Caderno de apuntes de PepeR

Dalle vida á lembranza

Posted on: 29/05/2009

DALLE VIDA Á LEMBRANZA.

O tempo longo ou curto acumula
Máis tempo. Unha longa vida feliz,
A triste testemuña do sofrimento
Aberto que dabondo sanda vermello.
Abreuse o tempo, dilatóuse
Fíxose unha cantidade definida,
Polo criterio persoal vivido.
Coma chegar ao fondo da
Lembranza, habitante do pasado,
Aquel tempo que eu quixen,
Que non rematara,
Un tempo para constuir,
Espazos temporales diversos,
E crear o arbol ateigado de froitos
Vitales e contundentes.
Unha  serán soledado perdido
No mundo da memoria
Onde todo fica a pesares
De que parecía algo rematado.
Emerxe potente e poderosa,
Un mundo da lembranza,
Cando os dous bícávanos,
Con toda a fora e dulzura
Dunha idade máxica pasada,
Pero, que aínda vive,
Burbullas das lembrazas,
Campos de verde millo,
E o verán que deixei de
Ser inocente e acudía ao
Perigro da inconherencia puberal.
A tolemia temporal
O despertar sexual,
O desexo constante,
Tocarche dabondo
E bicarche fondo
Atá a cabeza perder,
E o vento sen enterarnos,
Penteaban as follas verdes
milleriras, verde penteado do campo.
E as espigas envainadas
Ata que chegara a hora
Da recolleita de tan fermoso millo
Amarelo e dourado, longo e
perfecto duro e dourado
E sentir polas nosas mans o agarimo
Daqueles graos perfectos.
E o son de como caían
Nun tecido torpe e duro.
Coma a vida avanza,
Uns vannos deixando fonda tristura,
Amaragura fonda  e firinte
Pola súa ausencia e presencia,
E nos afundiamnos na súa memoria
Grata e placenteira
Pensa no que pasaches,
Pensa no disfrute querido.
Pensa onde fican os límites
Que son pertinentes,
Que desa liña non se pasa,
Alí afíxose o  teu límite.
Maís aló do valado din
Que existe unha fronteira
Descoñecida.
Que ninguén coñece.
Se, sempre, valente máis
No invadas o terreo alleo e
Descoñecido.
Habítate, fondamente,
Sosego quero para quererme,
E canto máis me habito,
Mási che quero,
Gardándo as nosas idenditades
Propias e no me posúas
Coma a gaveta dunha mesilla,
Que descansa a beira
Dunha cama ateigada
De lembranzas inesquencibles.

Miguel  Dubois

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: