Caderno de apuntes de PepeR

PÓVOA de VARZIM

Posted on: 31/12/2010

Deixamos tantos acontecementos

Deste mundo neste pasado ano.

Acontecementos inesquencibles,

Feitos bárbabros e terribles

Dores de corazóns feridos,

As dores que desorentan e matan,

Creamos un absurdo económica

Rímonos de tódolos poderes políticos.

Afastamos o diñeiro necesario

Creando paradisos intocables

E corruptos.

A doenza humana repítese,

O ladrón rouba por decreto lei,

O  político di o que quere decer,

Sen rigor algún, carente de respeto,

A verdade é unha discusión ilegal.

Deixamos un ano na lembranza,

Deixamos o tempo morto,

Ou para ben,

Ou para mal.

A ilusión pérdese na densa néboa

Dunha mañá de invernia fría,

E o desasosego chámame,

A esquencer o sentido da leda vida.

Factoría enteiras choran empregados

E as máquinas en on, fican valeiras

Postas en un rotundo off ou out.

E o silenzo mortífero

Da máquina parada,

Asulaga as naves do silencio frío

Do salario inexistente,

Da soidade que non da cartos Necesitados para a supervivenza vital.

Mergúllome polas Rúas

Da Póvoa de Varzím

Lugar de necemento

Da miña querida Nai,

E parezo un peixe senlleiro

Antre os seres poveiros

Que con certa lentitude

Atravesan as Rúas

Da Vila Lembranza Infanto Xuvenil

O mar dá con forza sobre

A dura barra cosistente,

E Ondas grandes de branca escuma

Atravesa o mencionado

Peirao maltratado.

Alta onda da escume

Erguete de branco vestido.

Un barco mariñeiro

De motor lento

Atravesa as augas do Porto

Poveiro. O gris do ceo

Acompaña ao gris do mar bravo.

Momumentos comtemplo,

De escritores portugueses,

Fernando Pessóa, Calafate,

Eca de Queiros, José María,

Monumentos aos mariñeiros poveiros

Combatentes da mar brava

E as súas donas estáticas

En perfecto metal verde.

Verde é toda a esperanza do mundo,

Namentras polas rúas circulan

Vehículos lentos nun día de festa.

Unha conversa leda,

Unha familia que de cando en cando,

Gosta do achegamento

Da virtude de achegarse,

Unha lembranza ao pasado vivido,

E vivir o presente

Que con forza bate

Nos nosos pensamentos interrogantes,

Namentras a incertudume

Fai de nós presuntos seres febles,

Con todo o verbo amor, completo.

As palabras serias das persoas

Máis maduras, de sabedoría Posuidores,

A beleza dunha xuventude

Emerxente, o noso futuro

Namentras miramos  a Clara

Disfrutando das súas vacacións,

Nunha bicicleta chea de espezanza.

Canto camiño tes que andar,

Cantas pedaladas futuras

Farán da túa vida enteira

Estar a ben coa túa vida constante,

A xuventude, o desexo

De romper os límites,

A busca do equilibrio,

A virtude de vivir,

A ben contigo mesmo,

A beleza da paisaxe,

A paisaxe da vida que pasa,

Que bonito é vivir

Cando sentes que vives,

Porque tes que  vivir,

Para vivir, fondamente.

Miguel  Dubois

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: