Caderno de apuntes de PepeR

Archive for Marzo 2010

Pontevedra, ao  28 de marzo de 2010

A MIGUEL   HERNÁNDEZ

POETA DA LUZ LIBRE,

ESCRAVO DA INXUSTIZA.

Sufrido pastor de versos e ouvellas,

Cabras libres e vento limpo,

Cabras coidadas e poemas duros,

Coma as pedras duras de Orihuela

En Cox pasou ledos días,

Camiños abertos e limpos por un neno

De ollos claros e abertos a vida.

Luz constante aberta ao Levante.

Traballador escravo do pastoreo,

O gando pasta eu fito a mirada

No ceu pleno de luz aberto,

Atraído polos libros que soios respostaban

Ante  ollos interrogantes de Miguel.

De pai duro e tosco e mandato forte,

Enérxico con muller e fillos.

A vida perseguía ao xove Hernández,

A vida perseguíalle polo berro aberto a

Súa fermosa verba liberdade,

Inversión de gaiola,

Apertura dunha cela aberta

Libertade posta en cantiga por,

Xa hai algún tempo,

Aínda que eu non quixera,

Joan Manoel Serrat, grazas a Miguel.

Esa sede de liberdade de fortaleza interior

De valentía suprema, foina a chamar

Ao mundo do preso político derrubado,

Derradeira cela a 1009

Do Reformatorio de Adultos de Alicante,

Detido e maltratado en Portugal,

Escapado de Huelva, denantes,

Roubáronlle a liberdade mínima

Por pedila cantabaa en cada recuncho

De pobos descoñecidos  que percorreu

E vilas ateigadas de miseria bélica.

Ningún poeta do mundo enteiro

Xamáis acadará a sensibilidade

De Miguel  Hernández,

Porque sabía que era loitar polo feble,

Polo que sufre dabondo e quere ser libre,

Como o vento da tarde  serea,

Que con toda a liberdade fonda

Agarima as facianas espidas

De homes e mulleres ceibos.

Miguel Hernández non rematou

De morrer, totalmente,

Deixando por herdanza social

O poder da súa sabedoría.

Porque podemos  abrir seus deliciosos

Libros ou acariñar a ledicia de lelos,

Con sumo respecto e disfrute.

.

A lectura daqueles e estos versos brillantes

Carregados de vida, de amor ou cariño.

Aquel poeta posterior á xeración do vinte sete

Según dicíanos Dámaso Alonso,

O mesmo Dámaso que solemnemente,

Introduxo a Delibes na Real Academia Española,

De feito solemne.

Miguel quería ir a Embaixada de Chile en Madrid,

A pedirlle axuda a Pablo Neruda,

Porque o poeta de Orihuela,

Era froito da persecución fraticida.

Miguel non son somentes era amigo

De Ramón  Sijé "Elegía"

Tamén  foino de Rafael Alberti

Aquel mariñeiro convidado

A vivir en terra seca.

Granada miraba a Orihuela,

E dende Orihuela saía a voz libertaria.

Para atoparse coa de Federico García Lorca.

Choraron os leóns fortes das  fontes  da Alhambra,

Cando o xove  poeta grananido,

Amigo de xitanos e paios,

Foi paseado polo mal e a miseria.

O silenzo é demasiado fondo

No mundo hoco da memoria,

Ter memoria e ser como un buscador

De tempo pretérito desacreditado,

Por mor do exceso brutal.

Ter memoria necesaria

E reinvidicar  dereitos fundamentais

De cada ser humano apartado

Da vida de feito traumático,

E por iso reclamo polo dereito excelso e xusto

A recuperación da  memoria esquencida.

Como condear a morte tremenda

Por mor da infelicidade absurda,

Dos saqueadores da verdade propia.

Días de dureza e persecución

Na compaña de Josefina Manresa,

Compañeira  valente de Miguel.

Foron días de fame forte,

Coas Nanas  Cebola espida

E un peito seco, de Josefina

E quizaves, todo era confuso

Menos o froito bendito do teu ventre querido.

Eu, Miguel Hernández, de Orihuela,

Loetéi pola leberdade pura,

Mais pasei a miña vida

Parte da miña existencia  inxusta

De cadéa en cadéa.

Miguel    Dubois.

Advertisement

Pontevedra, ó 24 de marzo de  2010

Ausencia de  Elisa.

ONDE  ESTÁS  ELISA?

AO MELLOR  NO FONDO

DA DISTANCIA AZUL.

PENSA  A MOZA,

AO LONXE?

Síntome ausente  DA túa sana presencia.

Unha vivda vivida e  un pranto acabado

Pequenas palabras contigo dicía,

Palabras sen importancia,

As máis importantes que máis valen

Non calculadas, palabras expontaneas,

Incursións lingüísticas queridas,

Un saúdo agarimoso e disinteresado,

Un sorriso aberto de ledicia natural

Tratei de agarimar o tempo restante,

A vida é un interrogante indefinido,

Unha viaxe de Ida e Volta,

Un cacho de materia  andante.

Amiga Elisa, gárdoche lembranza leda

Miña vivciña do primeiro andar

No meu  íntimo do meu ser

Sempre estarás no me interior interno,

Unha caixa máxica de lembranzas vivas

Onde OS sentimentes acuden  a miudo ,

Como un pasado que habita o presente actual

Mais un día DA semán pasada

Deixache espida a vida enteira

Comezando un longo silencio pechado.

A túa ausencia provócame un desalento amargo,

Lémbrame  o feito intrínseco que todos rematamos no

Límite temporal establecido,

Día Tal de cual á hora Z

Xa non te atoparai no hoco DA escada,

Ou no espazo pequeno dun elevador estreito.

Asulágame na túa pasada presencia,

O teu sorriso lindo o sorriso vivo

Que dá vida e quita morte.

Vida querida que comezas có pranto infantil

Fonte de ledicia e dor de nai

E rematas cunha dor que Mata lentamente

Ou de súpeto, por un impacto brutal.

Permíteme este

Tosco  e triste homaxe tremendo.

Permíteme de pensar onde estarás,

En que lugar oculto do mundo misterioso

Cando a luz está acesa, hay luz de vida intensa,

Mais cando penetra a obsuridade  asanina

Tocan as campáns e a tristura de persoa ausente,

Copa suplir o teu espazo habitable,

Como falarhe con delicia e agarimo

Cando non eres un ser presente físico

Como comprender o fin dos límites,

Como espidir  a dor que clama e vence,

Non podo a tí achegarme porque,

Atravesache a verdadeira barreira do imposible.

Como comprender a carencia absoluta de vida quente,

Como quentar o frío tremendo  morte absoluta.

Como mirar a túa faciana sensata e crara.

Como covertir a dor DA tristura  na cantiga permanente

Voz que non DA voz porque vive no mouro,

No mouro nada medra, ausencia total de luz viva,

Palabra queixomosa, laio que dóe dabondo.

Atristura enteira abrangue OS barrios DA luz trite

Como convertir en ledicia relativa,

A dor DA morte chamada,

Fronteira descoñecida, mundo ateigado de lembranzas

Loitanto OS derradeiroa anos DA súa vida,

Coa dor penetretante, coa sumisión a fría tristura,

E abandonadache o mundo enteiro sen aviso previa

Deixáchenos sós neste mundo tolo e irracional

No que nada é normal ou lóxico.

Parece que somente o poder económico e léxico

E que por enrriba de homes e mulleres

Descansa, placidamente o diñeiro legal ou ilegal,

Mais o ser humano ocupa un escalafón trivial.

Deixache este mundo irracional,

De guerras absurdas e asasinatos cotiás,

DE traficantes de armas mortiferas,

Que divian a poibos e etnias diferentes,

Deixache este mundo quew negocia

Coa saude allea por mor

De reamatar coa saúde pública,

Para remataer cunha xuventude aberta,

Presa de dous gramos de cocaína adulterada

Ou DA heroína vida  das terras afganas.

Xa non ESTás querida Elisa.

O mar azul de fondo ESTá tranquila

Mais a moza de sombreiro con vestido branco,

Pregúntase: onde estaás querida Elisa.

Miguel   Dubois

Pontevedra ao 20 de de marzo de 2010.

VAIA CÓ MEU  AGARIMO A TITO OTERO.

             A FORZA DO AVENTUREIRO.

Carecer do medo paralizante, patente de puro corso

Desafiar as leises do que parece que é imposible.

Arriscar con toda a valentía propia,

Valentía constante que fortifica.

