
Polas súas vidas contradictorias
E as súas mortes choradas,
Polos seguidores da literatura universal
E da música mundial
II
JOYCE
Perfecto coñecedor de Dublín,
Hastiado, ao mesmo tempo,
Da Capital de Irlanda,
Ou das teoría de W. B. Yeats,
Que compartía con Lady Gregory
Augusta, ben coñecida na cidade
Do Oeste de Irlanda, chamada
Galway. Aquel Galway do que
Fora filla da cidade Sarah Bernacle
Actriz e compañeira
De James Joyce, Premio Nobel,
Para ben dun escritor revolucionario,
Da sociedade de entón, o creador
De Ulisses
Escandalizaría á propia
Virginia Wolf
Por enriba e por debaixo
A destra e a sinistra
E subía o amor máxico
A bordo dunha embarcación preciosa
Pintada de branco intenso,
A negrura por enrriba do río Liffey,
Dub Linn, Lagoa Negra,
Derivado Hiberno-Normando
Cuberta no ano de 1770,
Situada denantes do Río Liffey,
A Grande Área, xunto coa
Cidade de Dublín
E o Consello,
É cós Condados contiguos
De Meath, Kildare Wicklow
Lagóa Negra daquela
E agora Park Dubn Linn Gardens
Parte de atrás do Dublin Castle.
Pérdome na dozura daquela cidade
Pérdome no descanso tranquilo
No Saint Stephen Green Park,
Onde deixaron mancado a Joyce
Miro pasar a dublineses en carne e oso
E de persoeiros construidos por Joyce
De pel crara e cabelo loiro,
A interculturalidade, agora
É un fenómeno global,
Riadas de seres humanos
De distintos razas e cores
Percorren Grafton Street.
Érgue inmenso monolito
En Phoenix Park.
Nos lugares oficiais,
Colga de xeito central,
Unha bandeira verde, branca
E laranxa de en senso vertical,
De caída das tre cores.
Laranxa derradeiro,
Pola Orde de Oranxe.
Dubín no é unha lembranza
Inútil e inacabada.
E vida en movemento,
Os double decker de cores
Autibuses de dous pisos
Rechamantes cheos de turistas planetarios.
Os coches que esperan.
O cambio dun semáforo torpe, lento
E imposible, que non vai
Nen para atrás ou para avante.
Miro o meu reloxo, contador de tempos
Eternos do macemnto até o da agora
É parece que permanecen estáticas
As agullas móviles e lentas.
O semáforo segue en vermello,
Esparamos e non arrancamos,
Vestímonos de paciencia pura,
Nametras os minutos longos
Son un castigo civilizado,
Unha norma circulatoria,
A circulación automovilística
Parada. Ninguén móvese,
Stpot absoluto e decadente
E de súpeto todos arrancamos
En liñas longas en liñas paralelas.
O día en Dublín,. abofé,
Está soleado e fermoso
A lus do enorme astro
Fai máis bela a cidade cosmpolita
Os edificios parecen máis belos e grandes.
Os xardíns máis verdes
E as flores, perfectamente, coridas.
Por milagre hoxe o ceu amplo dublinés,
Non esta dun gris chumbo
Que, a míudo, habita,
No ceu da Capital de Irlanda.
Segue pasando o tempo irrematable
Polo Dublín ceibo.
Miguel Dubois.
PEQUENA HOMAXE A CARUMA
Posted 10/02/2010
on:Pontevedra. ó 10 de febreiro de 2010.
Meu pequeno homaxe a
CARUMA, músicos e cantantes
do Folke Galego
Pensaba eu, na maxia de vivir tranquilo,
No sentimento ledo e costante,
De agarimarme có son da música fermosa.
Camiñando polos camiños cotíás,
Do estar e ser, a veces, sen estar,
Escoitaba o soave son dunha fraute doce,
Delicada e estimada que apretaban
Os beizos finos dunha persoa a quen coñezo.
No fondo do son craro,
Medraba unha fonte de propulsión máxica.
Cós sons agudos e lindos,
Perdinme no son dunha frauta doce,
Que decoraba, constantemente,
Os camiños dos sons.
Entón eu parecía que estaba a soñar
Parecía que non vivía
Que a frauta doce e soave
Enfeitizárame coma a un neno pequeno.
Concentreimo, máis, ao fondo do sons
E de sácato un marvilloso acordeón
De son perfecto engadía
As cantigas fermosas un ar bohemio bonaarense.
E a cantante solista dicía que mecesitaba
Ar limpo para respirar. nanentras ela cantaba
Os instrumentos soaban perfectamente.
Laíabase polo castigo da rutina constante
E dicía caer no solpor estúpido
Dunha vida mecanizada, pola rutina robótica.
Entón os tambores laiábande fortemente,
A modo de protesta dun magnífico batería.
Os coros de xeito exacto,
Acompaban a voz de muller solista,
Que un día quería estar soia
E ao areal marchar, por sempre.
Guitarrista cálido, cordas fortes
Son delicado. O conxunto perfecto
Marchaba a son de voces e instrumentos.
Púdenme sentir fermosamante ateigo
Dunha beleza particular.
Puden disfrutar dos vosos sons peculiares
Das vosas vosas ceives e potentes.
Porque que farei, como deciades vós
Cando ti non estás aquí.
Eídeme de consumir sen o teu amor quentiño
E de sentir a dor do frío que chama
No mundo do desamor.
E cando entro no meu pequeno coche
Encho coa vosa música deliciosa
O habitáculo, tamén, pequeno,
Mais non vou só,
Afástome da tristura doroso
E me afundo coa vosa linda música,
Deliciosos CARUMA.
Traballadores do Folke Galego,
Norabóa, por sempre.
Miguel Dubois
LIBERDADE DE VENTOS
Posted 01/02/2010
on:Terras de Marín, 1 de febreiro de 2010.
LIBERDADE DE VENTOS.
Visión crara do arte de amar fondo,
Fondo amo ao límite constante.
Constantemente espido ó arte de amar,
Amar é a vida con quentura tenra
Tenra habita nos nosos corazóns quentes,
Quentura que fai feliz, ao ser humano abandoado,
Abandoado atópome ao tope de tódolos topes,
Topes, límites, muros outos ou longos valados,
Valados que non existen no meu interior morno,
Mormo é o líquido branco,
Branco da leite da vaca branca,
Branca escuma dunha onda perdida.
Perda no cumio da escume branca,
Brancos son os ronseles longos,
Longos barcos que navegan polo mundo mariño,
Mariño ou mariñeiro, oficios ou mariñeiros,
Mariñeiros os pensamentos habitánme,
Habitánme en faros outos,
Outos alumeadores, avisadores, de roitas e perigros.
Perigros van deixando a babor e a estribor,
Estribor, rumbo a dereita,
Dereita vai o barco veleiro belo,
Belo da liña de frotación,
Frotación da beleza navegante,
Navegante de mares afastados,
Afastados do mundo civilizado,
Civilizado navengante,
Nanvegante de vidas e mares de azuis corais,
Corai dun fondo fermoso,
Fermosura ilimitada,
Ilimitada beleza física,
Fisicamente perfecta,
Perfecta na transmisión da verba presente,
Presente ausente de pasado choroso,
Choroso vivo na lembraza,
Lembranza sen límites nen obxetivos,
Obxetivo é vivir para vivir,
Vivir o paso do día luminoso,
Luminoso significa un corazón aceso,
Aceso de soños inacabados,
Inacabado atópome no medio do espazo libre,
Liberdade atopo nos ventos fermosos,
Fermoso Norte,
Norte deliberado e querido,
Querido é o vento que acariñáme,
Acaríñame vento ventiño Norte,
O Norte enfrente dos meus ollos; quero mirar,
Mirar a senda que xa pisei no mundo pasado,
Pasado que habitas no meu corazón,
Corazón hábito é refuxio de ser quen son,
Son a camiñante constante,
Constante paso forte,
Forte situacón vivida,
Vivida oas límites constantes sometidos,
Sometidos as palabras valeiras,
Valeiros corazóns da inxustiza pervesa,
Perversión do arte do desamor.
Desamor que mata e fire,
Fire a perversión de fabricas falsas carecias,
Carencia enteira, sufrimento perfecto,
Perfecto agasallo inútil do desamor,
Non concibo o mundo da carencia afectiva,
Afectiva é a man que me dás a miña man,
Man con mans, afecto, e amor constante.
Miguel Dubois