A dor que mata
Posted 01/10/2014
on:A DOR QUE MATA.
Atlántico, Norte de Travesía, ao 1 de Outubro de 2014
Vento,
insúflame
esta vela branca
Para chegar
a Porto Lindo
O Mundo parece que loita polo
comezo do descontento pesado e perverso,
absurdamente e contradictoriamente,
na súa propia contra, no seu decrecemento
e achicamento constante do grande ao pequeno,
baixada de temperatura ao mínimo establecido
do que moito foi nada é
é sementando de dúbidas
e interrogantes crecentes
sendo o sentido da verdade decomisada,
camisa rota do corpo espido e dorido,
carne permanente que me acompaña
da mañá á noite, día tras día,
un feito incuestionable de razón inversa
o froito do mal podre e ireverente
A verdade, para quen? Para quen
o froito das mentiras maquiavélicas?
Para quen as palabras prometidas
os absurdos destinos da miseria?
Unha dúbida permanente
que asulaga as verdades esquencidas.
A sumisión é un feito evidente
a perda da democracia verdadeira
a invención de leises absurdas
e a discordia o discurso cotiá.
Polas testas dos seres humanos
constantes suxeitos, carentes
de amor con xeito de empatía
froito do abuso constante,
van voando as mentes prepotentes,
coma avións de frío ferro.
O mesmo discurso maldito
que vai facendo da vida
unha maneira de ser improcedente.
A vida engañosa e mintireira
que ao traveso da palabra egaño
vaise filtrando polos buratos
do muicrófonos negros
A vida fíxose dura, extrema
e a certitude
é un teorema inútil.
Os traballos desapareceron,
os bancos insuflaron
o importante capital
e os días enteiros
fixéronse incomprensibles
e inuaditos. Pechan de aquí
e pechan de acolá
pero non saimos
do silencioso soto
escuro e sinistro.
As leises absurdas
debilitan aos máis febles
aos seres máis sensibles
ao tremendo dor que provoca
a carencia da felicidade,
e me sinto tan só e desvalido
que o meu corazón está
espido de esperanza.
Escuro camiño torto,
non se sinte á dor
que sinte o amigo
que nada ten,
non sabemos pornos
no lugar seu,
no seu doroso sentir
polo noso egoísmo propio
e pola a nosa doctrina
do egocentrimo estrafalario
pero o número de ricos
medra ao ritmo trepidante,
inxustiza consentida
dunha economía prepotente.
Medran as necesidades
do necesitado
que non ten salario
ao fin de cada mes.
Longos días perdidos
sen nada que facer,
valeiras fiestras
do desamor e o desengano
Din que a culpable
é un Dona, chamada Crisis,
unha política neoliberal,
perfectamente estructurada
e consentida,
que vai arrincando os traballos
das crases máis populares,
e xerando un clima inxusto
que remata coa esperanza.
Unha obsesión constante
coa privatización
da Sanidade e do Ensino.
Feito aberto
a unha deshumanización
que medra, tódolos días
un cacho máis.
Un discurso político
valeiro e inefectivo.
A ineficacia política
é un feito aberto
ao pasar da vida
sen pena nen gloria.
Todos e todas
traballan na chamada
Empresa da Corrupción,
Máxima e Suprema.
Miguel Dubois.
Deixar unha resposta