Que é xustiza?
Posted 15/06/2013
on:QUÉ É XUSTIZA?
Pontevedra, ao 15 de Xuño de 2013.
Pontevedra, ao 15 de Xuño de 2013.
QUE É XUSTIZA?
Funme dando de conta,
que o mapa do tempo
ía debuxándose na miña
faciana, estrías constantes
de ríos diversos e afluentes
marcados no tecido da
branca pel. Un mapa diverso
que fixo da miña cara,
un espazo continuo e diverso.
Vou envellecendo mais tendo
o corazón mozo e o sorriso
aberto. Non me rendo
á traizón diversa, máis ben
no me pecho a nada e abro
novas portas ao feito plural
e reivindico a liberdade,
que se nós arrinca, de xeito
cruel e diverso. Abro portas
á luminosidade, abro as portas
ao vivir intenso e diverso,
cun discurso que ridiculiza
os poderes financeiros.
Ala bo a palabra paz enteira,
e condeno todo aquilo que
poda ridiculizar a grandeza
do ser humano, namentres
os poderes fácticos enchen
a vida da dor constante que
debilita a homes e mulleres.
Condeno, a todos aqueles
que abusan do seu poderío,
arrincando postos de traballo
necesarios e vital es.
Condeno aos usureiros que
botan a rúa con violencia
aos que dan as ordes de
desafiuzamento, a súa orde
deshumanizado, e o seu nulo
sentimento de empatía.
A deshumanización é
unha nova corrente, namentres
un Ministro, carente de forza
e brío, crea unha nula lei
educativa. Imos medrando no
malos aspectos da vida enteira,
xenerando a necesidade innecesaria,
mal educa cando e perdendo
o rumbo necesario, sen demandalo.
Día a día miramos nos noticiarios
absurdos, cando lle medran
as cantidades a un Señor Estrafalario
que non cumpre o castigo
merecido e incumle toda Ética
esixida. Un camiño consentido
dende a súa casa aos xulgados
mais vai, sempre, libre
e cun certo aspecto de estraña
naturalidade, abríndose paso
entre cámaras e micrófonos,
elegante e ven penteado con gomiña,
se for preciso. Nula orde dan
os xulgados pertinentes,
namentres en Suíza, descóbrense
enormes sumas monetarias
inconcebibles. Que é Xustiza
nesta España tremenda
deplorable e cargada de innecesarios
abusos consentidos?
Míguel Dubois.
Deixar unha resposta