Caderno de apuntes de PepeR

Nelson Mandela

Posted on: 07/12/2013

Pontevedra, ao 7 de Decembro de 2013.

NELSON  MANDELA.

Pontevedra, ao 7 de Decembro de 2013.


NELSON  MANDELA.


Todo remata e algo queda,

a súa maneira de estar no Mundo

a súa ansia de xustiza permanente.

Enfrontarse con suprema valentía

a represión brutal aos disparos asasinos,

aos brutais paus a dor constante

ao apartamento da raza negra,

da poboación branca; a baixeza dos homes

represores naquela masa negra e uniforme,

a cor brámellas do sangue derramado.

Escapar das autoridades represores

e facer  da vida un inferno de persecución.

Loitar polos negros sudafricanos.

Castigado a pasar vinte sete anos de reclusión,

simular unha falsa escapatoria en Robben Island,

para rematar con Madiba.

Soubo Mandela, salvar todos os obstáculos

da súa vida complicada, chea de constantes

persecucións. Soubo defenderse el mis mo

como o seu avogado propio.

Foi un exemplo completo para toda a humanidade,

procurando a xuntanza social de razas diferentes

e soterrando os resentimento  e o odio

que podería malograr seu sono dourado.

Todos os grandes persoeiros imprescindibles

van desaparecendo, enchéndonos

dunha fonda tristura; de cando vez,

emerxerá con forza poderosa

a súa marabilloso figura sorrinte

e chea de vida. Sempre teremos

un anaco de tempo gañado

lembrándonos de Nelson Mandela.

Descansa en paz, Madiba.

Miguel   Dubois.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: