Caderno de apuntes de PepeR

Archive for Novembro 2010

Todo vai ficando en silencio triste e desesperante.

A man doce que agarimaba as meixelas doces

Non se move. A súa quietude inquieta

A súa faciana branca coma neve en invernia,

Seus lentes negros, rectangulares e grandes.

Somentes ficarán nos retratos,

E nas fotografía de cor e branco e negro,

Dun pasado forte e constante e combativo

A prol na nosa querida literatura

A prol da nosa maltrada lingua galega.

Libros e libros e máis libros, editorías

Institucóns ou Fundacións

Ciñecemento absoluto do noso, tan noso e particular.

Aquel dirixente de Galaxia

Naquel entrechán da Rúa Reconquista número 1

Daquel Vigo extraño e gris,

Namentras na beirarúa da fronte

Naquel edicio de Correos

Traballa meu profesor

E gran escritor Eduardo Moreiras,

Meu amigo da gratitude

A que O Courel chamáballe,

A Fundación Penzol,

Pertiño daquela Droguería Sanchón,

Ateigada do exotismo do perfume perfecto

Na Rúa de Policarpo Sanz,

Na Fronte o inmenso Teatro García Barbón.

A onde os frades levábannos

A mirar Marciliño Pan e Viño.

Subín as escadas que ía de cara

A Fundación Penzol.

Abreume a porta antiga, sorpresivamente

Con cara interrogativa,

E pregúntandose que será este mozo atrevido.

Expliqueille que buscaba a X. L. Méndez Ferrín.

Un indudable cara de sospeita

Foi a espresión do seu rostro pálido.

Seu cabelo ben peiteado estaba branco

Coma de fora a neve fría lucence

De Vilanova de Lourenzá

Lugar no seo nacemento

Trece anos desposs do comezo do século vinte.

Espetóume un interrogante

Que foi paras aos vidros das fiestras altas e antigas.

Díxelle que queriálle entregar uns poemas meus.

Don Francico Fernandez del Riego,

Asegurado da miña petición,

Pronunciou nomes de lugares e locales humildes,

Lugares de viños e tazas,

Lugares para tertulias definidas

Que comezaban e nuncan rematan

Construíndo mundos reais ou irreais

Realidades, quimeras ou soños sen rematar,

Que pouco constaban de levar a cabo.

Imos construíndo a nosa vida enteira,

Con esforzo e sacrificio

Mais un día, sen querelo,

Cáense os libros ao chan frío

E abandonaremos o mundo da vida quente.

Solo ficará a nosa lembranza

Un retrato abstracto e indefinido,

Eo noso espíritu que vóa polo ar flebe,

Coma unha pantasma indefinible,

Coñeceros, sen sentilo, o mundo frío e distante,

Deixando atrás un vida ateigada de forza constante

Porén digo  Don Francisco Fernández del Riego,

Presidente da Real Academia Galego,

No ano de mil novecentos e sesenta,

Descanse vosteñe Don Francisco,

Por tódolos séculos dos séculos enteiros,

Estraordinaio home,

Loitador incansable da Cultura de Galicia.

Descanse Don Francisco.

Miguel  Dubois

Advertisement


  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías