Archive for Setembro 2015
Volta atrás: sistema involucionista
Posted 05/09/2015
on:Pontevedra, ao 5 de Setembro de 2015
VOLTA ATRÁS: SISTEMA INVOLUCIONISTA.
Ringleiras de homes e mulleres de nenos e nenas,
cansos, desesperados, tragando o po do camiño lento,
abandonaron a Patria perdida e afastada,
chea de bombas tremendas, e de miseria humana
mortificada, porque non hai alí máis vida cá morte,
que bule polas rúas, homes asasinos profesionais,
que arrincan o pranto de seres inocentes,
distracción, pánico, incomprensión e medo inducido
onde habita a dor ilimitada e onde o odio é constante.
Tiro a tiro, morte a morte e golpe a golpe,
patada dada con rabia e forza tremenda,
froito dun racismo extremo e insólito,
constante uso dunha espingarda cargada
de balas mortíferas asasinas
Rúas de Alepo,
ou da bomba que estoura con toda
a súa potencia destrutora,
no medio dun campo cheo de xente.
Dor da inxustiza e a carencia de sentimentos ledos.
Pranto fondo, pena e choro constante.
Abandonar a terra a horta chea e o pobo querido,
e camiñar sen rumbo prefixado camiño dalgún lugar
extraño, países, Non Sei Que, ou Deus Dirá Onde,
e embarcamos de cara a un precipicio mortal marítimo
a loitar coas ondas, berrar a fondo, e tremer de medo.
O Mundo se afai duro e incoherente e ,demasiado, besta,
para a resistencia humana, resistencia superada
e as palabras están feitas de ringleiras de palabras,
pronunciadas diante dun fermoso micrófono amplificador
absurdo e delirante,
absurdas e de pronunciamentos falsos,
namentres, os egoístas, so mentes, pensan no seu ben.
Un desprezo ao lugar da orixe, onde virán estes
desprendidos da vida cotiá e superviventes,
da tolemia humana afeita a unha guerra fratricida?
Un desprezo e a necesidade indesexada,
e un berro partido no medio do ar libre,
ave que se dirixe a erguelo vento ceibo do Norte,
presos son das súas palabras pronunciadas,
presos son de conque rir cruzar fronteiras necesarias,
deixando o medo as costas cargadas de pesadas mochilas,
pero o dominador, domina ao dominado,
e o que ten unha mafia montada e delirante,
rouba ao humilde que deixou a súa casa que
o neno que deixou a súa branca pelota de fútbol,
e a nena que deixou a súa boneca de cores diversas,
o sorriso converteuse na amargaro do pranto,
a súa paisaxe querida en o lugar onde de neno xogaba.
E que asustado garda na caixiña máxica da súa memoria
en calquera sitio afastando de si mesmo.
As distancias vanse acurtando e os necesitados
van chegando aos propietarios do poderío,
non mando ao senso humanitario,
non manda a cor da pel negra ou escura,
non manda a humildade necesaria
ou o amor preciso aos demais seres humanos,
por decreto lei. Meniños cansados
e subidos aos ombreiros dos seus pais,
que vanlle facendo máis doado o sufrimento.
Unha mae desesperada que non ten
que dar de comer a súa pequena criatura.
O camiño fai se duro, inxusto e inhumano,
namentres Europa, pérdese no discurso absurdo.
O home que domina a o outro sector humano:
ou ter que deixar de ser neno ou nena,
antes do tempo marcado. As diferencias sociais,
abren camiños absurdos do sufrir diverso
fábrica da dor extensa e inxusta
os cartos fáciles e a explotación humana,
o desapego á vida útil e á convivencia,
abren as novas leis es laborais abusivas,
creazón da pobreza innecesaria.
Ser humano sufridor fillo do estoura dor,
a palabra xusto, vai ficando nunha lembranza
traidora e taciturna. Son confiscados
os Dereitos Humanos, namentres
o Mar Triste Mediterráneo,
vaise convertinte nun cometeríao de mortal de auga,
por veces, pregúntome, a min mesmo
no corazón interno,
xa que non son tan novo
como será o futuro próximo?
e como estarán ar telladas a leis es laborais?
Será o ser humano, un simple "robot" mal pagado?
Pregunto, por ignorancia propia:
Cal será a función das Nacións Unidas?
Pregunto,
e se polas esquinas ocultas e extrañas,
seguirán matando con armas perigosas,
para aqueles que inventaron verbo odiar?
Manda nas rúas estreitas dos lugares habitados,
acabaremos do noso pobre vocabulario,
a palabra corrupción, roubo ou abuso.
Por que resúltanos tan difícil
a paz perdida, e o feito de ser felices?
Por que inventamos negocios absurdos,
que divídenos como seres humanos?
Non nos chama a voz da conciencia colectiva,
chámanos a división, e o medo.
Miguel Dubois.