Unha sociedade desfigurada
Posted 09/02/2013
on:Ponteverda, ao 09 de Febreiro de 2013
Pontevedra, ao 09 de Febreiro de 2013
UNHA SOCIEDADE DESFIGURADA.
O silencio puro
Do desamor consabido,
Apareceu no corazón
Dun paxaro morto e senlleiro,
As frores apagadas e murchas,
De calquera cor intensa,
Desvanecen tes e perdidas,
As bágoas esvaran tes
Que caen pola superficie lenta,
Das espidas meixelas quentes,
Castigadas polo frío intenso,
Das avenidas perdidas e desertas,
E polo escaso amor concibido,
Un amor morto e unha vida perdida,
Un emprego queimado e derrotado,
Na fogueirada da actividade laboral,
Na fragua onde o ferro queimase,
Onde o traballo destrúese
Coma lapas acesas de constante dor
A palabra política que engana,
A un pobo que cae na constante
Mentira, a teoría do mal frustrante,
Que pensa na práctica que xene ra
O desalento prostituído e abandonado
Vivir para des vivirse,
Vivir para pechar con tristura,
Os sorrisos de nenos e nenas.
Unha calidade humana perdida,
Un defunto político que fai
Acenos, constantemente,
Mais que non di nada,
Do que debe afirmar.
Aumento o disparate iracundo,
E diminúe a integrade perdida
Do ser humano comprometido,
Cun Mundo mellor e xusto,
Namentres, homes e mulleres
Practicamos as leis es egoístas
Do non compartimento sociai,
Ata que cheguemos a non saber
Acariñar docemente, e suxíremos
Unha petición egoísta pola contra.
Xa non saberemos dar,
Sen pedir algo que nos pete,
E observaremos con tristura auténtica,
Coma o amor pérdese,
No fondo dos vasos longos,
Cilindros de vidro longo,
Naquel poso onde amor é inexistente.
Xa nos saberamos dar por amor.
Xa non saberemos entregarnos.
Na nosa constante totalidade
E cando cheguemos calados,
Ao noso encronto persoal,
Contemplaremos a Tremenda Costa
Do Espanto, porque perderemos
O senso do amor aos demais,
Do amor a nosa paisaxe desfigurado,
Por unha construción delirante,
Que derrota os campos e as parias da beleza.
O cálculo das frías matemáticas,
Destruíron as paisaxes fermosas,
Xeraron pobreza tremenda,
Namentres, o meu mellor amigo,
Deixou de só por mor
Da frialdade numérica egoísta,
E da cantidade aumentativa,
Que construía vivendas ilegais
A beiramar, invadindo
O dominio público e a lei de costas,
Eu xa non sei se che quero,
Miña Flor Marabillosa,
Polos teus números cuánticos,
Eu se che quero, por que che quero,
Mais no fondo de min, non sei
Que é o feito do amor:
Os teus números fríos e calculados,
O teu apelido, sinónimo constante
De riqueza material,ou de Señorito Tore iro,
Pero, por veces,
Me sinto, tan só e desavido
Que non sei o auténtico significado
Do verbo amor, por iso, non sei
Se che quero, un cachiño, a medias
Ou quero posuírte enteiramente,
Coma se foras, so mentes, miña,
Como se fora o único galán
Da túa vida, que che fai máis
Doada a túa esistencia aparente,
Unha inxente cantidade
De abuso, por mor
Dunha insaciable
Enfermedade de desamor.
Constante, de ausencia
De valores esvaecidos
O candil apagado,
No curso da deshonesta
Historia de abusos constantes
De martirios inútiles,
Ou de condenas inquisitoriais,
De voces valeiras,
De contido humano,
A falla de madurez constante
O absoluta carencia da verdade
Falseada, por va leiros discursos
Que so mentes nada din,
Porque está espidos de
Integridade necesaria,
Da carencia da decencia
Elemental que non ten prezo,
O símbolo da dura prepotencia.
O insulto aos traballo res /as,
Que son froito do abuso
Constante e sinistro
Da marxina lidade consentida
Por un decreto lei inhumano,
Carente de xustiza social.
Unha sociedade que camiña
A un estraño Mundo ausente
Da realidade concibida
Para o ben xeral da Humanidade,
Que debería facer a homes,
E mulleres seres solidarios,
Que a educación demanda
Nos que a forza da unión
Sería o resultado preferido,
A un vitoria total,
A o Mundo da desigualdade,
Que queren conseguir
Por mor da fractura social.
Mentiras sobre mentiras,
Delirios de grandeza e abusos,
Vocación de ricos absurdos,
Que deliran cun mudo artificial
De ruletas viciosas
E máquinas quita cartos,
Incumprimentos das leisies
Sanitarias, lexislación a medida,
Corrupción consentida
As aforas de Madrid.
Negación total ao mundo da
Investigación científica
Negación total a Saúde Pública.
Negación total ao Ensino Público.
E arrincar o sorriso de nenos e
Nenas que srám próximo futuro
Aumentar a dor das enferme dades,
Mais aumentar o índice de prostitución
Na cidade dormitorio de Madrid,
E séntense ledos polos seus malogra dos fins,
Porque descoñecen o senso solidario,
Descoñecen o sacrificio dun pobo
Desconcertado que loita polos
Seus salarios no día a día,
E pola noite longa, fan xiras
Inacabadas de gardas perigosas e intensas.
Son os señoritos de caras sorrinte e amantes
Perfectos do vicio e a especulación,
Cando o Mundo marxinal
As aforas de Madrid, tamén,
Vive o abandono e a indixencia
E ficarán na súas chabolas infames,
Namentres din que serán construídos rañaceos
De cristais ateigados de Luís potente,
Que asolagaran o ceo de Alcorcón.
Que paradoxo absurdo,
O vicio medra e a incultura progresa
E a pobreza abandónase
A súa sorte e carencias.
Sálvanse quen poida
E o que non teña
Pasará longos días e estreitas penas
De dor fonda.
Miguel Dubois.
Deixar unha resposta