Archive for Maio 2011
TERREMOTO EN LORCA
Posted 21/05/2011
on:Pontedra, ao 14 de maio de 2011
Tranquilidade cotiá, sede do sosego,
O horloxo marcaba o tempo exacto,
E a vida continuaba, normalmente.
Xente polas rúas paseaban e falaban.
Traballadores taballaban nos seus traballos.
Fonte cotiá do pan de cada día.
Os parados falaban e falaban
De como ían atopar un emprego perdido,
E o cego pensativo e cabizbaixo,
Vendía os seus cupóns máxicos da sorte desexada.
Os nenos xogaban e eran felices,
Cunha pelota de fútbol branca e negra,
Asegurando, un deles que era Leo Messi,
Marcando un gol fantástico
Na portería de Iker Casillas.
O Lelo ledo contaba a súa ledicia
E o Tristán triste contaba a súa tristura.
A vida foran vivencias tranquilas
Asimiladas polos amantes da paz e do sosego
Amantes das súas existencias plenas.
Todo tremou, de súpeto,
O chan chá, as paredes verticais,
Cairon, as fiestras escacháronse e os seus cristais limpos.
A lámpada grande, veuse ao chan de madeira varnizada.
Mil cristaliños brillantes, escacháronse en mil berros temerosos.
Os berros estridentes, invadiron
O ar de Lorca, cheo de pó e desconcerto.
Igrexas cairon coas súas campá fortes e pesadas,
Namentras unha campá descolocada,
Permanecía deitada no chan ateigado de pedras desordenadas.
Caíron os campanarios, por mor
Dun maldito teremoto temerario e tremendo.
E trema a terra e treman homes e mulleres,
No seu lóxico medo que acadaba a un pánico desorbitado.
En pouca tempo a vida en Lorca,
Transformouse en un inferno de medo.
Cascallos por enriba da rúas ateigadas,
De enorme pedras estáticas e inmóviles,
Algúns ficaron no combate có horrendo tremor.
Todo foi, de repente, de presa e imprevisto.
Houbo carredores que nunca chegaron as súas metas,
Sinalados e ficaron ne mitade do camiño andado.
A incomprensión da morte accidental,
Que por alí pasou, coma unha pantasma real
E inesperada. A morte vestida da dor e do pranto desesperado.
Lorca de habitantes desconsolados,
Cós seus espíritus vencidos,
Ante tan brutal batalla indesexada.
O accidente, o inesperado,
Arrincou a vida enteira,
As víctimas de tan brutal tremor.
Casas derrubadas, paredes vencidas,
Igrexas derruídas, fiestras espidas,
Cascallo dabondo, canta pedra enmoreada,
Pola chan das rúas lorquinas,
Coches sepultados, por pedras pesadas
Que sinistro panorama ten Lorca,
Cidade triste onde o sorriso foi roubado,
Por mor da barbarie dun tremor de terra,
Que non deixou en pé, un muro ergueito
Poutros muros poideran coa batalla horrible.
Casas de lona, cidades de lona,
Auxilio constante,
Soliedaridade absoluta,
Maldita terra tremedora,
Que non tes piedade algunha
De estes habitantes lorquinos,
Ou pensar n aqueles habitantes de Fukushima,
Tan tremendamente castigados,
Por terremotos, maremotos,
E por escapes radiotictivos.
Cantos xaponeses e xaposenas,
Foron o froito da morte ou da deseparición.
Lorca, entregámosche o noso amor,
O noso sentimento solidario.
Ficará o que terá que ficar,
Mais Lorca voltará a erguer
As súas paredes das súas casas derrubadas.
Lorca loita e non perde a súa esperanza necesaria.
Que habítálle no seu interior.
Miguel Dubois
CON LOIS PEREIRO A VOLTAS
Posted 13/05/2011
on:Atlántico, ao 11 de maio de 2011
Achégome ao ritmo constante
Das túas palabras escritas.
Dozura da viva vivida,
Alimentado polo sentimeto amatorio,
Sentirme seguro e ledo,
A beiriña do teu amor aberto.
Campos de néboa fría,
Paisaxe invisible,
Monforte carregado de morte constante,
Areas frías de Río Frío,
Pedras monfortinas frías,
Un cabalo frío atravesa as paredes quentes,
Somentes faleceron a víctimas de se mesmo,
Os sometidos a un castigo incomprensible.
Lois camiña pola letras dos seus poemas extraordinarios,
A súa máxima poética fixeron de Lois
Un gran poeta monfortino,
Para a vida vivida,
Ou para a morte predestinada.
Recitais en lugares ateigado
De escoitadores de poesía pura
Feita por Lois Pereiro.
A observavión da Costa Atántica
Dende os peiraos da Coruña, azul e aberta,
Aló na distacia do mar adentro,
Perdíanse as pantasmas do medo absurdo
Ondas atlánticas coruñesas,
Mar enfadada, queixa do mar en furiosa.
A Coruña do mundo musical,
As negras tebras do medo irracional,
Que perdíase na adición constante
Dun Mundo Contracartesiano.
As revistas poéticas
De poéticas perdidas no medio
Do seus propios versos temidos.
Un xuramento falso,
Un disparo traicioeiro,
Ou unha verba secuestrada
No discurso normal da palabra.
A mesaxe chegada, de novo, cambiada,
Sen nengún sentido obxetivo
A morte de costa abaixo, o delirio incluído,
E a verdade ficaba ocultas nas gavetas das mesas
Dos despachos dos políticos de turno.
Pero, non Lois, era un poeta de feitos
Fantásticos e realidade agachadas
Pola gran maxia escrita da súa linguaxe
Escrita e empregada, tan persoal,
Porque Lois Pereiro foi un poeta único
Desta fermosa Galicia habitada de meigas e trasnos
Lois, gran traballo bon e singulasr fixeche
Querido Lois Periro,
Querido Lois.
Miguel Dubois
POR SEMPRE, SEVERIANO BALLESTEROS
Posted 09/05/2011
on:POR SEMPRE, SEVERIANO BALLESTEROS
Pontevedra, ao 9 de maio de 2011
Neno cántabro *pedreñeiro,
Fillo dun xardiñeiro paciente,
Coidador dun campo de golfe,
Feito na segunda década
Do pasado século vinte e
Máis oito anos máis de pura existencia.
Neno esperanzado
Con esperanza plena e xubilosa
Nun futuro victorioso,
Dende a planicie verde máis plana
Chegou ao cumio merecido,
Froito da constate disciplina,
Do esforzo cotiá constante,
Coma dos seus amigos remeiros
De embarcacións duras e fortes
E adestramente constante,
As ansias de superación
Os xestos de xúbilo aberto,
Nos campos de golfe de todo
O mundo percorrido e habitado
Ao longo da súa vida cargada
De victorias merecidas.
Ia pisando de verde en verde
A herva chá ao pequeno outeiro,
Na que unha bandeiriña ou bandeirín
Moviase ao ritmo do vento agarimoso.
O golpe exacto e concreto
Do metálico pau a unha boliña dura e branca.
Blanca folerpa de soños cumplidos
Un xiro xenial, elíptico ou circular,
O pé, colocado na pura verticalidade,
Pasando a facer un xiro calculado
Do chá chan, pé xiratorio cravado
Na superficie da planicie verde.
Golpe forte e eficaz, acerto efectivo
A pequena bola dura de branca perfecta
E a forza dos brazos de Severiano
Impulsa a pequena esfera freneticamente,
Camiño da victoria requerida e merecida
Branca boliña, que sae disparada,
Como unha bala pacífica e veloz,
Arricando aplausos dabondo.
Risas cómplices e ledicas constantes
E, de novo, e outro vez,
Achegándose de, máis en máis
A un pequeno buraquiño insignicante
Na que a boliña entra perfesta e lenta,
Que provoca emoción intensa,
Tensión e interrogación
Na que a esfera branca
Caiu, maxestuosamnete
No burato desexado,
Xúlico e choutar de ledecia
Símbolo do esforzo
Do entrenamento físico
E da disciplina mental.
Seve, arrinca de ledicia pura,
Cara expresiva e sorriso puro,
Expresa, sen vergoña e xovialmente,
A súa maestría de golfista estraordinario.
Ese xesto, tan peculiar, có puño pechado,
E brazo en ángulo recto,
Tensión muscular, beizos tirantes,
E boca semiaberta,
Expresión da cara antre rabia e a ledicia.
Cantas mañáns de esforzo constante,
Cantas seráns de ledicia e emoción
Agasalléchenos na maxestuosidade
Da túa arte perfecta.
Foste exportando ao noso país
Polos diferentes lugares do Planeta Azul,
Mais sempre no cumio esquisito.
Severiano, foste único e cantos sorrisos
Agallasados á xente que comeza
A practicar un deporte parado.
Cantos campos de golfe abertos
Na pluralidade española
E nos diferentes países do Mundo enteiro,
Por mor de tí e do teu exemplo.
Fica resumida a túa vida
Como o o puiden mirar,
Có teu exemplo,
Có teu esforzo,
Ledicia aberta ao mundo enteiro,
Cantas victorias gañadas,
Cantos trofeos conquistados,
Cantos campos de golfe percorridos
Verde Cantabria da lembranzaq de Seve.
A Bahía sandanderina amósase triste e Desconsolada, perdida en si mesma,
Cantos pedreñeiros tristes,
Cantas pedreñeiras desconsoladas,
Choran a falla de Severiano.
Os paxariños piadores
Hoxe non cantan de tristura absoluta,
Namentras un gaitero traido de Escocia
Abre camiño da dor lóxica.
Namentas Severiano Ballesteros,
Descansa por sempre,
Debaixo dun pequeno magnolio
No se xardín fermoso
Do seu lar querido pedreñeiro.
Miguel Dubois