Caderno de apuntes de PepeR

Poder perverso

Posted on: 02/06/2013

Pontevedra, ao 2 de Xuño de 2013

PODER PERVERSO.


Gardade un silencio permanente,
de rosas amarelas e camelias brancas.
Calade que xa chegaron os sumos mentireiros
os que dregandan o mundo de verdadeiro.
Mundo que queremos vivir, apartados
do sufrimento inútil. Sufrimento creado,
pola maldade humana e a verificación perversa

de verdades desherdadas de calquera

afirmación sensata e coherente.

Converteron a vida nun mundo mentirán

Unha civilización salvaxe e brutal.
Vanse apagando as risas enteiras do pracer,
que medra, constantemente polos mundos reais,
para nos o  feito do sorriso é unha apertura a ledicia.

Cara enteira aberta ao sorriso preciso.
Cabreadas estás as sinistras rúas esquecidas
da perversión do poder establecido.
Imos perdendo a expresión leda,

o sorriso interno que exprésamas

nas nosas facianas indecisas.
A ledicia de vivir en paz, namentres vannos
creando o mundo adverso, inverso do pracer.
Que maior esperanza que non perdela a esperanza.
Que maior vitoria é dicir, basta xa!
Combate vital absurdo inducido á necesidade.
Dicir: vida érguete constante e dereita,
na contra da acelerada morte consentida.
Que maior dor que a perda da vida inesquencible,

daquel ser humano que me quentou a vida,

cunha calor intensa ateigada de sorrisos permanentes.

Sopreivos mundo europeo dunha Troika,

que pide sacrificios inútiles, en favor

dun poder financeiro que aí lla seus capital es,

en lugares intocables. Sexa restablecido,

o senso común a felicidade colectiva

as ganas de vivir, intensamente,

namentres condenamos a uns poderes ocultos

de rostro de descoñecido que vai menten do

medo polas capital es da vella Europa.

Pelexas en Madrid, pelexas en Franckurt,

brutalidade policial concisa e fora de lugar.

A liberdade quere ser agachada,

polo abuso da banca poderosa,

que fai deshabitar o corazón dos máis necesitados.

Xente que durme nas rúas desoladas.

Xente abandonada polos servizos sociais

das vilas das provincias das diferentes 
e Comunidades Autónomas. Xerar pobreza e abandono.

Pechar comedores escolares gratuítos.

Insuflar a necesidade, evitar o coido

da xente que necesita dependencia socia

imprescindible. Crear problemas

cós medica mentes imprescindibles

Limitar as prazas de funcionarios públicos.

Namentres o Poder establecido fai unha dobre vida,

que parece que nada ocorre no seu firmamento político.

Coma se pode negar escándalos tan grandes?

Como se pode mentir tan doadamente,

sen dimitir dos seus lugares importantes

tan desacreditados coma os corazóns negros?

A vida segue, pero o país cada día perde

máis oportunidades para vivir con dignidade.

Vai pasando todo, como se nada pasara.

          Miguel   Dubois.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: