Caderno de apuntes de PepeR

Archive for Outubro 2012

Pontevedra, ao  27 de Outubro de 2012.

O MUNDO MINTIRÁN

A túa palabra falsa,

Perpetúa ao desequelibrio.

Esaxeras o simple o discreto,

E asumes, indebidamente,

O teu papel de ferido indebido.

A rotura do equilibrio desexado,

E a rotura da armonia,

E a rotura de querer a unión desexada.

Falsas doenzas inútiles,

Fannos afastar no, día a día,

E facemos do dicurso da palabra

Un conxunto de incongruencias,

Un cúmulo de relacións rotas,

Inaugurado o descurso da deriva,

A palabra torpe que pola fonte fonda

Onde as palabras nacen,

Acumulan un nulo contido

Do ben comunitario.

Un debastador egoísmo,

Pode conmigo, namentras,

Me xungo con aqueles convidados de pedra

E me separo daqueles que non me gustan,

Abro, de novo,as portas ao egoísmo,

Non comparto e desfago

Porque son un puto egoísta defenestrado,

Que debasta a paz allea,

Derrumando valados e muros inútiles.

Ergo a miña testa, miro polo reollo,

E paso por enriba dos demáis,

Coma un cabalo salvaxe

No medio de Monte Outo.

Non me ensinarón a perdir, perdón,

No me ensinaron o concepto da pura humildade,

Non me insinaron a perder batalliñas inútiles,

Non me insinaron a razón do equlibrio,

Non me insinaron a amar sen dar nada a cambio.

Non me insinaron a resiganarme,

Non me insinaron, a seres eu,

Non me ensinaron a compartir,

Non me ensinaron a darlle ao que o necesita,

Porque son a puro egoísmo.

Porque a miña condición e a idolatría persoal.

Porque non sei perdoar.

Porque dou bicos traizoeiros,

Porque disvirtúo a relidade do Mundo enteiro,

Porque acarílloche o lomo das túas costas, falsamente,

Porque che minto a cotiá.

Porque no fondo te sinto coma sumo inimigo.

No fondo, todo é un grande absurdo.

No fondo vivimos nun Mundo desequilibrado.

No fondo e e na forma somos hipócritas totales.

No fondo o mundo político e unha mentira absurda.

No fondo todo é unha rede de intereses creados.

No fondo  Africa, impórtanos un pito frito.

No fondo miras como o País vaise desfacendo.

No fondo miras que a verba "humanidade",

No é máis que unha palabra "MISERABLE".

No fondo, miras o poder cuantitativo

Do vocable, miserento,

Namentras medra a miseria, por pena.

No fondo miras como o Poderoso

Di mentiras tremendas,

Que os seus puchos enchen,

De diñeiro constante e sonante.

No fondo, cada día que pasa

Imos todos  e todas, sendo,

Máis miserentos, máis mentiráns,

No fondo xa non sabemos

O concepto puro

Da palabra "humanidade".

Miguel     Dubois.

Advertisement

Pontevedra, ao 13 de Outubro de 2012.

EUROPA CONTRA  EUROPA

Solidez solidaria: mundo xunguido,

Rotura de lazos permanentes: absurda división,

Desunión premeditada, absurdo comportamento humano,

O desamor desexado ou indesexado,

Non é máis que a rotura da felicidade roubada,

Por mor das palabras malqueridas.

Palabras ferintes e malintecionadas,

Froito dos seres malvados que   van saíndo,

Coma absurdas pantasmas máis aló,

Da densa néboa e espesa tupida e absurda,

Que agacha o concepto da verdade universal.

O canto da SOLIDARIADE que xungue,

Aos seres humanos deste complicado planeta diverso.

Que maior cantiga de paz fonda,

Que a súa práctica constante.

Condenar as condutaS violentas,

O uso perverso do armamento vendido

Por países aos que se lle concede

O premio Novel da Paz, que absurdo paradoxo!

Unha contradición habitual e hipócrita,

Cando no Vello Continente,

Impera a lei do desequilibrio

Económico socia.

A Europa do Sur está, duramente castigada.

E polas rúas de Atenas, Madrid ou Lisboa,

As forzas represivas son de resposta contundente,

A petición de trabalos aniquilados,

Namentres en Roma, o Primeiro Ministro,

Non foi elixido pola Soberanía Popular.

Europa do Sur desen catada,

Europa vella e reaccionaria,

Europa contra solidaria.


Que maior forza que a unión pura e forte

Que maior forza que a Unidade Europea,

Mais Europa adoece dunha enfermidade

Egoísta que enche as bolsas do rosas

De traballadores parados.

Miguel   Dubois.

Pontevedra, ao 12 de Outubro de 2012

CÓNTOCHE, PILAR…………


Pontevedra, ao 12 de Outubro de 2012


CÓNTOCHE, PILAR…………


Miña Benquerida  Pilar,

Vou mirando como pasa a vida enteira,

Achegado a unha total indiferenza,

Aos actos que menosprécea o arte político

Da democracia. Todos queren lucirse

Creando códigos pena les insensatos,

Que farán máis insoportable

A vivencia dos con deados a soportar.

Os pesos das cadeas, facedoras de

Máis delincuencia. Porque non

Facer centros de rehabilitación socia.

Desfacer a pluraditade das nacionalidades

Históricas, sen sentido algún.

Parece ser que queren fa cere Unha,

Unha única e abolir a pluralidade a diversidade.

Dáste de conta da torpeza máxima,

Da negación da pluridentidade,

Da idiotez da absurdo facto,

Da dexeración política constante,

Por mor da  maldade concreta que desvía

A verdadeira realidade plural.

A ignorancia vai servida en bandexas de luxo

E convir ten ao verdadeiro na falsidade pura.

O populismo puro e duro arrinca

As necesidades elementais dos necesitados,

Namentres as mentiras odiosas,

Camiñan polos camiños negros.

Que verdades desvirtuadas inventan,

Pero, fundamentan aman, inmensamente

O verbo restar e quito de aquí,

E quito de aló e nada fica en pe,

Namentres moitas parados comen

O alimento nos comedores sociais e fríos,

Os ricos medran sen mirarlles a cara espantosa,

E o abuso continuo, como norma ou lei,

As absurdas leises mortas que inventan,

Vannos despersonalizado,

Quitándonos a nosa capacidade reflexiva,

Ou as liberdades máis elementais

E vannos arricando a liberdade

Cacho a cacho ou golpe  contra golpe.

Criminal izan o dereito a ser libres,

Como o vento ceibo,

Coma a andoriña fermosa,

Que voa polos tellados escuros

Dos calexiños dos pobos mariñeiros.

Reclamo a dereito elemental a LIBERDADE,

Reclamo que a LIBERDADE enteira e verdadeira,

Atravese tódolos  recunchos das nosas rúas

Porque se non somos libres,

Somos presos dos excesos alleos,

Das mentiras dos poderosos

Que encen de cartos inmerecidos

Seus puchos cheos de pura avaricia,

Namentres nós, sen motivo algún.

Somos os fillos auténticos

Da inmerecida  miseria.

Miguel   Dubois.



  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías