Caderno de apuntes de PepeR

Trens e morte

Posted on: 25/07/2013

Pontevedra, ao 25 de Xulio de 2013

               TRENS E MORTE.

A tristura engadida, mal agasallo me chama

aos acontecementos inesperados,

tremedos e fatídicos, ollar triste

e desesperado,

o mirar a nosa total impotencia

ante os feitos indesexados,

que escachan os amores desexados,

que a vida de cotío, ofrécenos.

O pranto irremedible a dor dorosa,

por aqueles que abandonaron

por accidente expantoso,

a súa vida enteira nun serán mortífero,

víspera do 25 de xulio de 2013.

O Apóstolo, sanda bágoas de sangue

vermella e espesa,

e fican suspendidos tódolos actos

e conmeracións por mor

da Patria  Galega.

Compostela é, sen dúbida,

a Negra Sombra de Rosalía de Castro,

namentras os piñeiros choran bágoas verdes,

Bater de ferros asasinos,

pervetida rotura de cristais partidos,

xemidos intensos e prantos agónicos,

mortos perdidos e vivos mutilados.

Queixumes fondos e medo,

un medo intenso a transpasar

ao mundo valeiro, á perdida completa.

Non podo ocultar a miña fonda tristura

e amoso a miña enteira soliedaridade

aos familiares condenados,

a maís fonda de tódolas las tristuras,

e aos seus queridos amigos e amigas,

que non deixan de chorar, constamente,

polos seres queridos e amados,

que lles foron arrebatados,

antre ferros asesinos

e tremendos berros desesperados.

Agora a vida, non ten, demasiado,

senso, ante unha anguria penetrante,

que deixa impotente

a calquera ser humano.

Finaron para a perpetuidade

deixando a dor repartida

para os seus seres máis queridos.

Descansade, por, sempre,

No sosego da paz ilimitada.

Miguel   Dubois.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: