Caderno de apuntes de PepeR

Archive for Abril 2008

Ardán ao 1 de abril de 2008.

Para ROSAURA, no tempo pasado, na memoria, no amor,

No que podía IMAXINAR un tempo mellor,

Tal e coma JOHN, cantaba, daquela.

1

Todo quer ser distinto

E no fondo todo segue sendo,

O mesmo continúo de xeito diferente.

Parece que os tempos misturáranse

E que o que foi aínda vive fortemente e fondamente

Carregado de fonda verdade mesturada

De maxia verdadeira e enteira,

Maxia daqueles tempos perdidos e acumulados

Maxia destes agoras distintos

Asulagadas de lembrazas absolutas e verdadeiras.

O Mundo Fermoso da ledicia

E do Mundo Criminal que sen piedade asesina.

Mundo da cor, e da mestizaxe auténtica e íntegra

Da pel domiñante que asoballa

É a vivenza da suma esperanza.

Quizáves África fique máis deserta,

Que tódolos desertos da africana aréa dourada,

Namentres seus habitantes perdidos e ignorados

Reivindican seu dereito

A mesma vivenza ,

Coma a daqueles posuidores

Da pel domiñamte e colonizadora.

Paseo no Mundo,

A traveso dos meus versos,

E circulo por Madrid

A paso lento,

E a rente das peles de tódalos cores.

Riadas humanas necesitadas

Ateigan a Rúa de Bravo Murillo.

Afúndome no meu pensamento fondo

E asumo o pensamento que en min habita.

Que bonito podería ser o Mundo,

Se os seus habitantes non sufriran!

Imaxinas?

Que fermoso poderío ser o Mundo,

Un lugar ausente de necesidades elementáis

Alomenos.

Imaxinas?

2

Cansado da paisaxe urbá,

De antigas casas de Señores de Madrid,

De cinemas semiderrubados

De sonos queimados

De poemas cargados de amargura,

Séntome no banco duro de madeira despintada,

E me afundo na lectura do libro hermoso

De Rosaura,

É todo é coma unha fervenza de lembranzas

Que venme visitar

Á ledicia do tempo presente.

Eu daquela,

Daquela tremenda data

Estaba en Sanxenxo pequeño e belo.

E ao traveso do meu aparello receptor, tamén, pequeno

Cáseque diminuto e absurdo, estúpido e insensanto,

Escoitei a triste nova

Afundéume de triste triturada tristura.

Un xenreira absoluta asulagóume

No nome daquel asasino

que necesitaba

rematar có soñador enteiro e íntegro,

de lentes circulares

e curta e discreta meleniña.

A vida é así Rosaura,

Os días de ledicia na cociña do Dakota Building,

As conversas con John,

E a súa bonanza

E o reencontro co Ioko,

E as pasaxes da túa asunte familia

Camiño de Nova Iork,

As túas mans traballadoras

Que do mesmo xeito agarimaban

Tanto a Sean, coma Rosa Mary ou a Robert,

En tempos pasados.

Ou nos días fermosos e carregado de lus fonda

do noso querido Cerdedo,

De bestas fermosas,

De crils voantes ao vento

Que habitan o monte outo

E a altiva vista,

Invadida de lus penetrante,

Desta nos terra de Galicia,

A túa mézase sinceira e homilde

Para min resulta fermosa,

E tranquila,

Certamente carregada

De ensono e realidade.

Do teu traballo constante,

De emigrante galega,

Na cidade dos rañaceos

Que na tristura dun día tremendo,

Perderon a súa identidade e simboloxía.

O creador xa tiña limpo e arrumado o coarto,

E de ahí Rosaura de Cerdedo,

Sairían os sonos reais,

Ateigados de suma beleza.

Sono, idealismo e realidade.

Rosaura, na túa carta final do lindo libro,

Tes toda a miña soliedaridade enteira

Pero aos tres non nos queren escoitar,

Porque non lles interesa, Rosaura benquerida

A veces, penso Rosaura,

Que todo queda en nada.

Có paso temporal,

Covertémonos

En seres humanos costumbristas

Quizaves un tanto absurdos

Que actuamos nun mundo robotizado e pretencioso,

Rosaura, eu estaba dacordo con John

Pero os que imploran polos bós sentimentos

Convírtense en obxetivos

De seres delirantes

Que o día antergo

Camiñaba na beira do Dakota.

Non te hembras de Ollof Palme?

Tiña, tamén, o corazón ledo,

Lémbraste de Ghandi?

Rosaura grazas fondas

Pola túa mesaxe fermosa e íntegra.

Miguel Dubois.



  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías