Caderno de apuntes de PepeR

Archive for Abril 2010

Pontevedra, ao 26 de abril de 2010

Que tenra palabra inventaría

Para facer a vida tranquila e levadeira.

Que infame resulta o insulto e o feito descalificativo.

Cando queres saber o certo de tódolo certo.

O vocabulario provocativo e perverso,

Fai que a xente deixe de estar tranquila

E alimentada por un sutil sosego natural.

Trabúcasen a verdade en miserias inauditas.

E a miseria medra no que non era miserento xa.

A verdade fica soterrada cunha falsedade dirixida.

Vinganzas absurdas e provocacións inauditas

Forma parten do discurso absurdo.

De que xeito tremendo dividen,

De que xeito escuro,

Impoñen o que non debía suceder

E acontece por mor dun egoísmo ilimitado.

Palabras absurdas, sentencias disparatadas.

Queriamos ter superado os traumas pasados,

Mais miramos  que era unha relidade ilusoria.

Tomo parecía que ía sobre rodas perfectas.

Mais existían liñas divisorias,

Falso pluralismo, convidado de pedra dura

E xurdíu un muro divisorio e intelorante.

Todo o que ben se quería facer

Estaba mal feito, afirmados por xente

Que somentes quería o seu benestar particular.

Non era homes e mulleres interesados

No progreso común, no ben social

Dunha sociedade creente no pluralismo,

Na diversidade, nas lingüas dos Pobos do Estado.

Que respeto pode haber a quen soterra

A lingua dun determinado Pobo.

Porque arríncase a singularidade e a idiosincrasia

De cada un dos Pobos de España.

Porque rexeitamos a parte da nosa identidade propia.

Porque non queremos ser o que somos.

Sería coma unha fuxida espantosa de nós mesmos.

Sería como unha fuxida espantosa e desequilbrada.

O acontecer da vida enteira, podería ser

Un eido aberto as ideas plurais

A vida non ten senso lóxico

Vivindo na descalificación.

Atopa teu Norte propio, aquel que non fira

E refresca as túas ideas propias,

E fai de ti un ser que se indentifica,

Cóntigo, para recoñecer que eres,

Unha vez recoñecido contigo mesmo,

Irás na busca dos demáis, sen berros nen absurdas esixencias

Para, así, poder construir unha sociedade tolerante.

Cando será ese día que queimaremos as armas mortíferas.

Cando faremos a sociedade da paz e do sosego,

Cando remataremos cós xenes violentos

Que rematan coa paz a chaman  a dor

E arrincan da vida de seres iñocentes.

Dame toda a forza para arrincar a miseria

Dame a paz enteira contigo compartida

            Dame un bico lene cuberto de cariño aberto.

            Non remates có silencio lento e soave,

            Namentras o vento de Norte Ceive,

            Sopra polas chimeneas espidas.

            Azul está o serán ventoso,

            Azul están os teus ollos grandes.

           Canto coa delicia de contigo estares,

           A túa rente, sempre, que soporto mellor a vida,

          Para vivila con toda a fondura posible.

         Xúngome a ti en fermoso abrazo

        Non che podo explicar canto che quero.

        A vida vivo vivindo cada cacho dela

         Qué é como un barco ceive,

         De cadeas pesadas e pesos inútiles.

         O vento todo, o mar enteiro

        O mar verde ou azul o pensamento aberto

       O desexar o que escápase das mans,

       O máis elemental sosego que equilíbrame

       Violenza absurda aniña nas Illas Afastadas

      Dos Negros Corboráns  Absurdos

      Afástate, palabra absurda

     Adsurda máquina mintireira.

    Pon a verdade absoluta por diante,

    Vive para vivir,

    Non para mentir.

                                     Miguel  Dubois

Advertisement

PRIMA

                                                        Pontevedra, ao 16 de de abril de 2010.

Vivir vivindo e  sintindo que vivo vivindo, querida vida viva.

Vivo respirando o ar que, día a día, coido con agarimo e contento.

Escrebo, os versos amados, a palabra  chámame, constantemente,

Chámame a escreber, desafogándome, palabra de escape continuo.

Son un cantor pequeno, sinxelo e homilde. Flor pequena,

Primavera querida, flor aberta ao Sol quente  e fermoso.

Canto a un bico quente e delicioso, froita da pasión chamada.

Canto aos sentimentos sinceiros, aquelo que me chama de cotío.

Canto a beleza constante ou pasaxeira, ave de paso, cantiga linda.

Canto porque é preciso que se escoite a voz tranquila, a suavidade lenta.

Vive, nos cumios das verbas pronunciadas ao longa da vida enteira.

Canto a lus penetrante ao canto da claridade fonda,

Non podo mirar na palabra escura, en onde non hai vida real.

Érgome nas delicias encantadas de risas e felicidades,

Onde uso a faciana sorinte, reflexo do meu interior.

Que maior desventura que non aceptar a derrota fatal.

Perdín a liorta absurda mais gañei a integridade e a fortaleza.

Que soriso abrangue a miña expresión facial,felicidade extrema,

Cando supero o sacrificio,  asumo a proba que hoxe a vida presentóume.

Vou andando na vida con paso seguro, sereo e sen medo.

Asumo o que me toca correspondentemente,

Aventura vital vivo, suma de aventuras totais e escoito ledo o corazón,

Aberto o canto matutino do páxaro ceibo. Non ao paxaro preso,

Privado da súa liberdade, correspondente no cárcere de absurdas

Gaiolas, azas plegadas, rechouchío dun paxaro preso.

                                                    II

O son enteiro da Mae Natureza é o canto da ledicia suprema.

Mundos da Mae Natureza, xunguídevos.

Escoito as ondas do mar, cando morren na orela da branca praia.

Escoito  os berros de meniños e maniñas, xogando a ser algo.

Disfruto das preguntas valeiras de maldade, inocentes preguntas.

Disfruto do mundo máxico que constrúen os meniños.

Disfruto da beleza da Ría de Pontevedra, dos barcos achegados.

Difruto da cor escuro das bateas, dos barcos afastados,

Disfruto da Illa de Ons, deitada que a Ría pecha, deixando,

Canles marítimos polo Norte e polo Sur e máis aló o mar aberto

Disfruto da luminosidade intensa, da lus que retira a oscuridade.

Disfruto das veigas verdes, coidadas que esperan o froito desexado.

Disfruto do sentido solidario, da verdade íntegra. Quéreme e eu

Tamén, te quero, perto e no afastamento, nas illas, nos cúmios

Disfruto da forza do traballo, do afán de superación constante.

Disfruto dunha mirada fermosa carregada de sentimento auténtito.

Disfruto de todo aquelo que poda ser certo, exacto e concreto.

Disfruto o sorriso ledo nos beizos alléos un estourido grato.

Disfruto de mirar que podo ser útil e achegarme  a un ser que sufre.

Disfruto a beleza das arbres ergueitas, o seu verdor fondo.

Disfruto a beleza das casas fermosas, que podo mirar á rente.

Condeno o ficticio, todo aquelo que non chega ao fondo da cor aberta

Ao mundo auténtico namentras toco a vida enteira coa torpeza

Das miñas mans absurdas e torpes, sentimeto táctil, toco e sinto.

Condeno o abuso, o exceso, todo aquel acto falto de amor íntegro.

Condeno todo o que faga mal ao mundo alléo e a min mesmo.

Condeno a falsedade, o exceso de poder e a mentira.

Somos o que merecemos ser e seremos o resultado do que somos.

Somos un número pequeno antre moitos números.

Somos seres que se moven por diferentes lugares do Planeta Azul.

Somos día enteiro cando queremos é noite pecha,

Cando o merecemos,

Somos unha cantidade de tempo definido. Un número variante

Aumentativo, o paso do tempo imparable

Somos un libro aberto e inacabado. En que páxina rematará?

Estamos abertos enteiros ao amor aberto, ao bico famento.

Desexo, tanto amor,

Estamos namorados de quen queremos querere ou,

Verdadeiramente, queremos.

Estamos no comezo dunha aventura da que non sabemos o futuro.

Estamos dentro dun soño fondo no que a dor non existe, as veces.

Estamos na cumio da outa beleza, no extremo do sorriso quente.

Estamos desexando a ledicia que fainos rir.

Estamos nos pequenos momentos, no cumio do importante.

Pontevedra, ao 14 de abril de  2010

Adico, este poema ao XUÍZ GARZÓN.

Xustiza enteira non existe, migaldas dela si, xustiza parcial, a curto plazo.

Xustiza por conveniencia, ao non acatar a sentencia establecida.

Xustiza que  dí: négome a cumprir ,á abriga correspondente!

Xustiza, queren como xustiza feita a medida, traxe de sastre máxico.

Eu todo fágoo ben, tí falo todo mal, din as linguas sabedoras,

Que creen saber máis que os xuices verdadeiros con sentido xusto

Non é xusto culpar ao que non ten culpa e  traslada a culpa correspondente.

Non é xusto  non admitir erros cometidos e  negar a verdade ingrata.

Non é xusto mentir para cambiar  a verdade única que só ten un camiño

Non é xusto construir teorías dadas a maquinación ou ao engano perverso.

Non é xusto dividir a unha sociedade, supostamente, xunguida polo ben común.

Non é xusto escachar a rotura do equelibrio que nos mantén sereos,

Non é xusto crear un verdade falsa, unha mentira máis antre tantas outras.

Non é xusto romper os criterios éticos que fannos respetarnos como seres humanos.

Non é xusto roubar o que non che pertence, porque non é teu.

Todo aquel  que, somentes, pense en sí, pelo comportamento egoísta

Non quere aos demáis, afróntase  aun próximo común.

Pola contra non se quere asemesmo, porque ambicionan o poder alléo

Que non lles pertence. Peta a envexa adsurda e o desequilibrio chama

O insulto divide, quebra as normas da convivenza para crear barullo e desconcerto

Crea reconres e xenera  venganzas absurdas, enfrontamentos absurdos.

A mezquindade é un fenómeno cotía que amárganos a día enteiro.

A solidaridade é un fenómeno soterrado, algo esquencido e arcaico,

Que xurde coma fonte crara, nos intres difíciles,

Cando a xustiza  tansfórmase nunha mentira continuada,

A quebra dos principios máis elementáis da humana convivencia

Xenera problemas e contradiccións, mentiras, divisións,

E tremendos absurdos xeeradores de miseria intelectual,

Dificilmente resolubles, labirintos extraños con saídas de medo.

A sociedade xunguida xeera forza absoluta

Equilibrio; xeera seguridade sociai e vida xunguida.

Vencer o día a día, o brazo con brazo, os días do almanaque,

Sigificado  é rachar con todo sentimento egocéntrico.

Recoñecer as túas culpas e non culpar ao que está limpo.

Significa recoñecerte a ti mesmo, admitirte e entregarte aos demáis

Mais os deusdes estranos da política actual, feiticieros falsos e absurdos

Deixan de recoñecer  as súas torpezas os seus males considerables.

As veces os deuses políticos

Aínda non saben o que é o xénero  humano xusto  e equilibrado.

O practicar o senso común habitual e sinxelo.

O feito de construir unha Nazón solidaria.

Mentir  sobre mentir é crear

A gran mentira monumental,

O desequilibrio do Estado

A información manipulada

Da por froito un mundo irreal,

Creible para o eido fanático,

Que pon vendaxes espesos diante dos seus ollos cegos.

Recoñocer a verdade única, a que, verdadeiramente,

Existe é a labor de cada cidadán civilizado amante do mundo solidario

As verdades non avantan en paralelo, unha choca coa outra.

Verdade real existe, somentes, unha,

A outra suposta verdade

Non é máis que un desexo reprimido,

Un insulto á verdade única.

A verdade que toda unha Nazón asinou.

A creazón do disparate,

Chegou a condear ao xuíz Baltasar Garzón

O mundo disparatado medra

Namentras non se fala do delito político correspondente.

Aquel que non interesa ser falado.

E o mal vai facendo máis mal,

De sócato, Balatasar Garzón,

Defensor dos dereitos humanos

Perseguidor dos crimes de lesa humanidade,

Vese sentado na cadeira dos acusados.

De súpeto o mundo da verdadeira xustiza,

Conveirtiuese  en presunto delincuente.

Que estrano resulta todo

Vivimos  no mundo inverso da verdade non interesante.

Baltasar Garzón: desésoche toda ,sorte do mundo, pola xustiza verdadeira, a única existente.

                                            Miguel    Dubois.

Pontevedra, ao 12 de abril de 2010

O  AMOR PASADO NON SE ESQUENCE, NUNCA.

Tanto tiña que decirche,

Que nada che dixen, presente mudo,

Valeiro de fondo forma e contido.

Pasado en continuo movemento

Todo ficou na lembranza activa,

As frases inacabadas penduraban,

Nun ropero valeiro con cheiro a nafalina 

Branca, unha esfera  cheirenta e diminuta.

Tiña que decirche que o Sol brillaba,

Que o frío duro era unha ilusión rota.

Pero, todo, lémbrame,, constamente,

Dos paseos pola praia  longa de branca aréa,

O son constante das ondas do mar bello,

A cor verde dos piñeiros cubertos

De pel escura  e altos talos erectos

Que escahanban  na luminosidade do día.

A belleza non é un fenómeno banal,

O ceo azul e limpo con paxaros voando libres.

A ilusión, tamén, brillaba, coma a auga do

Mar prateado, balanceo continuo,

Decreto do movemento continuo.

Mundo de ida e volta, saltibanque activo,

Pero todo ficou en nada, en un valeiro perdido

Doime a lembranza do que xa non podo

Tocar coa torpeza das miñas mans absurdas.

Lembro, xa vai tanto tempo, tantos anos atrás

Túa ledicia verdadeira e constante, túa dozura

Tanto ficou sen que non souberas de min,

Os segredos prohibidos, a linguaxes segredas

Dos misterios irresoltos,

Tanto penso no que foi e o que pudo ser.

Dúas caras diferentes dunha mesma moeda

Dúas vidas paralelas do que foi e do que pudo

Ser, mais todo rematou na memoria interna

Entón é cando  afúndome no fondo do que foi

E, as veces, penso que podería pasar,

Se non fora o que, verdadeiramente, foi.

Despóis de tanto tempo, unha vida enteira,

Lémbrome acariñar e pentear teu cabelo

Negro, un lustre de noite linda

E mirábasme cós teus ollos grandes e azuis,

E todo foi realidade concreta, un tempo, sono

Real e atractivo, un símbolo esculturas

Do segredo da belleza interna,

Parte das nosas vidas pasadas, tempo

Irrecuperable, pasado fermoso e bico

Agachado nos espacios do que xa non é.

Pero todo cambiou, as nosas facianas abertas,

O poder aumentativo do número cuantitativo

Eu collín un camiño diferente e distinto ,

E tí te ías  afastando de min có paso do tempo

Torpe, delirio do derradeiro suspiro aberto.

Os seráns soleados, alumeados de lus pura

A posta do Sol inmenso, nas nosas frontes

Lémbranos os tempos de abrazos fondos,

Sentados nun banco duro de madeira vella,

Irreparable e castaño escuro.

Din que a vida pasada, toma viaxe  mental de

Retorno, eiquí estou, vereiche, de novo?

Fervenzas de lembranzas acuden as fontes

Continuas, fervenzas da auga misteriosa.

Da miña memoria inesquencible,

Abunda a lembranza, tempos dun amor

Pasado, tempo habitado na lembranza

E a lus  nostálxica alumea a miña estancia

Actual, tempo presente vivo.

O tempo avanta, día a día, o tempo imparable

Mais non podo deixar de pensar do que foi,

Cando agora atópome na túa distante

Distancia enorme, anos convertidos

Na simboloxía da pura distancai temporal.

Teño palabras para tí, palabras sinxelas de

Amor vivo, corpo en continuo movemento

Se eu poidera saber de tí, afastados

Completamente, lonxanía abstracta,

Non sería preciso construir este poema

Querido e apreciado ao que xa foi

De lembranzas  queridas e atónitas

Acudo á pasada lembranza para rememorar

O amor pasado e non perdido, fica o amor

Vivido, estancia do tempo pasado,

Non son máis cun cumio de lembranzas

Pasadas, foi e xan non é o que foi,

Un conxunto de tempo vivido, para o ben ou

Para o mal, ferida aberta e singular,

Construíndo a vida miña sen estar ao teu

Carón, ditancia dunha dor inexistente

Ti fixeches, tamén,  a túa existencia,

Mais confluímos no tempo pasado,

Naquel tempo fermoso

No que o amor era o froito da nosa unión.

Miguel   Dubois.

Sentirme detido a túa beira, lento e soave.

Sentirme aventado cós teus cabelos voadores, fíos longos móviles.

Sentirme ceibe coma a ave lenta  que pentea o mar sereo.

Sentirme dono de ninguén, quizáves si, do Vento Norte.

Sentirme aliviado e lento escoitando as túas verbas craras.

Sentirme seguro cando escoito a marmurio fluvial decisivo.

Sentirme aberto ao Mundo Enteiro, Estela Total da Vida.

Sentirme dono das miñas verbas, autor exacto delas: poesía.

Sentirme dono absoluto dos meus actos amorosas necesarios.

Sentirme triste cando o mundo especulativa é certo.

Sentirme dono e compartidor da paisaxe da miña amada terra.

Sentirme coma unha face da lus fonda que penetra e derrama.

Sentirme sen ataduras coma barco navegando polos mares abertos.

Sentirme no interior do meu ser. Son eu un interrogante completo.

Sentirme na derradeira verba pronunciada, verba morte.

Sentirme exacto e inexacto, ser humano vital; home da vida.

Sentirme en cada acto e movemento; ser humano activo.

Sertirme na actividade verbal; palabra pronunciada.

Sentirme no medio da existencia; vitalismo activo.

Sentirme sendo o que eu son: vida en movemento, activo e plural.

Sentirme virtude ou contradicción no discurso da palabra.

Sentirme decisión, ou puramente, inexacto.

Sentirme no decisivo ou na palabra parcial.

Sentirme no mínimo absoluto ou no  máximo íntegro.

Sentirme na cordura vivida ou na tolemia gañada.

Sentirme ou que son sen engadidos  inexactos ou indefinidos.

Sentirme doce como o sucre branco ou castaño

Sentirme na distancia exacta,  punto achegado   a rente toca.

Sentirme  coa lingua afiada, descarga emocional tremenda.

Sentirme perdido no mundo das palabras invitables.

Sentime, a destempo, estación achegada e tren perdido.

Sentirme asulagado  no medio da estancia veleira.

Sentirme valeiro, por dentro e por fóra, apariencia maquillada.

Sentirme dono dos meus actos, dono dos meus movimentos: vida.

Sentirme vivo porque estou eiquí, mirándoche constantemente.

Sentirme forte e valente sen arma algunha: defensa.

Sentirme sensible, tocando faces de ar transparante.

Sentirme, só ou con compaña, aillado ou terra adentra.

Sentirme soterrado pola verbas que medran na estancia aérea.

Sentirme algo más vello, contando longos anos: a vida enteira,

Sentirme vivo porque amo a vida: existencia longa.

                                                  Miguel  Dubois.

MAI

Posted on: 02/04/2010

Pontevedra, ó 2 de abril de 2010

MAI.

                                    Adicado a miña  Mai.

Unha eclosión de xúbilo e dor contida,

Un laio de dor doce  e amargo,

Unha mestura enteira de sentimentos diversos

Estalou no límite da concepción.

Púxose a cero o almanaque recén iniciado

E vin a vida exterior, e nada vin, chorando.

Frío ambente, confusión e a calor de Xuño,

Mesturáse con pingas de suor, solpor insolente,

Caíndo pola frente ampla e pola quente faciana vermella.

Vin ao mundo luminoso

Por mor  da túa forza expulsora

Un berro agudo de dor afiada

Un sorriso brillante, nunha estrela viva cintileante,

Calado por bágoas cristalinas e transparentes.

Estive tantos meses coma pensas tí,

No mesmo teu ventre interior,

Acollido e coidado , esperando o intre sinalado,

Onde a lus externa non existía

Acolledor, fonte alimenticia

Cordón umbilical, liña de transmisión perfecta

Coidado permanente e perfecto.

Desexos de fonda lus exterior tiña,

Chamarónme ao mundo de afora,

O Mundo externo desprotexido,

Das palabras torpes

E dos bicos azuis,

Azuis como eran teus ollos, azul ceo.

Mai querida Mai, fonte vital, sempre,

Mai protectora dun meniño feble,

Dunha magrura estraordinaria

Eran os tempos de sorrisos sinceiros

Nós, Querida Mai, e o Mundo noso era.

Eramos pequenos seres  diminutos

De cabelos loiros e longos,

Pentiados polo vento Norte ceibo,

Coma se viñermos de latitudes extrañas

Mais mirabamos para a túa faciana bella,

Eu, para tí, era para min, teu fillo menor,

E Tí Mai  eras para min

A persóa máis estraordinaria e fermosa

Do  Mundo enteiro coñecido e habitable

Eu queriáche daquela xa, distancias longas:

De O Grove ao Bós  Aires,

Que era un amor incalculable.

Mai protectora, ensinadora correcta

De todo aquela, que daquela, houbera

Que ensinar como froito de  futuro esperanzador,

Que có longo tempo, chegóu, pronto.

Eu quería ser como tí eras,

Mais como un pequeno home diminuto

Amarrado a seguridade, que tí dábasme

E que eu non chegaba a acadar.

Por inmadurez merecida.

Todo foi un tempo máxico,

Todo foi unha lección de sabedoría materna.

Ti e máis Pai, erades os meus heróes,

Os conquistadores dos meus eidos descoñecidos,

E sempre había un nome exacto

Ao descoñecido e  a sorpresa máxica,

De habitar a máxia constante

Do que non sabía ou iñoraba.

Ti, Mai, abrícheme  o camiño confuso

Ao mundo externo e desordeado,

Nunha confusión abstracta,

Ao que a min refírese, por certo.

Sain do mundo pechado,

A un mundo ateigado de lus constante.

Igoal que Pai querido, fixera,

Estabas conmigo cando tocaban

Os tempos duros que mal agasallan

A vida a cada un de nós.

Soubéchedes darnos  a forza

A pesar das dores vitais.

Tremendas dores pasadas

Que fican no rexistro da memoria.

Décheme a forza para na vida abrir vieiro

Déchemede a coraxe e valentía

Para  rematar  có  devastador

Túnel do medo abstracto.

Os anos incomprendidos

O estar na vida sen comprender

Que eres para estar.

Có mundo do sosego. Acouga.

Ou coa loita cotíá, valentía,

Ou o desacougo constante,

Eran para Mai,

Eidos no que as tebras fondas,

Pasarían a un campo aberto de luz.

Emerxía, polo apoio teu,

Por teu agarimo querido  e desexado

Como un  campo verde  de primavera,

Ateigado de flores silvestres.

Aquelo que fora quietude adversa,

Convirtíuse nun movemento continúo

Equilibrio e  dozura, con senso útil e vital.

Que maior amor, que un amor de Mai,

Mae Querida, que ao Mundo trouxécheme.

Mais un día de finais se setembro,

Cando o sol aínda quentaba,

Voáche coma un ave rápida,

Afastado de ti puiden mirar,

Os teus derradeiros vóos

                               II

Sumamente difícil é para mi non lembrarme de tí.

No pensamento fondo e non sutil, senlleiro e social.

Na soidade do meu tranquilo sosego, quietude máxima,

Lémbrome tanto de tí, como de tí son o teu fillo.

Sento  o frío pálido da aurora leve. Mañá queda.

Sinto que non estás pero habitas no meu interior,

Sen decirme ren sen importacia ou algo trascendente.

Habito nas túas palabras sinxelas e tranquilas.

Habito na noite das lembranzas inesquencibles.

Unha noite de tebroada estival e azul.

Lóstregos luminosos dominaban

As pequenas fendas das brancas contras.

Un cheiro a aréa mollada e a terra negra iluminada.

Eu criatura pequena achegueime a tí,

Ao teu peito quente e lene.

Sen darme de conta e coma se fóra un espexismo máxico,

Habitaba na túa faciana perfecta, no son da túa voz acolledadora.

Estás aqui sen estar aquí ,máis, sempre, conmigo estás.

O tempo pasa  e seguimos no achegamento.

Eu estivera no teu quente ventre,

E ti estás no interior do meu cor cálido

Teu cálido bico de amor e dozura perfecta.

A túa man pequena que me agarimaba docemente.

O teu reproche merecido ante o meu comportamento,

Nú de senso común; xove eu fidel creente,

Dos meus ideais daquela perfectos,

E para min indiscutibles e insobornables.

Que maior razón que   meu idealismo perfecto,

Unha estrela  branca que penduraba do ceu azul.

Pero ti Mai, que sabías más da vida no tempo puro.

Querida Mai, diciásme, o consello axeitado

Faciásme trocar a un estado vital diferente.

Mai Miña, que me deche a vida, que, agora vivo,

Nun andar terceriro do númaro cento vinte e tres,

Da Rúa García Barbón, naquel vinte e dous

De Xuño de mil novecentos e cicoenta e tres.

Alí naquel terceiro andar,

Pasamos anos parcos e indiferentes.

Anos fallos de liberdade absoluta.

Vigo era unha cidade abandoada no tempo,

Pensamento ríxido e teso.

Eran tempos da carencia absoluta,

O ceu de Vigo era gris chumbo,

E Tí, Miña Mai,  me ensinabas

Os códigos da conducta naquelos intres

Nos que a liberdade mínima,

Era un secuestro calculado.

Miguel    Dubois.



  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías