Caderno de apuntes de PepeR

Archive for Outubro 2014

Pontevedra, ao 31 de Outubro de 2014.

O ABUSO.

Morre o mes de Outubro,

festexando o Samaín,

proclamando,

as Festas de Outono,

outono veranceiro,

non vai frío nen chove.

O potente Sol está

semple visible,

potente bola,

poderoso laranxa

pendurada no azul do ceu,

namentras xogabamos

có Mundo Futuro

de nenos e nenas felices

aos xogos populares do País,

esta Galicia fermosa,

ateigada de beleza

e saturada de desafortunadas

construccións, froito avaro

dos malos cidadásn dun país

que perdeu o seu Norte propio.

Abondan os abusos de poder

o feito corrupto, creando

un eido abusivo,

que arrinca a ilusións

a moitos cidadáns honrrados,

que se lles arrican a ilusión,

de vivir polos abusos bancarios

e retiradas de axuda sociais

máis urxentes.

Mais non importa,

din os poderosos,

porque representa

o eido mais sensible

da sociedade enteira.

O feito des humanizador

é unha constante cotiá,

os bancos de alimentos

piden axuda urxente

e nos centros de internamento

de cidadáns estranxeiros,

brutos e malvados funcionarios

maltratan a cidadáns estranxeiros,

crevando os dereitos humanos.

Supoño que os nosos emigrantes

en Alemania; Suiza, Franza,

Arxentina ou Cuba,

non foron maltratados

por querer gañar

o pan de cada día

na afastada diáspora.

Homes e mulleres maltratados

nos aramios, sandando

polos pes da carne aberta,

pau forte e de volta en quente,

namentras as esferas poderosas

son arrestados polos corpos policias,

ex ministros, ex alacades,

con grandes cantidades

de diñeiro roubado

a todos nós, o Pobo Soberano,

e cando protestamos

uns homes automáticos

carentes de sentimentos,

fírennos sen piedade.

Xa remataron coas Caixas de Aforros,

cós seu poderosos edificios

antes galegos, agora foráneos,

que erguínse outos

no sky line das urbes e pobos,

Non contentos có roubo,

inventaron un prodixioso

instrmento financiero,

chamdas participacións preferentes

para roubar enganando

aos nosos antigos emigrantes

e outras xentes honradas.

Governo de España:

Sr. presidente de España:

Vaíase porque vostede

é unha vergoña pura.

Vostede reprenta

ao cumio do seu partido.

Miguel Dubois.

Advertisement

OS TEUS OLLOS SON DÚAS LÚAS ACESAS

Pontevededra, ao 19 de Outubro de 2014Os

Os teus ollos abertos

eran dúas lúas relucentes.

Calmas o noite pecha

alumeas os espazos escuros.

Teño que mirarte a tí,

sempre, a tí mirándoche,

enches o valeiro

a nada proposta.

Á túa mirada acudo

para vencer o medo.

Quixera chegar ao ceu

da lúa chea, e non pensar

en nada menos na belleza

dos teus ollos enteiros,

que asulagan a tebra e a dor.

As lúas dos teus ollos

están acesas.a lo menos,

por esta noite de Outubro.

Miro os escuros neboeiros

que van camiñando

polo ceu nouturno.

Pouco son sen as luces

dos teus ollos abertos

porque son dúas

lúas acesas.

Miguel Dubois

A DOR QUE MATA.

Atlántico, Norte de Travesía, ao 1 de Outubro de 2014

            Vento,

            insúflame

           esta vela branca

           Para chegar

           a Porto Lindo

O Mundo parece que loita polo

comezo do descontento pesado e perverso,

absurdamente e contradictoriamente,

na súa propia contra, no seu decrecemento

e achicamento constante do grande ao pequeno,

baixada de temperatura ao mínimo establecido

do que moito foi nada é

é sementando  de dúbidas

e interrogantes crecentes

sendo o sentido da verdade decomisada,

camisa rota do corpo espido e dorido,

carne permanente que me acompaña

da mañá á noite, día tras día,

un feito incuestionable de razón inversa

o froito do mal  podre e ireverente

A verdade, para quen? Para quen

o froito das mentiras maquiavélicas?

Para quen as palabras prometidas

os absurdos destinos da miseria?

Unha dúbida permanente

que asulaga as verdades esquencidas.

A sumisión é un feito evidente

a perda da democracia verdadeira

a invención de leises absurdas

e a discordia o discurso cotiá.

Polas testas dos seres humanos

constantes suxeitos, carentes

de amor con xeito de empatía

froito do abuso constante,

van voando as mentes prepotentes,

coma avións de frío ferro.

O mesmo discurso maldito

que vai facendo da vida

unha maneira de ser improcedente.

A vida engañosa e mintireira

que ao traveso da palabra egaño

vaise filtrando polos buratos

do muicrófonos negros

A vida fíxose dura, extrema

e a certitude

é un teorema inútil.

Os traballos desapareceron,

os bancos insuflaron

o importante capital

e os días enteiros

fixéronse incomprensibles

e inuaditos. Pechan de aquí

e pechan de acolá

pero non saimos

do silencioso soto

escuro e sinistro.

As leises absurdas

debilitan  aos máis febles

aos seres máis sensibles

ao tremendo dor que provoca

a carencia da felicidade,

e me sinto tan só e desvalido

que o meu corazón está

espido de esperanza.

Escuro camiño torto,

non se sinte á dor

que sinte o amigo

que nada ten,

non sabemos pornos

no lugar seu,

no seu doroso sentir

polo noso egoísmo propio

e pola a nosa doctrina

do  egocentrimo estrafalario

pero o número de ricos

medra ao ritmo trepidante,

inxustiza consentida

dunha economía prepotente.

Medran as necesidades

do necesitado

que non ten salario

ao fin de cada mes.

Longos días perdidos

sen nada que facer,

valeiras fiestras

do desamor e o desengano

Din que a culpable

é un Dona, chamada Crisis,

unha política neoliberal,

perfectamente estructurada

e consentida,

que vai arrincando os traballos

das crases máis populares,

e xerando un clima inxusto

que remata coa esperanza.

Unha obsesión constante

coa privatización

da Sanidade e do Ensino.

Feito aberto

a unha deshumanización

que medra, tódolos días

un cacho máis.

Un discurso político

valeiro e inefectivo.

A ineficacia política

é un feito aberto

ao pasar da vida

sen pena nen gloria.

Todos e todas

traballan na chamada

Empresa da Corrupción,

Máxima e Suprema.

Miguel   Dubois.



  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías