Caderno de apuntes de PepeR

Archive for Xaneiro 2012

Pontevedra, ao 12 de xaneiro de 2012

                   PENSAR  DIFERENTE

Xaneiro frío

De palabras inútiles.

Naceu o ano perdido

No tempo simultaneo.

Os libros dicían

O que había que dicir.

A palabra exacta

O folgo  necesario

Pero a torpe

Palabra humana irreflexiva,

Fixo, coma ,sempre,

Un discurso absurdo,

Cheo de incongruencias,

Na que era pas ión humana

E a sen razón temeraria.

O valado que divide e separa

Aos corazóns xunguidos,

Fíxose unha separación

E polo mesmo fin,loitaban:

O final da dor insolente

Que vai segando

As vidas humanas.

Crearon un sector

Dividido e convulso.

Non había nin gañadores

Nin perdedores ,

Nin premios fascinantes.

Había a diversidade opinada,

O criterio diferencia dor,

Mais non había que condenar

Ao criterio alternativo,

A aquel que non compartía

As diferencias reais

E pretéritas

Todo estaba escrito

Nos libros  diversos

Quizabes da cor azul,

Quizabes da cor verde

Estaban escritos

As normas e os consellos

Mais de nada valeu,

Namentres

As palabras valeiras

De contido substancial

Crearon o cisma absurdo.

Nos enunciados,

Non embargan tes

Eran interpretados

Ao xeito desexado

A seguen de quen

Viñera a palabra

Pronunciada.

Non comprendín, nunca,

Na división da tripulación

Cando un Capitán xusto

E benévolo era

O noso gran amigo

Que sempre

Nos levaba

Ao rumbo exacto

Do Porto Desexado,

Onde non había a negritude

Da dor que peta

No corazón brando

E bondadoso.

Palabras contra palabras

No mesmo navío,

Común embarcación da travesía,

Son símbolos para a rebelión

Un absurdo motín inútil.

Eu non sei que é a verdade

Eu non sei que é a mentira,

Eu sei que as palabras

Saen da boca ben aberta

Para sandar feridas fondas,

Ou para facer

Dunha infección local

Unha praga de dor constante.

Os feitos a facer

Están escritos na sabedoría

Das súas palabras impresas,

Nos enunciados pertinentes

Nos textos sinalados.

O desacordo verbal

E unha opinión diferente

Un feito democrático.

As condenas inútiles

Son feitos verbais

Por mor dun enfado absurdo.



  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías