Caderno de apuntes de PepeR

Archive for Outubro 2015

Pontevedra, ao  24 de Outubro de  2015


O RECREO SIN FIN
Tempo sobre tempo
é máis tempo andado,
sobre os camiños vitais.
Andamos para adiante,
apartando a dor innecesaria,
pero esquecemos mirar para atrás,

onde a vida fíxose lembranza.
O ar afiase irrespirable,
e a contaminación política,
un feito real touzo,

roubos sibilinos, escandalosos,

e cantidades desorbitan tes
O tempo sobre o tempo,

pasa descarado, irreverente
e pouco tempo
ou moita vida vivida.
Vivir para vivir,

para sentir o meu corazón latexar,
para festexar  a vida
e  subirme ao cumio ledo,

onde a luz estala de ledicia auténtica,
mirar a fermosura da paisaxe,
que aleda a vista,
festas da fermosura,

fiestras abertas de par a par

Agora etapa nova, abro,

Con certa nostalxia,

meus alumnos e alumnas

queridos, froito: o meu salario.


Adeus compañeiros Mestres e Mestras,

adeus vida laboral, cualificacións

programacións,

adeus pais e ma es, días queridos

e días de rexeite, días ledos

e palabras inmerecidas,

esa doada liberdade

de inventar o incerto,

ou romper coa paz necesaria.

Que ficades ao pé da aula viva

a veces perdendo a paciencia necesaria

onde os profesor de lingua inglesa,

aboándoa alumnos, alumnas, compañeiros

e libros, namentres a choiva esvara

polos cristais da aula pequena

e un neno ou neno mira

o caer das pingas perdidas

ou a fermosura do arco da vella,

no ar frío e solitario.

namentres a profesora

afeita ao seu deber constante,

di algo coma ácido sulfúrico.

Que estraño nome pregúntase

o mozo estudante de

cuarto de Educación Primaria,

perdido nos seus pensamentos

preadolescentes. Os nenos e nenas,

van medrando de cara

a un futuro que non se afai doada

e os Mestres e Mestras amosan

nas facianas a fisionomía do tempo.

Uns imos perdendo cabelo,

e vaise achegando á cor gris acea.

Por cambiar, cambia, tamén o clima

con recreos fermosos no outono,

ateigados de fonda luz

e sol intenso, namentres nenos e nenas

xogan a un fútbol infantil,

de patadas pelagrosas, según se mire,

dadas sen pensalo.

Os meniños de Educación Infantil,

constrúen mundos fantásticos

de castelos de area,

ou se converten nunha mae

que vai facer á compra

ao Supermercado,

un nena de  tres ou catro anos

vai paseando un carriño,

onde vai o bebé suposto.

E voume fixando na súa conduta,

no seu estar, no seu mundo máxico

e por veces, quixera, ser neno, tamén.

Xanciño, Carrasquiño,

achégase a min bulindo,

e me di que están facendo

unha carreira de caracois lentos,

e me di, moi serio, que gañará

o que sexa máis rápido de todos.

Dous profesores despistados,

cronometran tan importante

carreira popular de caracois lentos.

O profesor de inglés, anima

aos caracois en inglés.

A profesora de música,

entoan a canción da Vitoria

o profesor de matemáticas

recita as tabulas de multiplicar

e o profesor de ximnasia

fai uns exercicios específicos

e os demais docentes

son expendidos animadores

de carreiras de caracois lentos.


E a festa do recreo segue,

namentres, Titiño Calé

érguese a vaira superior

da portería de balonmán.

Ergo  a voz en forma

de grito potente e poderoso

e digo con forza:

Tito, baixa de aí!

Vas caer langransiño!

pero agora Pitufina Branca,

érguese nos ferros negros,

que fan de base das

canasta de baloncesto.

Miro a un compañeiro

que non para de xogar

ao baloncesto

cós nenos de terceiro

invádeme unha envexa saña

pero afirmo; cantas cousas

pódense facer nun recreo.


Miguel Dubois



  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías