Caderno de apuntes de PepeR

Archive for Xullo 2010

Vento intermitente, agarigáme esta cara espida,

Vento, insufla a vela branca na

Súa redondez, casi permanente.

Vento, para que che quero vento,

Para pentear as follas verdes das arbres longas,

Sufla vento importante, enerxía do Deus Eolo.

Potente, soberano, movedor das aspas ríxidas

Dos muiños de vento; enerxía limpa,

Vento, ¿Para que che quero vento?

Para mirar os cabelos loiros da miña amada

Porse a disposión da súa  forma sutil

E deliciosa. Quéroche vento,

Para mirar as crines das ondas mariñas

En movemento; escuma e moito vento.

             Miguel   Dubois.

Advertisement

                                         I

Proxectos inacabados, pedazos vitais mortos da esperanza 

Esperanza, eu tiña de subirme aos cabalos ceibos do vento Norte,

Norte concreto e fixo que dirixías un punto exacto onde eu quería ficar.

Fiquei a medio camiño, aboiado como un círculo de cortiza castaña escura no medio de mar,

Mar dun refuxio que un día perdín, por ir na busca do absurdo e o insensato,

Insensato eu, que fiquei na calma chicha dun día parvo de verán estúpido,

Estúpido nevegante extravagante, que polas noites non divisaba as cores dos faros,

Faros, que, para min, de nada servían. Navegaba senlleiro e perversamente

Perseverante excluía compaña na solitaria singladura,

Singladura que comezaba no preciso instante e nunca remataba,

Remataba cando o tempo navegado facía unha estatua inútil de perdido tempo.

Tempo para construir a filosofía do desasosego e o misterio do irrazoable,

Irrazoable era  crear unha conta de números  inexistente,

Inexistente era a dor insoportable do meu cor dañado e perverso.

Perverso era o capitán do cápitan o director da nave senlleira.

Senlleira estaba  a Illa dos Esquenzos e a Illa dos Esquencidos

Esquencidos habitaban os habitantes particulares,

Particulares moradores do Arquipélago  das Illas dos Esquecementos,

Esquecementos casuais ou apartamento absoluto do Mundo Civilizado,

Civilizado non sei se é vivir nunha Xungla do Asfalto

Asfalto non sei se é a cor negra, que lémbrame á obsuridade,

Obscuridade onde nada miro, mais falan en lingoaxe negra,

Negra a vestimenta triste, negra a derradeira palabra carente de amor,

Amor que non nunca elude o verbo amar, porque quéroche, porque ámchoce,

Amoche  na túa comprensión completa ao siginificado do verbo,

Verbo que adoro no máis íntegro para adorarche un cachico máis,

Máis que eu dareiche o meu esforzo; dareiche,

Dareiche o meu ser interno o meu corpo enteiro, o Norte, o Sur o Leste e O Oeste,

O Oeste por ónde o Sol Vermellón agáchase sen presa pero e sen pausa,

Pausa fermosa dun posta de Sol Enteiro que vai minguando, pouco a pouco

Pouco a pouco, a lus desaperece, a noite vai achegándose docemente,

Docemento o ceu énchese de estreliñas brillantes e cintileantes.

                                     II

Comeza a noite enteira, ausencia da lus sobrante,

Somentes a lus necesaria para mirar o espectáculo

Da bóveda celeste. No ceo as estrelas brillantes

Son coma pequenas illas que cobren o espazo no infinito.

Pasa unha cometa fermosa cunha longa cola,

O ceo faise mas fermoso aínda, máis achegado á beleza

E un fermosa noite de verán no que no ceo habitan luces

Claras nun fondo azulado. Observo e derivo a vista

A unha lúa fermosa de verán semi quente. O vento escoitase

Lene e sufla no mínimo, as veces, namentras no mar tranquilo

Unhas ondiñas pequeniñas paseánse  sobre a superficie do mar,

Coma se foran persoas que camiñan cós zapatos na man,

Entre mar e o ceo, o ar enteiro ocupa un espazo incalculable

Amplitude máxima, cabida total e absoluta. O ar vóa no vento

E o vento pérdese no ar invisible. Un ton vermellóm polo Oeste

Lémbranos a derradeira posta de Sol, o bico dado no pequeno poio de pedra,

Un momento semi ausente, un querer decirche, quéroche

Coa lingoaxe perfecta dos nosos bicos doces. Lento, todo e soave

Un achegamento indudable cando a noite quere abrir os seus escuros ollos,

E voltamos a mirar atónitos  o espectáculo celeste da noita das estreliñas brillantes.

Fíxose ausente a dozura da túa faciana, para min, perfecta, como non,

Abro a miña boca pequena e collo ae limpo do lugar marítimo

E dígome, estou aquí, conela, e cando unhas bágoas de ledicia

Cáenme dos ollos perdidos nun pranto absurdo. Estou aquí, conela.

Unha quietude suma invádeme, coma si estivera ausente do lugar.

Un pensamento rápido e doroso pasou polo meu maxín intranquilo.

Fora como unha dor de testa rápido e instantáneo. Unha perda de tempo.

Palabras sobre palabras, palabras para vivir  e palabras para soñar.

Un vello espabilado dixérame un día: non soñes desperto, meu fillo!

A lúa fermosa en coarto crecente, asomouse a festa nocturna,

A lúa feiticeira, máxima, candil grande da noite enteira. Lus nocturna ao fresco,

Tempo vivo para sentir a vida constantente,  sen ser un ser ausente

Da ledicia e da noite iluminada cós fenómenos naturais, artiluxios perfectos

Que do ceo penden, facendo da bóveda celeste unha campo fermoso

De luceiros inermitantes.Farois nocturnos. Espectáculo nocturno, cintileo, astros lonxanos

Planetas pendurados por fíos invisibles de cor negra constante.

E o noite completa na que non estóu  e habito

Non é un delirio máis un soño solemne.

E a noite verdadeira na que agora habito.

Miguel  Dubois.

POEMA, adicado, a SELECCIÓN DE  ESPAÑA.

Un xogo coordinado, unha disciplina de xogo

Un froito productivo dun esforzo constanto,

Un perfecto afán de superación

Deixar atrás prantos inútiles,

Correr rápidamente nunha careira perfecta,

Un paso lento esférico e dirixido a un compañeiro,

Compañeiro  de esforzos  comúnes, sen ti non avanto

Todos  formando un equipo compacto e xunguido

Podremos chegar ao fin desexado, se perda algunha.

Loitando polo obxetivo colectivo do triunfo absoluto.

Os golpes torpes e mal intencionados, as patadas insultantes

Non acabaron coa nosa fortaleza e a nosa unión constante.

Xunguidos somos más fortes e deportivos.

O noso xogo foi limpo, como a auga crara dun regato.

A nosa intención positiva foi cumplida con sencillez.

Chegaron ao máis outo de tódolos cumios posibles.

O país foi unha continúa festa, un delirar de soños,

E un sofrimento histérico antre a pena e a dor.

Bandeiras do país cruzaron prazas, cubriron monuentos

Ou penduraban polas paredes exteriores dos edificios

Coches de cores, circulaban polas vilas do país

Con bandeiras que saían polas fiestras dos vehículos,

Cláxones desaforados ou normales, corventía as rúas das cidades

Nun desbaraxuste de son gratuito e ledo.

Se non houbera a mencionada unión,

Todo sería un sacrificio  inútil,

Pero na vida enteira, somos moito máis fortes,

Se loitamos por un obxetivo común

Que é o benestar dun pobo xunguido.

Un grupo que non loita polo ben común,

Está condeado ao fracaso tremendo.

A victoria traballada é a constancia do sacrificio.

Mozos seleccionados,

Equipo do País.

Sodes sacrificio

Poriso fúchedes victoria.

                  Miguel   Dubois.

Pontevedra, ao 10 de xulio de 2010

 

Verso exacto, verso culminate e perfecto.

A palabra que fala sen verso é palabra torpe

Que despreza a beleza da linguaxe precisa.

Crea beleza fonda coa forza do verso escrito,

Entrégate a este discurso tenro e delicioso.

Sempre amei a beleza por si soia,

Sempre crei nas fadas dos contos fermosos.

Non é que me aparte  de min o mundo real

Que latexa na vida cotiá e finita.

Creo o meu propio mundo imtrascendente

Porque non é importante e por iso,

Comparto o mundo das fadas fermosas

E dos príncipes valentes embracados

En pequenas naves de xoguete.

Que fermoso resulta, compartir, amar, desexar,

Querer o posible e desabitar o imposible.

E por iso que che amo tanto, tanto…..

Que non me afasta de tí máis que un instante

Pequeno  e diminuto, porque eu son tamén

Diminuto, porque son o importante

Que eu quixera selo. Mais, por sorte, non teño

Nome famoso, pseudónimo perfecto,

No, eu teño o meu corpo inteiro

A miña ialma ou esprito feito e formado

Cóa paso do tempo vivido.

Amar, amar, no máis fondo do meu ser,

Entregarche o meu amor inacabado

E rematalo antre os dóus en amor en compaña.

Construir un soño útil. Un soño útil?

Unha ilusión completa. Ilusión?

Ilusión, sempre, esperanza toda.

Día a día loitamos coa vida, as veces, dura

Pero seguemos o vó dun ave seréa

Que deíxase, soavenmte, levarse polo vento.

O vento que bate na nosa faciana curtida

A choiva que  móllame os meus escasos cabelos.

Que vou facer se non vou amar?

Respiro no máis fondo do meu ser maior, cansado.

Vivo có ar respirado e habito o mundo

Con dozura ou actitude de acritude ou desconsolo.

Ergome, despóis, do combate, porque teño

Por obriga, que erguerme con todas

As miñas forzas vitais. Aprendín da loita dura

Fíxenme máis forte e cambiéi, como ser humano.

Golpe  con testarazo ou testa cun golpe

Abrome camiño no vieiro vital e preciso.

Que maior dozura que o sorriso fondo,

Que maior dozura que o pracer,

Mais vaise e ven. Todo vaise, todo ven,

Todo comeza e todo remata,

Como este poema galego de amor.

Miguel    Dubois

A estructura e o campo de fútbol da cidade sudafricá de Durvan,

Non deixaba de ser unha perfecta obra vangardista

Da aquitectura mundial , comtenporánea  e deportivo.

Nas bancadas cidadáns alemáns e  de España

E outros países diversos, formaban un perfecto mundo colorista.

Reina atenta á lembranza gráficaea  memoria fotográfica,

De amarelos e vermellos, negros, amarelos  e máis cores espallados Ao longo de todo o graderío ocupados por habitantes deste fermoso Planeta Azul que, as veces, que  maltratemos polo exceso,

Pola brutalidade ou pola industrialización desconsiderada.

Cores doutros paises diferentes formanda unha compacta masa Humana xunguidos polo espectáculo deportivo.

Aos bordes do campo verde, fermoso e centro de espectáculo único

Os inconfundibles contundentes sons das bubucelas

Intentaban aledar o ambente ante un son alto e agudo,

Que quería estourar nun bullicioso son de ledicias sudafricás,

Centro do estadio futbolístico; comeza a loita, o esforzo, o uso

Da intelixencia, a picaresca, a rapidez, o depiste do contrario,

A trampa feita con disimulo, o falso penalti, a caída teatral,

Tan de moda, o tirarse ao chan de plano no verde campo,

A dor falsa e a dor incrementa a capacidade de resistencia,

A velocidade intensa, o testarazo perfecto o gol expléndido

Cumio da máis alta ledicia e foso da máis ampra tristura.

O árbrito que incomprensible pita o que non debe

Neste perfecto xogo, as mans a testa. como sinal sorpresiva

Os xestos deportivos ou os excesos na palabra ou no xesto indebido.

Desenrrolábase a técnica perfecta do xogo axeitado. Un conxunto

Na eficacia continúa, de pases longos, calculados e perfectos. O perfecto xeito real conseguido polo esforzo

Dos poucos anos cumplidos dos  xogadores. O mirar

A complicidade perfecta do equipo. Xogar nun equipo

Homoxéneo, no que as xogadas egoísticas, quedaban

Ao marxe do esquema prefixado. A ansia de superación constante.

Xogo de pases dun xogador a outro, a técnica perfecta

Consiste en darse de conta que todos sirven para un fin concreto.

Non hai lugar ao lucimento presoal, ao decer  eu sou a estrela brillante

E ti a noite pecha que non medra na escuridae perdida. Non. Así non.

Todo polo esforzo perfecto de correr e pasar un esfera branca,

Xogar, deportivamente, crear   perfecto, tantear

E subir o marcador a un, un exacto que eleva ao equipo

A victoria merecida. O Estadio de Durvan convírtese nunha festa

Un xúbilo constante, que érguese a límites insospeitados

O sentimento do que gañase a pulso, pase a pase, esforzo a esforzo

España enteiro en pouco tempo convírtese nunha festa constante.

Agora fica o interrogante do domingo próximo

A laranza mecánica, ou a camiseta vermella?

Miguel  Dubois



  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías