MIGUEL DUBOIS: GRECIA
Posted 25/01/2015
on:GRECIA
NO
ABISMO.
CHEGARÁ A
PRAIA ESPERANZA
Capitales famentos,
Contra vidas febles
Vidas desestructuradas,
Familias desfeitas,
Pobreza servida,
O pan nosos de cada día.
Ilusións perdidas
No fondo da memoria.
Un paxaro famento,
Vóa polas las prazas de Atenas.
Necesidade sobre necesidade
Penuria sobre penuria.
A fame aberta
Coma unha cova na boca,
Na que entra a miseria,
Duns alimentos collidos
Nos colectores do lixo,
E o salario DA miseria
Inmerecida e imposta
Por decreto lei,
Un sarta de mentiras medidas,
Aproveitan os tellados
Para sementar a miserenta
Mentira, ou o verbo restar,
Que todo quitan e nada dan.
Quen arrincará esta dor aguda
Do corazón ateniense,
E de máis cidades, vilas
E pequenas poboacións gregas.
Que deixará de mentir
Mecanicamente.
Durmen os corazóns gregos
No fondo da tristura,
Atrás noutra banda do tempo
Ficaron os nomes
De Melina Mercury,
Ou de Mikhis Theodorakis.
A deshumanización
Do feito político,
Dependendo do criterio
Da economía
Chaman as portas dos Paises
Mediterraneos,
Namentras os neo
Conservadores,
Xeneran as potencias do mal
Vivir, aos seres que nun tempo
Pretérito viviron unha vida
Xusta, afeita ao quefacer cotiá
O Mundo xira de xeito
Desconcertante,
E medra a necesidade
E a prepotencia dun vivir,
De sabotaxe, esquilmando
As clases medias.
Os medicamentos que nunca
chegan e a morte que chama
Pola carencia do remedio
A escandaleira política
Pasa, supostamente,
despercibida
No cúmulo do Poder
Coma un vento feble
E desesperante.
A verdade parece ser
Un teoría xorda
Que non di nada
Alexis Tsipras,
Abre a porta aberta
A unha grega ilusionada
Que quere erguerse
Con toda súa forza
E desexa condenar
A ese Amencer Dourado,
Amarrado á tremenda
Cruz hitleriana.
Alexis Tsipras
Pode facer a apertura
Dun nova era política
Na que o pobo grego
Dódese erguer
Ao cumio da luz intensa.
Miguel Dubois Thenasie.
Deixar unha resposta