Fina
Posted 17/01/2013
on:Pontevedra. ao 17 de xaneiro de 2013
A FINA CASALDERREY,
MESTRA, ESCRITORA
E NOVA MEMBRA NUMERARIA
DA REAL ACADEMIA
DA
LINGUA GALEGA
A súa propia constancia,
O seu traballo amado,
De creación literaria merecida,
Ao longo da vida entre clases,
E longos espazos de escritura
Concisa e fi del e espazos teatrais
De suxeitos en movemento continuo.
Amarrouse con forza coma un cravo ardendo,
Ao amado idioma galego, idioma mai,
Lingua do pobo galego querido,
Fonte dunha ledicia cantareira.
Cántaro danzante que caeu no chan mollado,
Naquel mundo máxico labrego e pobre.
Nacida na parroquia,
Pontevedresa de Xeve,
No seo dunha humilde familia.
Curmá do meu amigo benquerido,
Carlos Mosteiro, tamén, natural
do Xeve labrego, xornaleiros
Do salario inxusto, area concreta
E misturada entre leiras diversas
E casas diferentes construcións,
Entre pedras e árbores distintas,
Sombra do encanto sublime.
Amigo tenro e calado,
Carlos Mosteiro,
Fonte da tenrura do teu si lenzo,
Cómplice e amigo,
Cuns ollos que falan
Constantemente do
Achegamento puro
Do desinterese e da amizade,
Tamén, mestre, ensinante
E escritor premiado
Primeiro Premio Barco de Vapor,
Compañeiro meu,
No Maxisterio pontevedrés,
Nos derradeiros anos do franquismo,
Cando as rúas estaban ateigadas
Dun frío glacial de policías grises.
Creador Carlos meu bo amigo
do Manual Instrucións para
Querer a Irene,
III Premio Abril de Narrativa
Para a Mocidade,
Ano de dous mil e un
Premio Primavera,
Ou o día que Miguel Induráin
Chegou a Gonderande.
Fina e Carlos,
Carlos e Fina
Afían lápices longos e bolígrafos
Usan contando historias
Marabillosas: a beleza das palabras.
Xogaban de miúdos, a miúdo,
Polas terras de Xeve,
Os dous curmáns, daquela
Distancia afastada mais inesquecible,
Coma se o tempo non existira.
Tempo atemporal e queixume partido
Ao ar libre en hortas longas,
Con fiestras abertas
A paisaxe expléndida e luminosa,
Ou en campos de millo verde,
Millo verde ou verde millo,
Cantaba o Zeca Afonso,
Palleiros cónicos, dourada palla,
Monumento vivo dun labrego activo.
Carros de vacas lentas,
O son daas rodas grandes,
O cheiro a bosta,
Cabazos ateigados de espigas douradas,
Espigas asadas ao lume espido
Dunha fogueira acesa,
Xornaleiros constantes traballadores.
Caía lento e pertinente o serán en Xeve,
E o merecido descanso chamaba.
Chamaban ao marmelo, os bacallaus
Fritidos e rebozados con ovos
Do galiñeiro da tía Carme,
Chama o viño tinto,
Chama o viño branco,
Pola gorxa aberta ou dilatado burato
De entrada, por onde morre a fame,
Ou líquido elemento
E a pureza cristalina da auga crara
Da fonte de Sempre Bota.
As parolas voan polo ar cuberto
De intensa fermosura, dun Xeve
Labrego de salarios miserentos,
Que non chegaban ao fin de mes.
Cho llos ocasionais e moito traballo
Que convidan aos seus habitantes,
A unha emigración forzosa.
Galicia perdida na súa miseria,
Na súa extrema necesidade,
Namentres Fina, ía có seu caldeiro,
Pesado e da cor do chumbo gris,
Para enchelo de auga crara e fresca
E carrexar desde a fonte
Dos Tres Canos, até a súa
Casa humilde , doce morada,
Das lembranzas inesquencibles,
Daquela en Xeve, non había libros
Namentres o Pai de Fina,
Avivaba a tenra imaxinación
Daquela meniña que tanto
Desexaba ter unha irmanciña,
Que ao fin chegou.
Era día feireado en Xeve,
E Fina leda e fermosa,
Dicíalle a xente que pasaba
Por diante do seu lar,
Que xa tiña unha irmanciña,
Recén chegada ao mundo exterior.
Fina de nena, laiábase
Cando atropelaron
Ao gato dos viciños.
Días da Escola longa
E dicía a mestra;
Finita, senta.
Eran tempos duros,
Naquela Pontevedra
De Gobernador Civil,
Da ingratitude imposta
Para os nenos e nenas
Educados polo autoritarismo,
Para un Estado Ditatorial
Carente de liberta des,
Por suposto,
Era aquel Xeve,
Na que entre tantos outros
Nacera, Valentín Paz Andrade
Onde alí descansa, por, sempre,
Xohana Torres,
Luz Pozo Garza,
Rosario Alvarez,
Margarita Ledo
E Fina Casalderrey
Vai ser a quinta Académica Numeraria,
Da Real Academia Galega,
Cinco mulleres feitas e dereitas,
Que son os dedos dunha man enteira:
Traballo constante, lectura obrigada,
Achegadas á fermosa literatura galega,
Onde non sobran escritores de calidade máxima,
Galicia creou un xardín de escritores sabios,
Que expoñen as súas obras poderosas,
Coma se fora as rosas vermellas,
Os caraveis brancos, as camelias rosas,
Os froitos da beleza dun xardín lindo.
A flor acesa das palabras vivas
De escritores e escritoras
Que fan máis fermosa a lectura
Dos pétalos das flores multicolores,
Como se foran, as follas dun libro interminable.
Un libro sen fin, onde o sol nunca se pon.
A fonda luz de Fina, o alumeou os lugares perdidos
Da súa fermosa obra, grande obra, en lonxitude,
En número de libros publicados,
E na variedade temática dos mesmos.
Dende a Empanada galega, até a violencia xenérica,
Os meniños enfermos que procuran integrarse
Os que necesitan moito amor, tanta dimensión
Da amor necesitado. Fina, foi abrindo veiros
Diferentes, coma as polas dunha arbore insurrecta.
Foi dando unha estrutura moi particular e persoal
A escrita con querida, palabra aberta,
Fina, cantos anos nos quedan a nosa xeración,
Dende aqueles dezanove anos teus,
Cando acudiches coma mestra a Pino Manso
Naquel Pontecesures, durmido no tempo pasado.
Dixéronme os meus amigos trasnos,
Que son os meus mellores amigos, sen dúbida,
Que choraras naquela primeira clase.
Canta emoción constante!
Canto tributo aos ensinantes!
Mais cando a escola do Pino Manso
Déixache, as bágoas percorreron,
Os espazo aberto das túas meixelas craras,
A emoción constante e a sensibilidade extrema,
Fai de Fina, unha muller grata e bondadosa,
Fina crea historias fantásticas e marabillosas,
Cunha imaxinación inesgotable.
Unha fonte máxica de realidades e fábulas.
Representa a realidade ou a fantasía,
En pezas teatrais, laboratorios da vida,
No que un alumno pode ser
Un fantástico actor dramático.
A vida pode ser un drama.
A vida pode ser un soño desexado,
Pero a vida non está exenta
De total teatralidade.
A vida é unha obra de teatro longa.
Por iso Fina Casalderrey,
Entrégoche este poema por ledicia,
Por ver que tes merecido,
O teu lugar na RAG.
Parabéns Fina.
Miguel Dubois.
Deixar unha resposta