Archive for Maio 2010
AULAS VALEIRAS
Posted 29/05/2010
on:Vaia có meu agarimo, aos meus colegas.
Marcha silanderio maio florido, carente de sol vivo
Con choivas dabondo a contra tempo, metereoloxía desordeada,
Política laiante, ou mentira constante. Xurde potente
O interés persoal e a solidaridade é un extraño vocablo
Que durme un soño incomprensible.
Morre maio especulativo de cifras delirantes,
Apretaremos tonto o cinto que cingue forte
A nosa cintura estreita, e, sempre, o feble
E fidel pagadoora de crises incomprensibles.
O Mundo é unha Especulación constante e incomprensible,
Africa é o paradiso do continuo sufriemento
Africa da fame e a inxustiza.
Vivir para reventar as leises do equilibrio mínimo,
Vivir para mentir, para facer daño, para endurecer
Os sistemas do equilibrio vital.
Vivir para odiar, e odiar con forma suprema.
Existe a inversión da verdade en mentira,
E as mentiras son verdades abstractas.
O insulto dentro do noso vocabulario é algo normal,
Utilizado con suma brutalidade política ou social.
Os meniños e as meniñas aprender a insultar
Con suma certeza; o exemplo está claro
E os corazonciños pequeniños, mágoa,
Esquecen, as veces, a verba amar,
Ou quéroche porque necesito quererche,
Necesito xogar contigo, ou necesito decirche
Cantarche que tanto che quero Miña naiciña,
Ou canto che quero meu Paiciño,
Se fora a caso; máis como neno ou nena
Necesito tanto do voso amor, do voso sorriso tenro.
Maio vaise, mañá, namentras fica escrito
Nas paredes do tempo imprecindible
Os feitos do Curso dous mil nove, dous mil dez.
A lembranza dos días amados
O rexeite dos días inexplicables,
A querencia de días de sorriso
Na Sá de Profesores; intre pequeno e máxico.
As palabras inútiles dirixidas a meniños ancorados
Na súa inmadurez; meniños que non se suben
Ao cabalo do tempo, por mor da imposilidade persoal.
Compartir a clase de inglés cunha compañeira agarimosa,
Facendo o rol de profesora de apoio ou Mae Deliciosa,
Digo Eu: a súa cara denota cariño e achegamento,
Xosé , avanta no seu Mundo; hai calor humán.
Namentras o Miguelinho fai de paisiño listo,
O mapa da súa cara é unha constante antre a piñería
E o sorriso aberto. Manuel, é un traballaor implacable
Xavi, para a miña delicia, cada día fala máis inglés
E todos vos nenos e nennas sodes a fonte continua
Do noso quefacer cotiá.
Entraremos en Xuño; a vida segue,
Repartiremos ledicias merecidas
Ou disgustos calculados.
Dirémoslles, adeus, a un curso máis.
As aulas ficarán valeiras
Xa non haberá berros normais,
Os Mestres e Mestras gardaremos as ordes
Nas gavetas das mesas dos profeores.
As luces estarán en off,
As voces serán unha lembranza agradecida
Que poremos en on,
No próxomo mes de Setembro
No seu comenzo
Cruzaremos os corrdores valeiros,
As aulas desertas,
Termos tempo para reflexionar
En que poderei mellorar?
E logo a computadora do tempo imparable
Abrirá un novo curso académico,
Para ben ou para mal,
Para ensinar o debido
E xeerar as ilusións
Para un Mundo máis feliz e útil.
Miguel Dubois
Val a pena o mencer sereo e tenro.
Posted 28/05/2010
on:Val a pena o mencer sereo e tenro.
Val a pena o sorriso expontaneo e limpo.
Val a pena, decirche: canto te quero, meu amor
meu canto senlleiro.
Val a pena o Sol vivo que fainos vivir ledos.
Val a pena o nacemento dun meniño choromica.
Val a pena, coidar a pequena criatura perfecta.
Val a pena por o teu peito nos seus beizos.
Val a pena berrar Liberdade Plena.
Val a pena loitar polos que sufren inxustiza.
Val a pena condear os feitos malos e denigrantes.
Val a pena decer auga limpa ou regato claro.
Val a pena chorar de amor e emoción.
Val a pena rematar con tódolas guerras habidas.
Val a pena escoita un cántaro dun paxaro ceibo,
Val a pena mirar o movemento das ondas do mar
azul.
Val a pena mirar o teu sorriso
Val a pena ler un gran libro dun escritor bom.
Val a pena iñorar as palabras ferintes
Val a pena, suxerir o camiño da paz constante,
Val a pena mirar teus ollos claros,
Val a pena perderme na túa mirada fermosa,
Val a pena a mar a beleza constante.
Vala a pena amar a humanidadade íntegra.
Val a pena contarche un conto lindo,
Vale a pena cantarche unha canción de amor
constante,
Val a pena vivir por ti, e a tí achegarme.
Val a pena, por tí, sempre recupera plenamente,
A ledicia perdida.
Miguel Dubois.
PERDIDO EN XULIA
Posted 25/05/2010
on:Non comprendo a vida enteira, sen a fror do teu soriso lene.
Non comprende as palabras acabadas que da túa boca perfecta non saian.
Non podo asistir ao nacemento dun poema de amor, se non che quero.
Non suspendo a dor constante que dame túa ausencia.
Non minto, de igoal xeito o Mundo Enteiro, cando estás a miña beira.
Parezco un escravo inútil das túas palabras de amor fondo.
Fondo é amor que tí me prende; como comprender ó Mundo Enteiro,
A túa asencia constante, como se foras unha muller inexistente?
Como tratar de calmar a túa dor constante,
Na Terrá Chá da túas longas costas espidas?
Cómo alterar o sentido da vida, como berrar "basta"!
Deixádenos vivir como amantes puros, amarrados aos nosos longos brazos.
Deíxame amosarte o froito do verbo amar,
Deíxame perderme no teu espido corpo,
Namentras os paxarinhos ceibos da mañá primaveiral,
Fan de min un sono antre os teus brazos longos.
Miguel Dubois
Decir Nonoveyra e por as Letras Galegas
No mundo reinvicativo au na denuncia
Daquelo que resutaba o frecuente exceso.
Decir Novoneyra é leer ledicia escrita
Sobre a Terra do Caurel
Erguerse ao mundo da beleza
Natureza pura, sosego aberto ao ceo do Caurel,
Decir Novoneyra e leer e amor ou erotismo,
Preñar o senso de amar, tan vital coma nencesario
Decir novoneyra é
Condear a guerra do Vietnam,
Ou a brutalidade das bombas asasinas
Do napalm mortífero
Queimador absoluto de seres iñocentes
Decir Novoneyra é
Ensalzar a Terra Galega, amada terra nosa
Decir Novoneyra
E condear á dictadura do mal e o abuso
Fonte de sufrimento e escasez total de todo
Decir Novoneyra é
E ensalzar as Terras do Courel,
Regato lento, acougo para a fonda paz,
Rechouchío dun paxaro diminuto e fermoso
Xamáis esquencer a María Mariño,
Decir Novoneyra é
E recitar a forza poética en tono grave e xesto solenme
Decir Novoneyra é
Buscar libros dabondo na Biblioteca Nacional de Madrid
Perdido antre numerosos autores europeos e do mundo enteiro
Decir Novoneira é
Ascender ao cumio da beleza e da creación sublime.
Decir Novoyra é:
Decir lingua fermosa vilipendiada agora, mágoa perversa e terra querida
Quer decer,fonda natureza, beleza pura, Caurel e Caurel
Castiñeiros, bidueros, verdes campos
Cumio da beleza habitada, sensación pacífica
Quietude de Parada de Moreda, armonía
Encontro con il mesmo e sosego dabondo
Na vida plácida do Caurel, Caurel e Caurel.
E decer Monforme de Lemos, Manuel María
Ou Lugo do bachalerato
E decer Antón Avilés, poesía deliciosa
Das Terras de Noia aos Cantos Araucanos
Nametras o pailote de Manoel Antonio
Surcaba os mares enteiros
De Catro a Catro, horas de garda do piloto de Rianxo
Galicia emigrante, e abandoada no fondro do esquenzo
Tí, tamén, X. L. Méndez Ferrín,
Meu querido e tenro profesor agarimoso,
Amigo de meu benquerido Manuel Lueiro Rey,
Manolo amigo de Arturo Cuadrado Moure,
Ambolos dous meus queridos profesores
De poesía galega, amigos,
Antón Tovar, Berdanido Graña, Manuel Cuñá Novás,
Darío Xohán Cabana, Rafael Alberti, Lorenzo Varela,
Indio Juan, todos xuntos no ano de mil novecentos
E setenta e nove, acto liderado por Manolo Lueiro,
Meu pai, meu amigo, meu escoitador paciente
Namentras a vida daqueles días eran
Fermosas curtas viaxes dende o Grove atá Cambados
Onde habitata daquela Antón Chaves,
Habitantes do Cinema o Marino, O Grove,
Cando Alberti decidiu entrar en Granada,
Pola memoria de Federico García Lorca.
Todos fomos claras testemuñas, abofé,
Que Rafael decidiu entrar na cidade máxica granadina
Decir Ferrín é contarvos
Historias deliciosas no Instituto vigués de Santa Irene,
E decir calor humano, cariño e humanidade
As Travesas de Vigo
Xosé Luís, coa túa fortaleza, característica e única
Deche un gran pulo ao Universo Novoneyra.
Arrabaldo do Norte fai hestoria con X. L.
Iádes todos , X. L. ao madrileño café Xixón
Fumavades pitos dabondo, cinseiro cheo, cinsa gris,
Chamineas humanas e fume espacial
Saíndo das volcánicas bocas sabias
Botafuemeiros constantes,
Enguliades cafés inacables negros
Ou cervexas carregadas do forza e ilusión.
Carlos Oroza, Bernardiño Graña,
Bautista Alvarez, Ramón Lourenzo,
Tino Grañido, Herminio Barreiro
E aquel mundo literario e reivindicativo
E vangardista, perfectos artistas galegos
Facía máis grande e representativa
A calidade da literatura e da pintura galega,
Emerxía Galicia no eido da escritura e da pintura.
E ti Uxío, erguías o prestixio da lingua e a literatura galegas.
A túa voz potente e teu sentido reivindicativo
E teu canto de denuncia eran un altofalante potente
Que atravesaba as Terras de España
E a nosa amada Galicia, lugar lindo
E no teu tempo esquencido e pobre.
Os campos ficaron valeiros,
E os emigrantes foron habitantes foráneos
D paises afastados, para nós naqueles tempos do esquezo.
Agricultura da soidade, campos abandoadas,
Sacrificios no estranxeiro e Galicia, coma, sempre, sacrificada.
Pero a túa voz inequívoca é unha fonte de denuncia contante,
Pides pola liberdade arrincada.
Miguel Dubois.
HÁBITO OU DEFORMACIÓN
Posted 06/05/2010
on:A palabra aberta para amarte fondamente,
Perdido na insistencia fonda e amarosa
E cando de ti me afasto invádeme un frío mortífero
Meu amor, canto che quero ,dous mundos xungidos nun só.
Quérecho, sempre, bico aceso, feble presión doce,
Desfacer é o meu manto frío de neve branca e extensa
E unha longa tarefa da calor constante
Avantan os días senlleiros e avanta a amada vida
Que a faciana noon me dá atá o de agora, por sorte
Namentras a soidade é un desamor constante é unha illa senlleira,
Un deserto de amor continuo, un ser asoballado polo silencio
A banalidade é común é importante, desgracia, as veces,
E o importante é banal, un monumento adsurdo á aparencia.
A miña vida enteira son feitos banales, per si mesmos, abofé.
Son importantes para min , porque son sinxelos e dimininutos.
No son trampas baixas e indiferentes que tan de míudo acontecen
Asumo o poder do sencillo e daquelo que me resulta efímero.
Sintome ben cando non me decoro con absurdos obxetos.
Porque, de feito, quero agachar algo que non gusta
Ao Mundo Alleo, que penso que me xulga pola apariecia visual
E neste intre perfecto síntome eu mesmo sen engadidos.
Que maior ben que seres ti mesmo, sen roubarlle nada a ninguén.
Nen a mirada absurda ou fala prepotente, a que insulta,
Son o que me pertence, a ledicia pasaxira ou a dor ferinte,
Pero todos e todas somos máis ou menos igoales
Simplemente temos unha xenética diferente,
Diferntes posicións ante o Mundo Exterior,
Mais debido á Mundo Tolerante,
Acadamos un sociedade máis solidaria e plural.
Que nos fai ser, ó mesmo tempo seres singulares dentro do Mundo
Colectivoonde todos somos algo, unha aperta ou un bico
De que modo absurdo fanse válidos os prexuizos inxustos
Ou que é un de nós para condear o que non se debe condear.
Que establece os parámetoos da verdade ou da mentira
Hai quen se chama importante de palabra e feito,
Un espinoso xogo de palabras absurdas, que nada significan
No seu propio senso concreto; a carencia do fondo interno
Unha palabra deserta de significado pleno,
Significa o deserto da palabra, a palabra absurda.
Que delicia saborear un mundo pleno de belleza,
Cal é o discurso da auténtica palabra, a que obriga a loitar,
Sen baixar a testa e afrontar valentemento a vida cotiá
Nos días da vida, para ben ou para mal,
Cando dareille as costas ao meu amigo,
Para ser un pertencedor ao Club dos Hipócritas,
E cantas mentiras grandes quedaranme por pronuciar
Para pertencer ao Clube dos Desertoras da Mentira Plena
E que palabra ten o inmenso senso da verdade íntegra.
As pantallas diversas acéndese, desvanecendo pensamentos
Con motivo de mentir, enganar e crear o absurdo consumista,
Ou acadar o Mundo do Imposiblidade o soño ficticio,
Un faro absoleto que xamáis deixa mirar a lus acesa
Estou contento porque contigo estou contento
Ao teu carón todo resúltame doado.
Alvisco cáseque un perfecto mundo colorido
A túa rente, a túa beira, ao téu carón.
Cando habito a dura soidade, ou lembranzas punzantes,
Habito un silencio escuro mortificante e desalentador
Habito ocupando un lugar mínino; habito en min
Sen habitar o meu interior, agora valeiro,
Habitante senlleiro da miña soidade aberta.
As estrelas do ceu aberto, bóveda noctura perfecta,
E de noito e estóu somentes conmigo
Lendo un libro azul e groso
Ou escrebendo os derradeiros versos da xornada.
Sinto o poder da soidade extrema, o fin da campaña
Cando constrúo un pequeno mundo cheo de sentimentos vivos
De palabras mesturados e con sentido, penso eu,
Que relatan as miñas vivencias máis íntimas
Ou a derraderadeira maldición feita ou recibiba.
Que condénanos a vivir a fivrolidade perversa
E a constante mentira que forma parte
Do discurso político, carente de forza e brío
Mundos de palabras e palabras, falsas verdades
Ou máximas hoquedades ou totales carencias
Que forman oracións abstractas e indefinidas
E falsos monumentos a palabra tresxiversada.
Un decorado discursivo con nulidade de fondo.
As veces, pregúntase un, no medio de se mesmo que delito cometido
E unha nova forma de legalidade por convenienza.
Non se recoñece a verba verdade. Dóe o Mundo Real,
Agáchase o delito que xa se coñece
E o poder política fica a beira do absurdo,
Cando o vivir cotiá podería ser normal e doado,
Sempre aparece o elemento distorsionante,
Que non pode deixar de facer barullo constante
Porque os acontecentos non saen ao seu xeito.
De que xeito débese recoñecer o erro estrepitoso,
Porque teño que negar o meu engaño universal,
Porque non acéptasese á mentira polo seu nome.
O Mundo é unha Complexa Paradoxa.
Miguel Dubois.
Coraxe davondo e valentía suprema e persintente
Na percura da verdade oculta da maldita hipocresía
Gardada nas gavetas do esquenzo permitido
Non non acougou có medo paralizante nunca xamáis; sempre,
Foi valente clara e decisiva e constante,
Diante dunha mafia tremenda amiga da fonda morte,
Das armas de matar pola tolemia dos narcotraficantes.
Loitou atá o derradeiro momento da súa vida ,día a día,
Entrevista a entrevista,
Preguntado polos barrios baixos dublineses
Interrogando aos camellos matarifes,
E a xuventude doblegada a unha xiringa asasina
Perseguida constantemente,
Maltratada polo Gran Capo
Posuidor da Masión Debida
Posuidor de fermoso cabalos
Gañados a conta da saúde pública e xuvenil.
Atacada na súa casa, soia, Verónica
Por un maldito pistoleiro asasino
No que a vida, de feito espantoso
Quitáronlle, como quen arrinca
A un ser humano vital e elemental
Da plea laboura a prol da integridade da verdade.
Envexa dos que dicían que os seus,
Eran os seus amigo. Eran só envenxa
Do que ela podeu desafiar, o medo isolente
Ferida de bala fría ou brutalmente baticada,
Polo que executaba as ordes do mal vivo.
Dirixente da maldade e da perversidade,
Consumindores sustancias estupacientes
Facían as notes e días máis perversos.
A xornada laboral era inesgotable e
Revisar arquivos longos ou sen fin.
De pasantes de información segreda,
Enlace informativa, ponto medio
Da cadea transmisora en comunicación plena.
A información saía no diario dublinés
The Sunday Independent,
A mafia, de novo ameazaba a Ronnie,
De espíruto xeneroso ao servivio dos demáis.
Unha muller non exenta de beleza femenina .
Ronnie, quitaba a información dabondo
A Mafia, de novo, voltaba á lingoaxe amedrantador,
Cando na década do mil novecentos noventa,
Ao ano dous mil, pretendía facerse cargo
Das finanzas dublinesas Os Capos de Dublín
Xoves condeados a morte ou a longa adicción
Polo tráfico das tremendas drogas mortais.
Días de acoso e ameazas de morte continuamante
Mais Ronnie, non abandoada
O descubrimento da verdade, a lus agachada
A lus da verdade brillante
A medraxe dos capitais dos capos dublineses.
Namentras Ronnie seguía coa su carreira de averiguacións,
Ata que un día tremendo un motorista asasino
Totalmente cuberto da cor da morte disparou e asasinou
A Ronnie, no seu coche aos arredores
De Dublín Capital.
Considerado tan acto criminal
Como un crimen a Democracia de Irlanda.
A loita rematou nun crime horroroso,
Morreon xoves dando o seus seres a substancias oscenas.
Caeu a tristura longa dun silenzo perpetuo e consentido
Sairon filmes, libros e artigos
Sobre Ronnie. Dou a súa vida
Aos outros que por eles loitaba.
Deixou, por sempre, ao seu neno pequeno,
E a seu amado marido.
Ronnie xa non está eiquí non mundo vivo,
Pasou ao descanso total e absoluto.
Xa non escoitamos a súa voz verdadeira,
Dou a vida pola liberdade de expresión
Dou a vida para calmar a dor dos desaucidaos
Consumidores de drogas fatales.
Os tremendos capos do mal
Non dubidaron de rematar coa liberdade de expresión
De Ronnie: Deixou a súa vida no combate da mesma vida.
Miguel Dubois.
Veronica Guerin, nacida en Dublín o día 5 de xunio de 1958. Tivo cuatro hermáns más. Foi a Escola no mesmo Dubín. Estudou, posteriormente Contabilidade e Investigación no Trinity College, lugar de estudio de tantos irlandeses, cómo Oscar Wilde, o Samuel Becket. Ronnie, Verónica Guerin, fundou unha compañía de Relacións Públicas, antes de xunguirse, aoSunday Bussiness Post e ao Sunday Tribune. En 1994, comezou a escribir sobre sobre ese fenómeno tremendo do Crimen Organizado irlandés para o diario Sunday Independent. Ronnie foi unha Mae de Familia que se sinteu, conmocionada polos estragos que a droga facía. Foi unha muller guapa e xove . Non lle chegaban as explicacións oficias ou a lexislación vixente, que podería ser un porto franco para os narcos. Atopará incompresión polas autoridades políticas, da propia policía e de compañeiros de profesión e da súa familia. Trátase dunha muller nun mundo de homes, dunha persóa anticonvencionalista nun ambente conservador, dunha Mae de Familia que está a descoidar aos seus a prol da súa tarefa investigativa . En máis dunha vez estivo a pundo de deixalo, mais non foi capaz, porque estaba na convicción de que a súa laboura ía axudar ao seu pais, e así foi. Verónico Guerin, será agoro un novo icono, según as palabras de Aengus Fanning, o seu ex-xefe e editor do Sunday Independent. Seu monumento conmemorativo está no famoso, Dublin Castle, monumento fundamental e histórico da cidade dublinesa. Ronnie simboliza a coraxe e a valentía. Como muller logrou triunfar no mundo dos homes. Pola súa causa, cambiou a lexislación penal de Irlanda, que determinou que o traballo policial, se non más doado, si máis efectivo. Para o seu irmán Jimmy Guerin, a lembranza de Ronnie sempre estará presente na súa ente. Comenta Jimmy: estabamos, sempre, moi xunguidos pero, a verdade é que todos perderon a alguén: maes, fillas, hirmáns, hirmás, maridos, esposas,fillos as súas mais. Un bota en falla a diversión e a tolemia total que ela imprimía en calquera festa ou reunión Verónica estaba para todo aquelo que nos necesitabamos. Ao servizo dos demáis. Ronnire ía moito máis aló de todo eso. Para no ser descubierta utilizóu diferentes pseudónimos. Como consecuencia de lo escrito en el periódico, recibíó diversas amenazas de morte. El día 30 de xaniro de 1995 le dérronlle un tiro en nuha pierna. A pesares do acontecido siguíu coas investiagacións, apoiada cun sistema especial de seguridade instalado polo diario The Irish Independent, para protexela a súa integidade. O día 13 de setembro de 1995, o criminal convicto, John Gilligan, atacauna namentras Ronnie pretendía entrevistala. Este secuencia aparece na película e é brutal. O fillo de Ronnie, también, foi ameazado e La Garda Síochána, La Policóa de Irlanda, ofreceulle escolta as 24 horas do día, pero ella rexeitóuna. O día 26 de Xunio de 1997, cando Ronnie conducía su coche por la M7, cerca de Newlands Cross, uns poucos kilómetros ás aforas de Dublín, cando se parou nuns semáforos, unha moto, que estivera a seguirlle, púxose a súa altura. e un dos motoristas disparánlle a Ronnie, repetidas veces. Foron seis disparos que a firen de xeito fatal. O asasinato foi calificado polo Taiseach John Burton, como un ataque a a democracia. Verónica Guerin fue premiada con el International Press Freedom Award, curiosamnte, concedido a unha muller
O 1 de maio
Posted 01/05/2010
on:Vivimos para vivir con respecto e dignidade.
Vivimos para gañar o pan cotiá.
Vivimos para compartir o noso salario
Cós seres máis achegados a nós
Necesitamos o traballo como alimento
Continuo para nosa superivenza
Pedras comer non podo.
Alimentámanos có noso traballo,
Reivindicamos a xustiza laboral
Elemento primordial de cada ser humano,
Sen ningún tipo de distinción,
Raza, credo, país…
Para aqueles e aqueles que ficaron
Fóra do eido laboral. O feble, de sempre,
Paga as desfeitas alléas, o que non
Lle pertence e castígano co mal alléo
O poderoso, o que especula, o que minte
O que rouba, sempre, gaña.
Desgraza malvida, é que un parella
Traballadora, castigo do demo do inferno,
Fique sen salarios. Salarios silandeiros,
Salarios fríos que xeneran inseguridade
E medo existencial. Quen alimentará
A este pequeno froito dos tempos actuais.
Os salarios non teñen números positivos,
Son os salarios dos ceros redondos
O Conxunto Valeiro o salario mudo
Os salarios valeiros
Veleiros alléos ao vento
Que insufla a beleza das brancas velas
Os salarios sen vida.
A riqueza morre para o humilde
E os sultáns dos cartos
Reúnenese en despachos de caoba grosa e
Brillante. Morrer que morre quen queira,
Mais ao poderoso ruín
Entende máis de economía que de
humanidade.
Que inxusto é a manipulación númerica
Que poderosos mentiras
Paseasen polo mundo enteiro
Quén e mellor quén,
Quen sabe todo mellor que todos,
Que absurdo vieiro conduce á mentira.
Cantas verdades proclamadas
Cantas mentiras cumplidas
Deste micrófono brillante e chamativo.
As de creer tódolas contos que eu che conte
E ti dirás, non é lóxico e normal tan quixera,
En vez dun ser humana parece
Un disparador de palabras automatícas.
Miradas serias miran ao orador
Baixan a cabeza de xeito afirmativo.
Créase confusión e dabondo insultos
Indebidos anda solta a lingua de hoxe.
Un Primeiro de Maio máis,
Un enfado maior, un caos económico,
Un ano máis no almanaque
Un berro impotente
Carregado de rabia activa
Daqueles desertores obligados
Do eido laboral
Os pavillóns das fábricas
Fican valeiros e as máqinas pararon.
As agullas estan fixas,
O pó vai cubrindo todo.
A nave no seu interior perverso
Vai tomando aspecto abandoada
Xa non hai vida, xa non hai traballo
Na nave senlleira ateigada da cor gris.
Os berros xa non existen
E as ordes deixáronse de cumplir,
E as máquinas fican paradas,
Ocupando sitios estériles
Hoxe polas rúas berramos
Traballo si, Fame non.
Reivindicamos os nosos dereitos
Máis elementais que permítenos
Chamarnos seres humanos civilizados
Con dereitos fundamentais imcumplidos.
Como é gañar o pan noso de cada día?
E por iso que hoxe polas Rúas da miña
Vila Linda, berro liberdade,
Porque estou preso no meu cárcere interior
Que chaman ausencia laboral sen
perpestivas.
Parece que a vida remata.
Parece que teño que estar na vida "parado"
Como se fora unha estatua que nada vale,
Quen me podera dar forza e movemento
Para traballar. Sinto inutilidade,
Non me sinto persóa útil
Estou, "forzosamento", parado.
Non valo para sumar ou para restar.
Somentes estou eiquí para estar.
Vou perdendo a miña propia identidade
E vou atravesando valados de néboa branca
Sou como un ser invisible.
A ledicia vou perdendo, de cando en vez
Agarimánme coa unha bóa noticia
Un esperanza desexable
Ou unha mentira piadosa.
Tiña esperanza certamente,
Un certa esperanza
Nos tempos recén pasados,
Nos tempos de hoxendía
Mais todo foi un engano perfecto,
Ou un delirio de diñeiro especulativo
Unha burbulla virtual,
Espida de verdade averiguada
Fálanos de crisis abusiva
Paradisos fiscais
Diñeiro que non ten volta
O Primeiro de Maio
Reivindica o seu dereito
A traballar dignamente.
Miguel Dubois.