Archive for Xuño 2010
In memoriam JOSÉ SARAMAGO
Posted 21/06/2010
on:O golpe fatídico, rematou coa súa vida enteira,
A morte que arrebata e fai tremer, chamóuno,
Con previo aviso máis sen pedir permiso algún
Para apartalo do mundo mortal, onde sófrese
E, onde, as veces, gózase de feito fugaz e depresa.
Mais foi único no mundo enteiro, un loitador constante
Desconsiderado coa inxustiza premeditada,
Ensalzador da xustiza que non existía
Amigos dos necesitatos, dos perseguidos,
Dis fillos da carencia e o desasosego perpetuo.
Fillo de labregos e nacido na aldea de Azinhaga
Ribadetejo o dazáes de novembro
De mil novecentos e vinte dous
De isto xa vai moi tempo, tanto tempo
Tempo tanto, tanto tempo tic -tac -toc
Tempo tonto, tanto tonto,tempo longo
Tempo tempo de tódolos tempos
Tempo exacto, José saramago.
Deixaron o campo habitado de terra negra
No que non habitaba ningún espíritu de Os Lusiadas
Nos tempo de Vasco de Gama
Ou o Marqués de Magalláns.
Namentras Luis de Camóens era facedor
Das aventuras de Ultramar afastado
Pobre e miserento, necesitado
Axudado polo Rei, naúfrago en Mozambique,
Habitante lisboeta en Góa.
E marcharon a gran cidade, capital do país
Mundo de oportunidades frustradas
Pratos partidos de pobre común,
Sociedade dividida antre mundo opulento
E na vida da necesidade grande,
Con muita xente cós pes espidos,
Abofé e lémbrome
Poño por caso o barrio da Alfama
Necesidade dun barrio popular.
Deixou o estudo do coñecemento
A fase evolutiva, educativa e formativa,
Do saber querido ;mais non había escudos extra
Somentes o xustiño para a supervivenza cotiá
Cambiándoo polo mundo laboral duro
En talleres mecánicos de ferro duro e graxa esvaranrante.
Tivo postos burocráticos lentos e torpes.
Que fan lembrar ao Desasosego de Fernando Pessóa
Subío aos tranvias amarelos camiño do Castelo de San Jorge
Grises con sabor a cinsa gris eran os burócratas
De tinta gris e negras e recéns estreadas
Namentras fumaban longos pitos brancos
Paipas estudadas ou cigarros puros de A Havana,
Máquinas de escreber "Underwood"
Que emporca a puntas dos dedos de negro absurdo,
E Negra tinta chinesa, que seca o papel secante de cor rosa
Montaban nas bicicletas negras camiño do traballo
Coñece Ilda Reis, coa que casóu,
No ano de mil novecentos coarenta e catro
Xa morreu aquel ano, no pasar de tódolos anos
Nace o seu primeiro libro: A Viúva, A Claraboia.
A política castiga a José Saramago, có desemprego
Tempos da censura estricta e severa
De dictadura severa con pensamentos extravagantes
Militante do Partido Comunista de Portugal
Lémbrome de Alvaro Cunhal, Segerdario Xeral,
Lémbrome de Luís Cilía,
Lémbrome de José Afonso.
Eran os tempos de Santiago Carrilo,
Liderando o Pecé de España.
Eran os tempos de Enrico Berlinguer
Daquela Italia polipartidista
Brutal atentado en Bolonia,
Polas Brigasas Vermellas,
Eran os tempos de François Marchais
Francia nos tiempos del maio
De mil novecientos sesenta y ocho.
Eran os tempo de leader xove, Von Dick,
Hoxe no Partido Verde no Parlamento de Europa.
Georges Moustaki lideraba un soño irrealizable
Eran os tempos cando Mikhis Theodorakis
Paseábase polos escearios europeas
Representando o Canto Xeral de Pablo Neruda,
Por consello da Ministra grega de Culcura
Melina Mercury. Eran tempos cando Joan Baez
Cantou en Vigo We Shall Overcome,
E decer: Venceremos Nós.
Ou Farewell Angelina.
Eran tempos da Revolución dos Cravos
Aquel vintacinco de abril de 1974
Na que un meniño loiro, colocaba
Un cravo vermello no canón dun fusil ergueito.
Un docente amigo de Saramago, atópallou emprego
Pola bóa fe do vello profesor
Que con bons ollos miraba ao seu antigo alumno
José Saramago, perdido na hostilidade
A il brindada de feito gratuito,
Saramago era o alcume do pai de José,
Planta que a base de comela remataba cá
Fame forzosa e tremenda, do campo negro
A literatura chama ao Universo Saramago
Coa Editorial Cor e coñecemento de outros escritores
Traductor perfecto de Mauppassant, Baudelaire, Tolstoi,
Hegel, Raymond Bayer, Collette, Jean Cassou………
A súa filla Violante, nace no ano de mil novecentos cuarenta e sete
Traballador do Diario de Lisboa,
Director Adxunto do Diario de Noticias
Momentos de recoplilación e asimilación
Nunha vila do Alentejo, Lavre,
E nascerá Levantamento do Chan
E obras e obras a polémica levantada
Polo Evanxeo según Xesuscristo
Censurado en 1991 ao Premio Literario Europeo
Abandóan a sua Dona, Pilar, e José, Portugal
E fican no paradiso de Illa de Lanzarote
Colaborador de Asociacións polos Dereitos Humáns.
Viaxeiro de todo Mundo Enteiro
Gran digñificador dos dereitos de tódolos seres humanos
Absoluto reinvicador da Xustiza Social
Priodade á o Ser Humano, persóa.
Non as loitas ou comercio hexemónicas que truxeron destrucció.
Que manda máis a empresa ou a Presidencia do Governo?
Ou a gloria abslotuta de ser Premio Nobel.
Somentes hoube e haberá un soio José Saramago,
Orador perfecto, racional, particular, único
Contumaz. Non falaba por falar,
Falaba transimindo de xeito pedagóxica
As súas verdades doían,
Por iso non se quixo escoitar en determinados círculos.
O seu legado é un feito severo e indudable.
Miguel Dubois
HABITANTES da INDIFERENCIA.
Posted 11/06/2010
on:Sentirse pouco, un anaco de vida curta,
Un ser humano indiferetente e banal
E sempre achegarme ao pouco que eu sei,
Abofé do miña creenza de sabedoría mínina.
Abofé da miña drscreto a esnovismo inútil.
Abofé, por necesidade, de integrarme
Ao o que eu son con cachos de amor dos demáis.
Abofé que o que condea, está dicindo
Que non se quere asemesmo e despreza
A todo aquel que como el ou ela non pensa.
Impón criterios personáis aos demáis,
Sen preguntar que pensa o que lle escoita.
Resulta a falla da democracia, a carencia
Da verdade plural, a indiferncia ante o alléo.
O Castro de Baroña estaba fermoso
O monte da Curota é o Mirador de Europa,
Querido Tito. O Sol estaba na súa beleza extrema
A comida foi un momento de ledicia intensa,
Antre o desexado, o benester ou o sorriso desinteresado
A praia gozaba de fermosora plena,
O ecosistema estaba, perfectamente, controlado,
E a gran duna de Corrubedo era un fermoso monumento
A area branca e pura. Gratas palabras de benevolencia
Achegamento xeral, concordia e gratitude
Dinme de conta, có paso temporal
Que a miña vida era un regato de ignorancia
Canto eu más quería saber, máis portas descoñecidas
Ficaban por abrir e máis inrrogantes acumulábanse.
Algúns libros lidos, algunhas banalidades contadas
Unhas cantas paisaxes vivas e explendorosas
Cumio da beleza paisaxística suprema,
Que me arrican este valeiro absurdo que me atormenta.
Pouco sei, aínda que cría saber algo diferente
Ou distinto que me achegábabame ao cumio do saber
Chamado, por min de xeito incerto e sen querelo
Que non existía; era un extraño soño iluso.
Uns cantos diarios lidos e ateigados de mentiras
Dorosas.
Uns cantos anos de estudos vencidos e escasos
Polo tempo pasado e pouco saber me habita, de certo.
Son pequeno como a formiga negra e traballadora,
Mais que pouco aprendín a pesares dos anos vividos
Aprendín os momentos duros que doen dabondo
Aprendía, ao traveso de libros diminutos,
O berce da sabedoría creída.
Síntome diminuto, ou son como un anaquiño
Da sabedoría aprendida, e daste de conta
Que non atopas o momemto de estar a ben contigo
Mesmo.
Creenzas das que nunca creía , e un absoluto valeiro
Enchíame de fondas tristuras inauditas.
Entón pensanba nos que sufriron dabondo,
Poño por caso, Miguel Hernández,
Ou pensaba naqueles homes e mulleres que partían
De portos africanos, en pequenas embarcacións
E creían que chaegaban ao Paradiso Terrenal de
España.
Mais a realidade batía con forza contra eles e elas,
Namentras vivían no máis puro abandono.
Nas rúas de Madrid, poño po caso.
Percorrías a Rúa Bravo Murillo
E de sócato aparecía a diversidade humana:
Diferentes razas polas rúas camiñaban
Facendo en grupos extensos ou en soidade triste.
E a necesidade era extrema e poderosa
Brasileiros de razas diferentes, Bolivianos, colombianos
Domimicanos, cubanos, xamaicanos, congoleses,
Marroquinos,
Tunezinos, asiáticos diversos: chineses, coreanos..
Baixando pola Gran Vía madrileña, puden mirar
Unha maré humana de diferentes países en continuo
Movemento
Sentín un gran goce interno, cando dinme de conta
Que habitaba no Mundo Intercultural Necesitado,
Que deixou o seu país orixinal por mor
Da máis absoluta necesidade,
Como fixemos os galegos e galegas
Nas terras cubanas, arxentinas, alemanas, francesas
Suizas ou mariñeiros de tódolos mares existentes
Traballando nas cubertas de inmensos petroleiros
Por outra banda, froito da deshumanización.
As noites eran moi duras para aqueles e aquelas
Que durmían enribas de cartóns e mal tapados
Ao frío da noite madrileña espida.
Puiden observar na Praza do Carme,
A rente da pequena igrexa coma unha muller negra
Delidaraba dentro da súa dor tremenda,
Ante a ausencia de auxilio necesitado.
Perto nunha enorme parede puiden observar
Un gran retrado de Enrique Tierno Galván
Fun froito do achegamento ao pasado
De tan ilustre alcalde bondadosa e tenro
Militante do Partido Socialista Popular.
A cidade era unha enorme contradicción
Na que habitaban ricos homes de negocios
E pola contra os seres humanos rexeitados
Abandonadaos ao mundo carencial
Eran froito do esquenzo e da insolidariedade.
REFLEXIÓN INTERNA DOROSA.
Non podo comprender que ti non me comprender.
Doado é o meu entender, simple afastado
Da complicación absurda e delirante.
Non podo compreder a linguaxe complicada,
Non podo comprender ao teu dedo índice sinalador.
Porque somos tan diferentes, tan distintos e desiguaias
Mais en ningún intre, nunca, superiores, os uns aos
Outros, Mal non te quero; abofé!
Sempre hai tampo para rexeitar o alléo a ti mesmo
Mais antes de facer actos condenatorias,
Convendría revisar teu propio ser
Eres axeitado nos teus xuizos?
Remato o poema preguntando
Non sen a dor que a mi me pertence:
Que e a xustiza plena
E onde come a inxustiza?
Miguel Dubois.
VIDA VIVIDA
Posted 08/06/2010
on:Terras Atlánticas, ao 8 de xuño de 2010.
Estar onde debes estar, no lugar exacto que ocupas,
Ponto esencial habitable onde eu existo ,agora, de momento,
Posto vital no que habito a fondo completo vestido e pagado
Distinguir do que me separa e do que achega.
Do me xúngume para sempre ou do afástome.
Distinguir antre o amor que enche e o odio matador
Que divide ós pobos diferentes e civilizacións encontradas.
Mundo na contra do outro mundo, bipoliridade,
Xuntarme polo que debo loitar, no Mundo Cotiá,
Que vai construíndo os nosos seres íntegros
A vida enteira entrega ao verbo amar fondo en ti
Condear o abuso o que fai que o ser humano
Víctima de se mesmo froito desalentador
Fágase máis feble e vulnerable ou desapereza
Demoler o mundo inxusto que mágoa que fire e mata
Ser forte cando sufrir toca, arrincar o absurdo
O sobrante que desbórdame
Que me acribilla con balas de dolor tremendo.
O mundo necio que oprímenos nun arrebato
Inxusto e implacable, e enton, cando en min
Pérdome, desatino, incertezo e con medo criminal
Cando eu pregúntome que significa xustiza
Cando xustiza é un absurdo sustantivo perdido,
Perdido có paso do tempo perdido y esgotado
Cando a xustiza é sinónimo de poder manipulado.
Quen condea ao xuiz xusto que arremete
Contra o crime histórico e o desaxusto social
Que valores éticos e humanos fan máis forte
A un ser que busca o encontro consigo mesmo
E a adaptación ao mundo social correspondente.
Adaptarse no punto exacto do camiño andado.
Adaptarme para entregamarte a tí fondamente.
No pequeno e no absurdo no que resulta
Importante para achegarme máis a tí.
Carece o mundo de sentido sen o teu achegamento particular.
Sen a túa peculiar arte de quererte, día a día, ao longo da vida enteira.
Entregarme a tí, íntegro e sen solemnidade algunha; espido e completo.
Entregarme a tí enteiro e no paso do tempo que son moitos anos vividos
Tempo sucumbido polo seu paso imparable, reloz de vento forte,
Que derrube vidas habitadas de caricias ou labazadas merecidas.
Que anuncia o achegamente do mundo futuro, interrogante completo.
Mundo que constrúe as súas vidas na experiencia persoal
Habitar con frío interior intenso de sosego ou inquietude,
Ou có corazón henchido ,amor puro, vida enteira,
Que premia polo feito de sentirse amigo do meu amigo.
Facer un mundo solidario, habitarte cando o necesitas
En fin: vivir para vivir, vivindo a vida fondamente,
Sen o discurso alterado ou o insulto concreto
Miguel Dubois.
GAZA SECUESTRADA
Posted 05/06/2010
on:Esta necesidade imperiosa que chámame a escreber,
De feito repetido e constante, impulso interno ou reflexo
Externo .Esta chamada das letras escritas e caligráficas
Que impúlsanme a creación de pequenas hestorias vitais ou
Indiferentes, pulso do exterior o do meu mundo interno.
Historias alleas ou personais. A vida chámame a retratar
Anacos de inmensa felicidade ou perversidade concreta,
Fondos da miña vida en liñas escritas e paralelas.
Chámame a maneira que eu teño de mirar a existencia
A existencia desequilibrada dunha balanza inxusta.
A existencia dunha falsa filosofía de mentiras absurdas
E intencionadas, de enganos sutis e premeditados,
Unha tremenda desventaxa para atoparte contigo mesmo
Ou amar fondamente aos seres achegados ou non tan
Achegados que necesitan constante agarimo
No percurso das súas vidas perseguidas,
A constante amargura do mundo esquencido
Ese sabor amargo a limón amarelo,
E a chamada ao mundo especulativo,
As fábricas do textil en Bombay,
A destrucción de todo aquelo feble, aquel ser necesitado
Que pide constantemente anacos de amor roubado
E Vicente Ferrer soúbolles dar, agarimosamente,
Fondo que o poderoso ramata, sen piedade,
Ellacuría eliminado no medio do escándalo teolóxico,
Aniquilando a soñada esperanza e a pasión aberta ao
Mundo solidario e amoroso, vivindo xuntos para vivir.
A inversíón dos valores humanos e a deshumanización
A venda de armas a bom precio, negocio permitido;
E unha táctica máis de crear falsas espectativas.
Aniquilar ,á xente solidaria, navegantes dunha dun barco
De esperanza camiño da mortificada e esquencida Gaza,
Creación do estado de Israel no ano de 1948,
Pola Comunidade Internacional, sobor de todo
A excepción do desinterese
Dos que van a axudar ao que de todo carece
E da súa liberdade son donos os que manexan
Un exército sofisticado que non respeta
Os dereitos máis elementais dos seres humanos
Os maltradados Human Rights
Ao necesitado, ao bloqueado e perseguido
Sen vergoña algunha e total prepotencia mortal,
Namentras Silvio Rodríguez canta en Nova Iork
Aínda que parece unha contradicción ou paradoxo,
Ou unha inversión de valores,
Cando un pregúntase cal é o verdadeiro significado
Da palabra liberdade no seu amplo significado absoluto.
Daba a impresión que os febles non tiñan dereito
A habitar as propias terras, as súas que lles pertencen
E que no Mundo Pretérito foilles roubado
Por un extraño decreto da ONU de poder e forza.
No ano de 1948,.
De sócato, o culpable é convidado a ser iñocente
E o iñocente, fanno culpable, porque hai que crealo.
Quedando pequecha a Metamorfose
Do xenial Franz Kafka,
Mutan os valores, medra o odio frenética,
insecto pequeno medra e medra e fica apresado froito do
Seu tamaño inesperado, preso de si mesmo.
O mónstruo foi creado por mor da espantosa
Metamorfose e a monstruosidade nazi
Remataría coa vida das súas irmás, de Franz Kafka
En campos exterminadores coma Auswitch en 1948.
Praga e 3 de xulio de 1883, nacemento de Franz,
Marcado polo autoritarismo do seu pai
Interpretado de xeito diferentes como
Marxista, Anarquista ou Xudaista
E fina en Viena o 3 de xuño de 1924
A crispación é unha constante cotiá namentras
Creánse exércitos de odio constante,
Que rematan no tiro mortal, ou bombardeo despótico.
Homes coa misión de matar, sen piedade,
A aqueles que carecen de armamento defensivo
E que son aniquilados por mor do odio ou da ameaza.
Gaza foi convertido nunha terra controlada e esquencida,
Pola Comunidade Externa e vive desamparadamente.
Europa, a Europa decadente non mira
A Gaza , carente de todo tipo
De mínimas necesidades para vivir con normalidade.
Lugares deste Planeta Azul, esquencidos
Da man Deus e abandoados ao súa mala sorte.
Triste debe ser ser palestiniano, abandoado
Do Mundo Enteiro e rexeitado fortemente
Por un exército extremista e perverso.
Palestina de bombas mortais, Palestina,
De balas inútiles que matan, día a día
A ilusión de vivir con respeto e integridade.
Resulta difícil recoñecer os erros correspondentes
Resulta difícil aceptar o que é verdade absoluta.
Mais despóis de tantos anos o odio segue aceso
E os mortos inútiles seguen cuantitavente
Aumentando, restando vidas que puideron
Estar cheas de constante ledicía
Pero xa non tiveron tempo de contar
O que ían a ser as súas vidas propias,
Somentes as nosas imaxinacións podería
Dar creto ao que ían ser e non foron.
A idade non contaba, contaba decer palestiniano
Home ou muller, ou neno, motivo suficiente
Para cortar o que ían ser e nunca foron,
Porque non deixaron ser o que querían ser.
Miguel Dubois.
PAXARIÑOS MAÑANCEIROS
Posted 01/06/2010
on:Chío, chío canta paxariño da mañá amarela, limpo ceo aberto
Comeza o día a loita cotíá, o gañar o pan de cada día, forza do traballo continuo
Canta paxariño canta e faime a vida máis levadeira, aínda que un sono non sexa
Escoita chío, chío estou ledo porque o vida comeza nos cumios do soriso.
II
Despedir sinistros inútiles, inútiles bágoas, fervenzas faciales escorridizas
Sucumbir a verdade opaca, do mundo turbio e repugnante, nausea habitual
A vida é unha mentira malcontada en intres decadentes, perda de tempo
Un sinistro de contos opacos un engadido ao abuso indevido, perversidade
Unha luz de tebras absurdas o escuro que repudio que non se merece
Canto máis minto, érgome na verdade oculta, mudo de palabra e perversa
A verdade é unha ilusión abstracta, unha mentira disfrazada.
Agóchome nun conxunto das palabras sen sentido, discurso inútil,
Que absurda significa vivir para o mal, para o que non medra
Que agacha o Sol en fermosos días de primavera acesa, Luz do Vento Ceibo.
A mentira é un conxunto de ondas malévolas perdidas, movemento absurdo,
Que rematan nun extraño xesto idólatra, falso xesto inaudito, mentira
Que máis verdade enteira que a verdade rebosante ,activa e penetrante
De felicidada henchida polo pasar dos anos vividos, vida ,
Dinme a vida enteira, a loitar de cotiá, sorte e fortaleza constante,
De gañarme o pan diario coa dor das miñas mans cansadas, caios permanentes,
Describir roteiros de felicidade íntegra sen rumbo prefixado, aventura,
Polo paso da vida enteira antre susurros lentos e espidos, paso queixoso
E bágoas traidoras froito do cansancio cotiá, tristura anguriante.
Abro eidos ao paso da vida, abro eidos ao traballo constante.
Sucumbo as batallas inútiles perdidas miserentemente.
A mañanciña escoito o rechouchía dos paxariños amarelos,
Abre o canto aberto e o silenzo desaparece, estou quedo,
Porque o día está un pouquiño máis que recén estreado.
Chéirame a mañá fresca, lirio aberto con rocío lento,
Doce pinga de rocío fresco, frescos son os camiños da mañá.
O día comeza nos fogares e homes e mulleres érguense
Do seus descansos fondos, ou do desalento da noite perdida
Ao frío do ar libre por carencia de vivenda,
Cartón duro e frío por cama, tirado nun recuncho
Das rúas carentes de humanidade.
A vida vai pasando con sentido pleno
Ou decrédito total, e o tempo avanta
Aumentando, por sorte o amplo número
No que na actalidade habito.
Miguel Dubois