Dez anos van daquel once m
Posted 11/03/2014
on:Atlántico Sur ao 11 de marzo de 2014
DEZ ANOS VAN DAQUEL ONCE M
A maldade indesexada
O deixar sen vida
Aos viaxeiros dun tren de cercanías
Camiño dun fin malquerido.
Sentimentos de dor e da máis absoluta
Impotancia tremenda de pólvora activada
Ou trilita mortal. A dor expándese
Polas bocas encendidas
Da rabia incontida.
A vida nada é despóis.
Dun estourido brutal e asasiño.
Ficar morto e paralizado
Coma unha pedra máis fría
da parede máis ancha,
Brutal e gris da dor expresa,
En laios constantes,
De expresións tristes.
Unha sega a vida constante.
Un canto cantado con dor dura
E asombro pola atrocidade ,
Cometida, namentras.
Choran laios fondos
Que pérdense no teito indefinido
Do tren asulagado de miseria.
Déronlles camiño de vida
Mais sen nengunha volta posible.
O poder destructor fíxose
O amo de tanta dor incontida.
Hoxe van dez anos daquel acto brutal,
Que aquela mañá colleron
O tren asasino, o tren maldito,
Carregado de pena e dor.
Dunha maneira brutal.
Arrincáonlle a vida enteira,
Toda as súas vidas de prantos
E sorrisos esquencidos,
Todo fica confuso, quizaves distante
Pero moi doroso, porque eles e elas
Marcharon rumbo ao camiño final,
Sen chegar ao destino desexado.
Somentes fican os cirios brancos
Esbarando polas meixelas
Das frías feridas brancas
Do xeo frío e duro.
Miguel Dubois
Deixar unha resposta