A derradeira marcha inútil
Posted 16/09/2014
on:Atlántico de Ría, ao 16 de Setembro.
Setembro comeza
a abrir as portas
dun Outono próximo.
e cairan a chan chá
as follas mortas,
comenzo da morte
das follas
cun día tiveron vida.
A DERRADEIRA MARCHA INÚTIL.
Foise o vento do teu
alento
lento,
abafantes, sutil
e quente.
Foise a presenza
da túa vida
innata,
crítica
e responsable.
Vaise o que non
voltará.
Vento
ou
alento
ou
desalento.
Esgotache,
sen querelo,
as luces
do mencer inútil,
Inútiles foron
as miñas verbas
inútiles,
inútiles foron
os meus camarades inútiles
útiles foron
as derradeiras verbas
as derradeiras
verbas
contigo
e conmigo.
Conmigo
vou esgotado
o meu tempo existente
lendo os versos
de Pablo Neruda,
secuestrado
nas olvidadas bibliotecas.
Bibliotecas dormidas
libros esquencidos.
versos abandonados.
Abandonaches,
esta Illa Insumisa
de Conciencia Plena,
onde non existen
as partes que guíen
aos coartos da dor
da derradeira viaxe.
Mireinos ao fin
dun camiño inútil.
Miguel Dubois.
Deixar unha resposta