Archive for Xuño 2009
Inferno e amor
Posted 27/06/2009
on:Pontevedra, ao 27 de xuño de 2009
INFERNO e AMOR.
I
Pasamos polo mundo, disfrutamos, sufrimos
E unha vez concluído o tempo permitido,
Agotada a nosa existencia,
Facemos un longo descanso,
Que din que xamáis remata,
Sen saber como é ese mundo descoñecido,
Din que é o suposto Paradiso, para uns,
E para outros un inferno eterno,
Quedando no punto intermedio,
O Purgatorio, lugar onde as almas se modifican,
Para subir a Estado de Paz Constante.
Parece como algo similar a Divina Comedia
De Dante, libro intrigante,
Creando paixases de estranas criaturas
E seres atormententados,
Por mor do castigo recibido,
Por ser cidadáns malos que foran,
Daquela seres humanos.
II
Namentres eiquí estamos,
Procuramos vivir unha existencia leda,
Afastada da perversión e do delito negro verbal.
O discurso da falsa palabra,
Ou mentira querida,
Trabuca todo discurso lóxico e coherente.
A verdade constante que fala clara,
Convírtese en todo aquelo,
Falsamente chamado,
O que non se quer escoitar.
Aquelo que é certo,
Pero o que escoita dí que é un mentira máis.
Negar o certo e verdadeiro,
No tempo que corre,
Parece algo que entra dentro da norma.
Se eu che digo: canto che quero, meu amor!
Terás que facer longas probas complicadas,
Para saber se a tan fermoso frase,
É unha realidade vital.
De quen te podes fíar?
O amor é unha fonte continúa,
De continúa entrega,
De darme enteiro a tí,
De mirarte na máis explendida beleza.
O amor puro é o desinterese constante,
O amor vivido é ser, totalmente, homilde,
Non che pido nada, e dame o que me poidas dar,
Douche enteiro meu corpo cansado
Polo trasego da vida,
Douche o meu doce sorriso,
Douche a parte espiritual do meu ser.
Non compredo a carencia do amor sublime,
Non podo odior, por mor que me odiaría a min mesmo.
Estou contigo na lentitude da tarde seréa,
E antes da noitiña, miramós un seran lene,
Sen prexuizos ferintes.
O Sol cansado quere deitarse,
Os dous sentados nun poio duro,
A rente da praia Atlántica
De aréa color canela clara,
Imos mirando o Ponente fermoso,
Ponse a gran esfera vermella.
Os dous amarrados a beleza da paisaxe marítima,
Me dis: que fermoso é vivir tranquila,
Meu amor querido.
Eu miránche a tí con xesto torme, digo:
Si meu amor.
Miguel Dubois
Homaxe a Vicente Ferrer
Posted 21/06/2009
on:Pontevedra ao 21 de xuño de 2009
PEQUENA HOMAXE PÓSTUMA,A VICENTE FERRER.
Resulta fermoso e gratificante
O feito de dar por desinterese,
Non pedía ren á cambio.
Amaba integramente aos seus semmellante,
Habitantes dun país ateigado de inxusta miseria,
Mais el tiña o sonriso perfecto
Para cada ser necesitado.
Non resulta doado,
Erguer os espíritus tristes,
Dóa seu ser aos necesitados.
Soubo amar no máis fondo de si mesmo,
Namentras parte do Globo Terráqueo,
Desentendíase, como é hábito,
Da necesidade allea.
Están de nós afastados
E nos somos unha economía forte,
Que amosamos o noso descontento
Ao mínima esixencia non cumplida.
Pero él con toda a súa fotaleza íntegra,
Soubo quitalos da máis bárbara miseria.
Foi expulsado do país do branco marfil
E dos maravillosos templos,
Por axudar a seres necesitados,
Por mor dos enganadores dos pobres,
Que querían deixar de ser.
A vileza satánica quería facer máis difícil,
Afastarse da superviveza cotiá.
Protestaron os negociantes da miseria,
El tivo que deixar á xente amada.