Ficaron nun extraño pasado insensato,

O comportamente dun medroso absurdo e irresoluto

Un querubín de azas partidas

Que non se arrisca a chegar,

Ao interior do seu propio ser,

Onde arde a constante fonte

Do instinto normal.

Impotente é  de decirlle adeus,

A aquelo que lle asustaba

E agora gratifícalle,

Que maior presente que o espírito do sacrificio

A ansia de superanción de metas propostas.

Subir cumbres que parecían un soño incomprensible,

Que lías en Bueu aos teus quince anos.

Abriches as portas a aventura

Coñeceches a nosa bela Galicia,

Coñeceche o resto de España,

Pasache a Europa,

E saltache a calquiser extraña  parte do Mundo

Desafiar a calor dos volcáns en erupción.

Vermella lava que non perdóa o sinal

Na pel branca dun aventureiro

Adiantarse por calquera selva do Mundo.

Ficar paralizado e non ter máis remedio

Que arrincar ao dificultade momentanea.

Sempre afán de superación,

Esforzo constante.

Valente home aventureiro

Son sempre metas cumplidas,

Son gratitude polo esforzo feito.

É como un mundo sen límites,

Nas que as fronteiras do medo

Quedaron pulverizadas.

Permítome felicitarche,

Si ti me deixas, Tito,

E agasallarche coa sencillez deste poema,

A ti dirixido, pola túa vida construída,

Polo mundo do esforzo.

Polos teus estudos no mundo fondo

Da Filosófia e das Letras,

Pola túa Tese Doutoural,

Do Piorno Galego.

Polos teus anos cumpridos,

Que agora sube a o número

De medio século de existencia vivida

Mais non abandoes , Querido Tito:

O teu camiño augura unha grande aventura perfecta

Que poder absoluto de friladad mental,

Que perpecto equilbrio no límite dunha situación

Que grandeza poder espallar en foros diferentes

A grandeza das aventuras, con atenta humildade

Que maior valor humano

Que ser humildemente humilde

Chegar ao fidel da balanza equilibrada,

Dominar os impulsos incontrolados,

Pola la lei da supervivencia.

Sobrevivir a picaduras mortales,

De insectos velenosos,

Superar a maldita Malaria en Mali,

Afastado dos tecnicismos occidentais,

E das leisies dos cartos rentables.

Ser axudados polos nativos

Para superar a pobra decisiva,

E pasar ao mundo no que o corpo humano

Convírtese nunha máquina perfecta,

Que cumple maravillosamante,

A súas funcións vitais correspondentes.

Non habera desexo que che houbera detido,

Culminaches as outuras,

Do Cordillera Andina,

Coñececha a Terra de Fogo,

Aquel marvilloso hemisferio  Austral,

Pinguinos vestidos.

De elegantes fracks

Namentas as vosas máquinas fotográficas

Dixaban conxelada a imaxe nun segundo de disparo fixo

O Mato Brasileiro, as tribus esquencidas

Do mundo chamado civilizado

Ateigado de contradiccións perversas.

A vida no máis puro estado ancestral

O Mato Brasileiro, vexetaxión perpetua,

Verde fondo da esperanza perdida.

Ser atacado nun autobús sinistro

A golpe de arma mortífera.

Padecer o secuestro inesperado

No pais de Colombia

Na Amazonía perdida no fondo do verde intensa.

O barullo de fermosos animais,

O sibilino son dunha serpe camuflada,

O canto dun paxaro ceibo,

Totalmente ceibo,

E a vida, de momento, é activa

Móvil e propón o feito de avantar,

E de non dar coa vista para atrás.

Andaremos máis camiños e aventuras,

namentras non morra a ansia

E o  desafío a construir unha vida plena,

Por iso, se mo permites,

Dígoche: Tito, avante, avante Tito,

O medo non exite e se existira

Sería un arma mortífera,

Que remataría con todas nosas ilusións.

                                Miguel   Dubois

Pontevedra, ó de 19 de marzo de 2010.

               A JOSÉ  CARLOS SILVA, no seu sesenta cumpleanos.

Levamos, tanto, tempo,

Xunguidos e amarrados,

A plenitude de ser o que somos.

Dous homes sencillos, traballadores

Amantes da plenitude da liberdade enteira,

Xunguidos ao amor correspondente,

Arrincando, tí, José Carlos, medos reais

Nos teus combates coa mar brava,

Nos mundo do século pasado,

E comeszos do século vinta e un.

Ti tes alma libertaria,

Vives no mundo do amor aberto,

Home habitante do sosego,

Perdoa se che berrei, sen razón algunha.

Ti, Carlos Silva, abríchemo os ollos

No medio do combate vital,

Cónmigo mesmo.

Había que decidir e remetar

Có mal que me mataba,

Petei na túa porta aberta,

Ofrecécheme a túa tenra comprensión,

Dun bon home de corazón aberto.

Pechamos as portas das tabernas pequenas,

Acabamos cós mares enchidos

De cuncas de viño tinto.

Foi o momento de pensar

De atoparme có meu interior desordeado.

Tumultos de medo absurdo,

Mar de fondo, dabondo,

Chamaron ao seu eido tremendo e irresponsable,

Pero tí, Carlos Silva, estendéchema o a túa man pequena,

Un sorrio perfecto era  a real visión

Da túa faciana bela,

Habitada dunha barba arramxada.

Crein que o amor era unha palabra bonita,

Que non exisitía no vocabulario,

Para min. Pensaba que o amor enteiro,

Era para min un mundo exclusivo,

Un deserto de aréa pura,

Unha luz apagada,

Unha verba morta sen senso

Como recuperar o amor perdido,

Afastatado de min,

Cando ti, Carlos Silva,

Estendícheme a man túa cálida.

Seguín os teus pasos decisivos,

E dinme de conta do meu gran engano,

Que era vivir o eu quería

E que non existía.

Era o falso sono

Que eu creei; aquelo

Que somentes tiña no meu interior difuso.

Perdido nos meus propios pensamentos,

Nos delirios absolutas creados,

Dinme de conta que tiña que cruzar

Aquel valado outo,

E deixar atrás os soños de papel,

As bambalinas absurdas,

A cuncas de viño tinto de Barrantes.

E introducirme na realidade do mundo real.

Feitos os esforzos pertinentes,

Sempre coa a túa axuda altruista,

E o teu corazón entregado,

Tirei cós absurdos valados,

Pasando ao eido do razonamento exrterno.

Quiteime dos meus falsos sonos egoístas.

Hoxe, Carlos, cumpliche os  sesenta anos.

Deixamos polo camiño combates absurdos,

Pero de seguro abrimos campo a liberdade,

Fomos valendes, e ningúen  dábanos medo.

Só o medo espido, daba medo.

E hoxe meu querido José Carlos Silva,

Dazanove de marzo de dous mil e dez,

Puxeche un seis a rente dun cero.

Cando os dous coñocémonos

Desdeos  comenzos dos anos setenta.

Cóstame asimilir a rapidez do paso do tempo,

Tempo que vóas como unha anduriña ceibe,

Ceibes somos to tempo andando

Dis tempos de derrota tremenda,

Dos tempos de victoria absoluta,

E cando afúndonme no mundo da extensa memoria,

Non podo, nunca deixarche de terte fóra do camiño

E senlleiro, porque atópome ben

A beira  linda da  túa fermosa compaña.

Bonito resulta a nosa unión constante,

O noso afaecto compartido,

Ou a beleza real ou delirante,

A memoria é unha fonte exacta e continua,

Donde os nosos avatares,

Chegaron a un término decisivo e constante:

O campo do amor, ou decirche;

Hoxe eu por tí e mañá tí por man.

Non me asulages dunha soidade extraña,

Que bate con forzo o mundo do esquenzo.

Que o egoísmo absurdo,

Nonos separe do feito de vivir en paz.

Vivir para vivir, toco a vida coa punta dos meus dedos,

E a vida non é un delirio absurdo,

Mais ben unha fonte de ledicia intensa.

Despóis de sesenta anos de existencia plena,

Xunguímonos todos e todas

Na Vila de Moaña

Para celebrar este perfecto cumpleanos,

José Carlos Silva, por sempre.

                                    Miguel  Dubois.

IN  MEMORIAM:

Miguel   Delibes.

            UNHA LONGA VIAXE

Pontevedra, 17/03/2010.

A vida fermosa, a vida dorida,

Que non perdoa a dor ferida sandante

Remata nun segundo de tempo tope e punto.

Os límites do sufriemento criminal e derradeiro

Do estado vital vivido, paz, guerra e amor

Transportámonos de contado

Ao eido da inexistencia, á  a carencia vital,

Ao valeiro ao mundo sen mundo

A vida tan, sumamente, vivida,

Convídanos a un descanso fondo,

Quizáves eterno, chamado Lus da Esperanza.

Saltan  as noticias importantes

E as absurdas banalidades

Que, degrazadamnete  menos importan ou importan,

Sen saber que é o importante e o efímero

Polas radios transmiosoras,

Saen polas novas tecnoloxias dixitalizadas,

Por tódolos os medios da comunicación,

Medios perversos ou deliranres,

Nesa comunicación invasora,

Manipulada, mais  neste caso

A nova no son dous polos opostos,

Polo  Norte pòla testa valeira

Polo Sur polos pes  espidos

A según do suxeito ideolóxico.

A noticia e fría e seca,

Coma o fío dun coitelo afíado

Coma se a neve branca,

Ficárame prendida

Na miña faciana conxelada.

A nova, é que Miguel Delibes,

Non resistíu o derradeiro combate.

Seu corpo cansouse de regular

As constantes vitais súas.

Que tan feliz fixéronno,

Antes de que morrera Ángeles Castro,

Mae de sete fillos e compañeira dil

Toda unha vida chea de enorme

Creazón literario e abundantes vivencias

Achegado  a mae natureza sabía,

Que imos aniquilidando, día a día.

Non bastaron, Cinco horas con Mario,

Nen As ratas, e aquel principalmente,

A sombra do cipres é alongada,

A maravilla dos Santos Iñocentes,

O herexe, novela histórica,

Nos tempos da Inquisición española.

Seguía traballando naquel primeiro

Diario, para el , El Norte de Castilla.

Censurado polo Ministro de Información e Turismo,

Manuel Fraga Iribarne,

Abandoa a dirección do diario vallisoletano,

E á sombra de despachos e rotativas,

Na clandestinidade

Seguirá a laboura directiva

Longas tempadas en Molledo,

Cantabria, rexistro dos primeiros tempos,

Lectura a súa mae e irmá,

O sombra do ciprés é aongada,

A maravilla das dúas mulleres escoitaban,

Con atención suprema e emocianadas

A perfecta creazón do xove Miguel.

Biblioteca ampla na casa de Molledo,

Tempo para debatirse antre lectura e lectura.

De Sedano era  Ángeles,

Súa muller querida e adorada.

Fillos tiveron dabondo,

Os premios e galardóns de Miguel,

Que non foron poucas.

Seu gosto polo vil deporte da caza,

Súa delicia na pesca  troiteira fermosa,

O amor aos pobos rurais,

Súa fonda pena,

Pola desestructuración,

Das familias rurais.

A xente labrega,

Abandóa os  pobos mortos ou semimortos,

As pedras xeádas,

As paredes valeiras,

As portas derrubadas

E achéganse as grandes urbes

De grandes fábricas coma a Renault,

Da cidade de Valladolide.

Pobos de Castela da cor do barro,

Feitos con paredes de adobe pardo

Solitarios pobos castelás,

Con pequenas fiestras semifechadas,

Cortinas baixas e luces decadentes

De plástico coorido eran as pequenas contras,

Lugares esquencidos e desabitados.

Seus estadías na Universidade de Mariland

Como Profesor Visitante na Área de Linguas Foráneas


Seu achegamento a Universidades alemanas

Chile  destino, visión da América latina

Italia e os seus congresos na cidade de Alba,

Praga, chegada  antes da invansión

Dos despiadados blindados

Sume moito o seu currículo amplo

E os Premios Gañados

A súa capacidade escritora,

Mais el  non amosaba fachenda,

E non amaba as medallas que penduraba

Dun peito tapado de roupa  negra de gala

Porque Miguel Delibes,

Era un home homilde,

Ocupaba o lugar que debía que ocupar,

Non estar por enriba de ninguén

Non facía seu o que non lle pertencía.

Ia contruíndo o seu maravilloso mundo literario,

Tan único como el mesmo, tan particular e peculiar

Tan preciso e exacto, tan cargado de humanidade

E ao  vento ceibo, aquel que non volta

As ideas voantes, desprendidas e amantes

Que transmitía en diferentes idiomas.

Soubo ser o que quería ser,

Soubo entregarse a unha pluma de tinta,

Ou a un bolígrafo común

E a un papel branco e  espido.

A escritura non paraba, e palabra a palabra

Oración a oración, capítulo a capítulo

E volume a volume,

Foi creando o Mundo Miguel Delibes.

Non foron somentes as magnificas novelas

Pasadas ao mundo cinematográfico,

Ao a maxia da expresión corporal

Dun actor teatral como Pepe Sacristán,

Ou Lola Herrera, ou Paco Rabal.

Querido Paco Rabal,

Foron os Tratados Cinexéticos,

Foron as súas guías turístiscas,

Seus tratatos de viaxes

Ao o cono sur Sudamericano,

O viaxe a París,

Ou aos Paises Escandinavos

Un mundo pleno de vitalidade,

A maxia do mundo que sabe vivir

Fondamente a vida en pleno movemeto.

Un día da túa fertil vida,

Dámaso Alonso condecorouche

Como menbro da Real Academia da Lingua  Española,

Designándoche o sillón e.

Porque foste un home único, somentes

Fostes o que tiñas que ser: Miguel  Delibes.

                                                Miguel   Dubois.

Pontevedra, 7 de marzo de 2010.

U-LO  NORTE?

A vida vai pasando, quedamente,

Como un paxaro voando

No ceo craro e inmenso

Xa non mirarei o que deixei

Polos camiños da vida percorrida

Con alento ou desalento,

Con forza ou debilidade,

Xa non voltareite a darche o bico de onte

O próximo será cando sexa,

Máis será diferente ao dado,

Longo, curto, estreito ou ancho.

No tempo pretérito

Da vida percorrida

Observo en fotografías sorrintes,

Papeles en branco en negro

Ou muticolres que nun segundo

E nun intre paralizounos o sorriso,

E o movemento fíxose lembranza

Detida. Todo movemento ficou

Paralizado por mor dun disparo fotográfico

Empapeladas instantáneas

O paso do tempo vivido,

Gravado nun na película da máquina

Peerfecta para deter o tempo

Nun instante preciso.

Lembranzas maravillosas

Veráns deliciosos,

Sol quentiño, fala verán aceso!

Aventura da luz constante

Cós meu queridos amigos,

Á rente dunha praia retirada

Na Ría de Arousa,

Intensa beleza constante

Lugar de Rons, praia

Vivendas na beiramar

Concello de O Grove,

Nena, Quiti, José, Arturo,

Fofi, Asunción, Cuti, Gloria

Antonio, Adriana, Agustín,

María Elena, César,

Clemente, Horacio, Joaquín,

Carlos, Nocha, Señor Clemente,

Paquita, Ricardo, Virginia,

Señora Hermeregilda, Pastora,

O Xon, O Francés, Os Fillos

Do Francés, o Fillo de Porfirio,

Os Rentellos, Oubiñiña, O General,

Gondariño, Os Cazapos, Forte,

Pepe O Bó,

E un camión Thames Trader,

Botando lume de carozo,

Pola estrada chea de pó voante

Garrido, especialista

En caldeiras de ferro quente

Arturo,Tanzi, Elier, Aturo..as filla de

ámbolos dous. Arturo Pousa Medal,

Aviador valente, pasa por enrriba

Das nosas testas nun pequeno

Avión biplaza

Conversas de amigos,

No comenzo demócratico,

A literatura galega,

A maxia poética,

Querido Arturo Pousa Medal,

Estudante na idade madura.

Día da Festa de Rons,

Bombas de Palenque,

Gaiteiros en función,

Bandeira galega, abofé,

Unha muiñeira improvisada,

A Nena escacha a rir,

Mirando ao Miguelón

Bailando unha muiñeira improvisada

Cando eu bailo a devandita danza.

Dentro do meu descoñecemento movía

O corpo con delicia;

Sardiñas  asadas dabondo, ledicia,

Desenfado, parolada, canto,

Pequenos xogos ou competicións,

O Bar de Nocha, chéo, ateigado.

Vendo que non daban dabasto

Método a axudar,

Non teño claro se  axudei ou

O fun un atarnco máis,

Seguía as ordes de Carlos.

Nametras miraba unha fotografía

Que Carlos tiña no pequena taberna,

Pendurada nunha parece

Pintada de azul cobalto

Da ponte de Sidney

A marcas do tempo escritas

Na miña faciana enrrugada,

Pingas de sudor frío,

Mais que lóxico é o que é normal

Sensato e sinxelo que   mapa

Da pel da miña   cara

Presente unha orografía distinta

Froito da experiencia vivida,

Froito de carencias creadas

O sitema inmunolóxico

Que xa non é tan exacto.

Non ten parada posible

O percorrer da vida

Ata o derradeiro latexo.

Observo en feito pensamente

Os derradeiros acontecentos

A carencia de amor querido,

O rexeite dun bico dado

Con gusto sumo.

Observo a teoría absurda social

Do insulto brutal coma lingoaxe

Política. Observo o egoismo tremendo

O interés persoal,

As mentiras construídas

Con falsas fotografías,

Ou discursos valeiros de contido:

Unha conjunto de oracións afirmativas,

Sen, aparente,  contido

Sendo a verdade invertida

Para derrubar ao suposto

Enemigo político.

Observo como  quérese

Esquencer a identidade lingüística

O idioma fermoso de Galicia,

Por un suposto complexo de inferioridade.

Que terían  ter superado, mais

Ademáis dun idioma maravilloso

Falado por diferentes galegos e galegas

Da Nosa Terra, ben amada e querida

Que maior honra que querer o propio

O Galego mesmo, nexo lusófono,

Ligazón de culturas lusófonas:

Portugal, Brasil, Mozambique,

Timor

Que falla de cultura é rexeitar

O noso, o que nós pertence

Por herencia propia de pais e nais

Por dereito de cada habitamte

Desta fermoso  Folgar de Breogán

Coa a sáu costa, brutalemente,

Maltratada   polo movemento

Especulativo.

Que falcatruada faremos

Cunha política lingüística

En tres idiomas diferentes.

Faremos unha escada tridimennsional

Imposta.

E faremos categorías diferentes

Por mor do idioma escollido.

Dividiremos aos alumnos, tan cedo,

Por categorías lingüísticas

Namentras os metres e mestras

Pelexaránse en tres categorías.

Có  paso do tempo vivido,

Iremos facendo máis pobre

A nosa personalidade galega.

E iremos sendo menos do que somos.

Apoiarémonos nas linguas estranxeiras.

Grandes son os esforzos irlandeses

Para a recuperación nacional

Do idioma Gaélico.

Que fermoso é ir a percura

Do que somos e non de acadar

Ó mundo alleo que non nos pertence

Que tolemia fuxir de nos mesmos

Que fermoso resulta recuperar

A memoria perdida, a identidade

Para poder falar axeitadamente.

Eu quero a Galicia con todo

O meu corazón íntegro.

Amo a súas terras

A súas costas castigadas,

Por mor da irracionalidade,

E, ao longo da miña vida vivida

Puiden observar  de que xeito absurdo

Construíanse edificios pantasmas

De andares valeiros de seres humanos,

Habitados polo ar puro do vacío humano,

E coma os deliciosos pobos de mariñeiros

Tranformáronse en cidades temerarias

Froito dunha aventura irracional

Que foi creando unha paisaxe estraña

Violenta, na que na beleza anterga

É un elemnto inexistente

No comezo do derrube da costa galega,

As veces, un pregúntase

Se o senso común

É unha asignatura difícil e esquencida

Nos tempos actuais.

Existe un  límite onde

Podamos falar de soliedariedade?

As veces, e cando estou en fonda soidade,

E me atopo conmigo mesmo e penso,

Pregúntome que é  a ética?

Ou pregúntome: que son os valores?

Mais  a resposta ven valeira

Coa viaxe de ida e volta

Coma unha nasa sen nécoras,

Valeira de contido,

Coma un vehículo valeiro de combustible.

O  vehículo Ética    non tira para avante

E os valores están en folga permanente.

É coma se un factor decadente,

Asumira  as funcións sociais.

É  función aparente,

O  acto hoco de contido,

Sempre, é o mesmo.

Ninguén asume responsabiladades

Ante o desastre,

E arremete contra un enemigo

Que debería ser cooperante,

Para erguer un pais en crise.

        Miguel Dubois



  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías