Poema de Miguel Dubois: HISTORIA DUN PASADO INFANTIL E A VIDA PERDIDA NO MEDITERRANEO
Posted 27/04/2015
on:HISTORIA DUN PASADO INFANTIL E A VIDA
PERDIDA NO MEDITERRANEO.
Percorría os tempos inxustos
das dorosas dictaduras,
cárceres do medo e do desalento,
mais un dia coma hoxe presente,
erguemos caraveis vermellos
na punta ergueita e cilíndrica
de balas mortais e carentes.
Revolucón dos Caraveis Vermellos,
carencia de balas mortíferas,
namentras saían os barcos poveiros
máis alo da perigosa barra,
ondas enormes medo e necesidade
saias rachadas e espidos os pes
de meniños e meniñas
pais con pantalóns cosidos
un Casino fermoso,
un cine entretido que sempre
falaba en inglés perfecto
pequenas xoierías
na Rúa dos Comerzos,
prazas amplas e fermosas,
a casa dos meus Avós queridos,
que me convidaban a darlles
tres bicos en dous meixelas,
Meus Tíos Benqueridos
A Tía Branca e o Tío Joao,
seus fillos queridos e respetados
e os seus amores recentes.
Todo resultaba fermoso e real
namentras eu ía bicando meixelas,
dando un por un e cada un,
unha lingoaxe normal e formal.
E naquela Póvoa de Varzim pretérito,
iamos todos á Misa do Galo,
sustentado un mando agarimoso
a nosa avóa Memé.
brilaban todo un portento de emocións
diversas aínda que a Misa
non resultaba divertida,
pero eu miraba as Bóvedas
da igrexa do Bon Xesús,
a súa maxestuosidda e grandeza
namentras eu era un meniño pequeno
de cabelos, excesivamante, loiros
eso que chaman cabelo demasiado
claro coma se fora un extranxeiro
no meu país. Aquelas ceas de Nadal,
os meus primos, os meus irmás
toda a familia reunida
nun sinfín de ledicia e agarimo
aquela cea de Nadal cun pavo delicioso
e postres cheos de dozura
e aquel bolo rei que agachaba
un agasallo no seu interior.
Os fumadoes botaban moito
fume pola boca, extensas bocanadas
coma se foran a néboa feita,
diante das súas bocas de fumador.
Nao fumaban de certo o noso Miguel
e George Osorio, aquel home meu amigo
de ollos fermosos. Canto eu admirei
ao meu primo Miguel. Para min
era un ser delicioso e o quixen
moito, abofé. Penso que a vida é inxusta
e nos arrinca coma un castigo
os seres máis queridos. A vida, tamén,
e ter sorte, ou cair na desgraza
do desalento ou dor concisa
que penetra na espidez
dos nosos corazóns cheos
de tenrura e amor.
A amor hai que coidalo,
coma unha fror do xardín.
O amor henche e o desamor,
desvaleírate coma se foras
un frío seco e murcho.
O amor é lento delicado
e sutil a lus forte,
que alumea a forte escuridade.
Quixera vivir de amor enteiro,
e desterrar o que me mata e condea,
baixo ao teu inferno aceso,
para apagar a túa dor incontible
dos fusiles longos
e cantamos Grándola
Vila Morena,
o desamor e da brutalidade.
Crearon un Portugal ceivo
evadido de absurdas dictaduras.
Portugal querido,
a miña familia querida
portuguesa con certeza.
Os meus tíos queridos
a miña fada madriña
os meus primos e primas,
días lindos na Póvoa de Varzim
en Fao ou Esposende.
Mais todo pasa como nada,
e os días enteiras sóbense
a outras días diferentes,
xerando unha escada vital
que remata no cumio da vida,
cando o corpo e o esprito
cánsase de loitar
có medio dominante
namentras dólares e euros
dominan, a paisaxe humana
ferida de morte.
Morre o negro desvalido
nas fosas do Mar Mediterraneo,
e o sono do xusto durme
nas caixas fortes
das entidade bancarias
Banqueiros eximidos de condea
preferentistas convidados
ao roubo tremendo.
A xustiza é unha invasión
de deshonestidade.
Miguel Dubois.
Deixar unha resposta