Resulto fermoso engadir e dar,
Loitar pola ialma alléa,
Polo feito de facer o ben máximo,
A túa fonda entrega,
Aos seres débiles que necesitan
Ser, fondamente amados,
No seu ser íntegro e perfecto.
Decer Terceiro Mundo,
É un vulgar insulto.
Necesitan tanto amor coma nós.
Que é o que nós non temos?
Que laio absurdo inventaremos?
Axudar, dignifica a túa persóa.
Queixarse innecesariamente,
E un vulgar insulto ao próximo.
Eu, desexo, o teu eterno descanso,
Somentes soubeches pensar
No ser incomplento,
O mundo da tristura,
E do amor necesitado.
Miguel Dubois.
Xa temos dabondo
Posted 20/06/2009
on:Sábado, Xuño 20, 2009
XA TEMOS DABONDO
Non valeu para nada a Técnica repugnante,
Do xa coñecido asasinato Brutal e espantoso
De mañá ía de cara ao centro
De traballo cotiá, coma Un cidadán máis ,
O pan noso de cada día.
De cando en cando,
Rematan co dereito a Vivir, o máis femoso,
De feito digno e Democráta,
Coma o acto cobarde,
Non eles non están a Vista.
Agachánse e acenden
O tremendo artefacto
Mortal.
Importánlle matar?
Decen querer o seu pais,
Máis ese é o pretexto
Do horrendo crime,
Cunha bomba cáseque
Debaixo do conductor.
Xa pasaron aqueles Tempos Afastados daquela,
Daquel Movemento
De Libreción Nacional
Da Euskadi.
O pobo vasco rexeita
O Terror das bombas
E armas tremendas.
O pobo vasco quer
Vivir en Paz,
Na Paz da que deben
Ser merecedores.
Tristemente matan
Por algo que non resulta posible, e nós
Xa estamos cansos do Imposible. Armonía Necesitamos
E respeto mútuo.
O odio crecente ou decrecente é un Fenómeno demasiado Perigoso que remata
No furibundo asanitato inútil,
Por enrriba de calquera
Ideoloxía está o Respecto a calquera ser Humano, o máis Maravilloso do Mundo É vida en movemento.
As bandeiras son nada Máis que símbolos, que Nos días de vento, Asemellan fermosas.
O ser humano necesita, Sempre, amar, e xamáis Odio perverso e fatal
Qeremos que se nos Intrege a todos,
No núcleo social.
A linguaxe das perversas armas,
Nunha sociedade Democrática, carece de calquera senso lóxico.
A democracia plural é
Para cada cidadán,
Un dereito fundamental
Único e indivisible
Máis non podemos engadir aos que asasinan
Sen o máis mínimo pudor Ou vergoña.
Eduardo Puello ía
A súa laboura,
Pero non importóuvos Nada de nada.
Tiñades que asasinalo.
Nada os importou Francisca a súa Desconsolada Dona
e a súa dor tremenda,
As tremendas bágoas,
E un atroz sufrimento
De perder ao seu Compañeiro, cedo de Mañá, nun dazanove de Xuño de dous mil nove,
Ferida, nes os fillos.
Non ía convosco
Pregunto: que sentides No voso cor?
A forza de odio Desconsiderado,
E rigor da traición e Asasinato aos vascos,
Sen nengún tipo de Sentido humano e Solidario, somentes, me Podedes decir que vós Non queredes ao vos País? Vós caedes, Demasiado baixo.
Na escada do Comportamento humano.
Vós non liberades nada,
Vós asanidades sen aviso. Vós non sodes, para Nada, os donos do voso Pobo e vós asaninades
Aos vosos semellantes.
Que sentides cando Disparades, ou cando Activades os artefactos Mortífeos? Placer, ou odio?
Miguel Dubois
Amor en San Xoán
Posted 20/06/2009
on:Pontevedra, ao 20 de xuño de 2009
AMOR EN SAN XOÁN
Como explicarche o senso interno,
Dete amor enteiro que me ateiga,
Xa non sinto un absurdo medo,
Que quebrántame o paz interna,
Acedo, sen piedade nen omisión,
Ao fondo interno do teu lindo sorriso.
Non penas, de favor,
Sorrisos acesos dabondo quixer,
Non quero ser paxaro ferido
Dunha guerra inútil.
Verte a ti, enteira como eres,
Ver a fronte constande de ledicia,
Que comimigo compartes,
Significa para min, o feito de vivir contento.
As veces, cando durmes, fondamente,
Mírote atento e devagar,
Escoito o teu respirar fondo,
E non soño que estou de ti afastado.
Amar canto ti me digas,
Fuxir da dor dura e dos queixumes,
E crear o noso mundo placenteiro.
Amar, día a día, cun senso fondo
Interior de resucitar o tempo perdido,
Ou aquel soño incumplido.
Síntome ledo coa mirada fixa
Na beleza que non asfisia e enamora.
A vida carece de sentido,
Se non queres amar, de vagar,
Como estímulo vital a beleza interior.
Non ten senso a linguaxe inadecuada,
Hai palabras acabadas,
Que algúen, inútilmente,
Fai uso delas.
Ama a beleza enteira,
Ama ao ser amado,
Ama a vida enteira,
Ama os intres delicados,
As postas dun sol vermello e forte,
A Natureza está viva,
E cando a lúa saia,e as estrelillas cintileantes,
Sexan as súas compañeiras nouturnas
Observa a beleza do mar prateado
Que reflexa
A fermosa lúa de verán.
Ama, sempre, para seres amado,
Todo será máis doado,
Espantamos os sinistros verbais
E os queixumes lentos,
Das árbores escuras.
Dame máis vida,
Dame o xeito de vivir con xeito,
Dame senso a miña existencia.
En cada lugar senlleiro,
Hai un gran espazo para amar.
Queimamos a paixón correspondente,
Damos senso ao vivir enteiro,
E non perdemos o tempo para deixarnos de amar.
O amor ten unha dimensión fonda,
Que me fae achegarme aos demáis,
No que o sacrificio é recompensado
Co verbo amar.
Todo ten o correcto senso,
Senso para o amor,
Para esquencer calquera tipo
De doenza social como o odio o xenreira.
Vivo na paz miña interior,
Por eso son home feliz,
Que afronta o perigo
Coa valentía correspondente.
Que ben me sinto a túa beiriña
Trasparente o meu espírtu,
Porque nada teño que agacharte.
Son a fogueira acesa
Bela e fermosa con lapas azúis e amarelas,
Meu amor son a fogueira viva,
Son o lume en movemento,
A noite está fermosa
E a túa rente todo afáiseme máis cálido.
A ti achégome docemente,
Que bonita é estar a túa rentiña.
Mira a lúa chea nesta Noite Fermosa.
A paisaxe pinta diversas cacharelas,
A xente canta e bebe viño,
San Xoan a Noite noitiña,
A Noite de san Xoan,
Comeza o verán querido,
Deséxovos a todos e todas vós,
Moita felicidade intensa,
Que déan sentido o verbo amar,
Por sempre.
Miguel Dubois.
Crise
Posted 16/06/2009
on:Pontevedra, ao 16 de xuño de 2009
CRISE
O tempo medra e non para de facelo.
Construe horas perdidas,
Momentos de delicia intensa,
E anos pasados mecánicamente,
A feito de reloxo imparable,
E, as veces, voto a vista ao mundo pasado
E digo: de que xeito desfixeron o muro de Berlín.
Facendo unda cidade sen muros separadores de ideolóxías
diferentes.
E, as veces, miro con que forza morreron
Os Paisés da Órbita Soviética.
E pouco tempo aquela Europa distante,
Decidiu integrarse no mundo consumista occidental.
O mundo era unha absurda división,
Que non deixaba vivir a libertade merecente
Ao o home ou muller privado de libertade.
Todo un aparato policial político,
Quebraba o senso ceibo dun home engailado.
Mais parece que foi non hai moito.
Supoño que de algo valería chamar ao Mundo Ceibo,
Pero aquel mundo occidental
Sería ceibo dabondo?
Non estaría suxento a lei do mercado inxusto,
No que o pobre sempre era un pobre máis,
Namentras os facedores de cartos doados,
Crearon os imperios de paradisos ficales.
Chegamos a onde, digo eu,
Chegamos a crise convulsiva de cartos dabondo.
As arcas minoritarias enchían dabondo
Os cartos da susodita desaparecíón monetaria.
Mais no fondo todo significa unha fonda confusión,
Unha mentira constante e un desamor continuo e perverso.
E no nome dun pobo que se insulta por mor
Dos interesas partidistas.
Sexa todo polo egoísmo personal, Mágoa!
Pola coitelada traidora cravada no meio das costas espidas.
E o absuro mundo especulativo medra,
E o que é a íntegra verdade convírtese
Nuha mentira de segunda, contundente e fructífuro.
Mundo de o marketing perfecto de enganos dabondo.
E van facendo de nós uns seres dominados
Polo feito de consumir por consumir,
Por mor dunha política publicitaria indebida.
Nós, coma cadeliños perversos
Obedecemos á orde constante e demoledara
De marcas perfectas que os medios
Abren camiño de forma certeira e precisa.
E o Norte afíxose Sul,
O Leste o Oeste,
E a palabra un sí ou non,
Máis de certo hipócrita e ventaxista.
O Mundo quer ser Mundo mais non pode
Porque o egoísmo constante
O mundo do revés
Posted 07/06/2009
on:Pontevedra, ó 7 xuno 2009.
O MUNDO DO REVÉS
Permítime escoitar
quedamente,
A auga crara,
trasparente,
E limpa dos regatos
continúas
Fontes sonoras de placer.
Palpo nas miñas torpes
mans,
Unha efervescente fonte
De enerxía continua.
Afástome do mundo
insensible
E doto meu ser,
Dunha fonte inagotable,
De esperanza
permanente.
Son eu, o que eu son,
Sen lerías constantes
Nen falsos devaneos.
Aparto silenzos absurdos
Que debería falar
dabondo.
Pido habitar co cumio da
paz
Onde non existen,
As guerras que nunca
Deberon existir.
Tremenda torpeza humá,
Queixume forte
Do ferido corpo,
Último laio mortal,
Na fronte da mortal
Bomba cargada
De morte continua.
Habito en min,
Para quererche forte
E inmenso, para amarnos,
Na imensidade dun eido
Verde cargado de amor
Maduro, cargado de
tenrrura, habitada
De silenzos continuos
Por mor de acariñar
A túa longas túas costas,
Deserto da pel espida,
Acariño lento e soave,
E ti sentes lenemente,
O meu deber de
acariñarte.
Penso que estamos eiquí,
Froito do esforzo tido,
A vida xoga connosco,
De cando en vez,
Afástanos da lingoaxe
Incorrecta e indebida,
Os valores afanse
Contravalores absurdos,
Creando conductas
insensibles,
Ás que nos lles dóe
O sufrimento alléo.
Están cheos de ambición,
Non lles impota,
Usar a mentira constante
No nome de Deus,
Ou no nome do semellante
Achegado ou afastado.
Máis medra e medran,
No cumio inxusto
Do mundo da sen razón,
En nome da total
corrupción.
Non importa, parés,
Que asasinen
As mulleres de Ciudad
Juarez. O ciclo continuo
Segue e parés
Que un presidende
Da América do Sul,
Quere rematar
Có verde pulmón da
Terra,.
Seguen vendendo
As armas mortíferas,
Para que en África,
Se maten por mor
Do odio irracinal.
Perversión
Da arma mortífera,
Venden armas mortales
Para que vós enchades
De irracionalide
As desastrosos linguaxes
Das armas acesas.
Arrinca de ti todo aquelo
Que non construa,
Arrinca de ti
O medo irracinal,
Arrinca de tí
O feito da traizón,
Coma o feito trizoeiro.
Vitaliza a fonte de amar,
E non te derrubes
Ante o mundo falso.
Sé o espazo ocupado,
Habítate íntegro,
Vive para vivir,
Para sentir
O sentimento equivocado,
De non rexitar ao
próximo,
Que deberías de querer.
Abrangue e non rexeites.
O que se rexeita,
Non se quere asemesmo.
Miguel Dubois
Integración e desintegración
Posted 01/06/2009
on:INTEGRACIÓN E DESINTEGRACIÓN
A simple vista, “desintegración” sóa moi mal, cáseque coma a desintegración do atómo de hidróxeno, ou bomba “atómica” fenómeno devastador, destructor que hoxe en día andan en probar na Corea do Norte. Países como India e Pakistan, teñen a estes artefactos atómicos como elementos de ameaza ao resto da humanidade. O que destrúe e ameaza a outro ou outros carece dos más mínimos conceptos da Integración, tendo un odio fondo a súa ememigo, e entón desintegra vilmente, destrúe pero , ao memsmo tempo, esquenceu o feito integrador e os malos sentimentos apodéranse do que gañou a “guerra” por mor de que o odio apoderousa da súa maneira de pensar. O que nun intre foi o seu amigo agora, é o nemigo, incurrido nunha total inversión de valores. Os elemetos da guerra cómo feito destructor, non ten disculpa no ser humano, convertíndose algúns seres humanos en elementos torturadores, que queran degradar “enormente” ao ser humano. Cando os sentimentos de odio e vinganza, son os donos da nosa maneira de ver o mundo no mundo, convírtenos en seres despreciable e sádicos.
As nosas sociedades occidentais, están mutando en forma competitiva, no que os cartos créese que é o elemento fundamental, da nosa vida, e aínda, por enrriba, esquecémonos de quen somos, perdemos, a nosa propia identidade e aplicamos roles que non son da nosa competencia. Todo o escrito nas anteiores liñas lévanos a facer o papel de que non estamos na vida, facemos o papel de…pero, quizáves, nalgúns casos non admitimos o que somos, e nos refuxiamos en falsas conductas anticreatrivas, e devastaros usando a palabra como arma da palabra irreal, a palabra que quere ser mais non é máis cunha palabra disfrazada, ateigada de moitos complexos, por falla de inmadurez da persóa, teña a idade que teña. Cando ese home actue ou esa muller inmadura adulta, non acepte o que é, é decer a falla de madurez en aspectos do súa conducta, sempre, será ese home ou meller “inestable”, “inseguro”.
Cando il ou ela se integre a se mesmo, cando recoñeca esa parte que lle dóe , máis non recollece, liberarase da carga emotiva, que non é máis que un elemento perturbador da súa personalidade. Sabemos, de sobra, que non e bom agachar pantasmas no noso interior. Debemos evadir os fantasmas internos, desafogar e comunicar a un amigo ou especialista o que nos ocorre.
O mundo aparente e un decorado exterior do que quixeramos ser mais non chegamos a ser. Aquel que vive por enrriba das posibilidades estase facendo dano a sí e aos demáis.
Toda conducta “prepotente” é a carencia de sentimentos de amor, somentes o fin é “avasallar”, dominar de xeito falso, chamar a atención, volver a ser ese actor, que fai unha función teatral desagradable, nada máis có fin de degradar, de facer dese mal estilo de vida, unha falsa vinganza, unha despersonalización total. Provocar é facer dano, mal querer, é unha feito desintegrador; se integramos queremos e nunca expulsamos, por iso é tan importante incluir, querer, agarimar e dar amor.
Hai procesos mentales que están agachados no no noso subconsciente, que se creaon na prenatalidade ou postnatalidade, e, que, se súpeto, emerxen e saen ao extereior como feito desintegrador. O desintegrar dannos a oportunidade, para aprender, para saber como eu, de novo, me podo integrar. Dependerá de min o esforzo persoal para integrarme.¿Que ocorreu? Despóis facer un análisis de por que estos fenómenos “duros” fanme compaña e logo, chegar a min.
Quixera dar as grazas a Carmen Novoa, grande coñecedora da Psicoloxía Profunda,da que aprendín todo o que escribín e a seu fillo Cesáreo Hernandez. Nunca é tarde para aprendre, se querer aprender. As portas do coñecemento non están pechadas, somentos peta e entra.
Miguel Dubois