Ollos fermosos, estouche mirando
Posted 28/05/2013
on:Atlántico, ao 28 de maio de 2013
OLLOS FERMOSOS. ESTOUCHE MIRANDO
Unha luz fonda e penetrante
Saía dos teus ollos lindos
Esferas do bon mirar.
focos móviles que abre
o mundo visual da fermosura.
Teus ollos íntegros miran
a delicada pena do necesitado.
Os teus ollos coa súa mirada fixa
atravesan o ar puro da sintonía perfecta.
Paxaros cantores miran os teus ollos redondos,
dous ollos que descubren o mundo enteiro
ao travesó da miradas diversas.
Cando miro luz fonda,
miro a vida enteira
e o placer do mirar intenso,
miro, miro e miro
e descubro os teus ollos fermosos
e a túa mirada interrogante
e, aínda, me pregunto
se me queres por deber
ou por amor completo.
A mirada dos teus ollos
pérdese polas puntas sinistras
dos piñeiros atlánticos,
máis cando miro aos teus ollos
acado unha tranquilidade total.
Quero mirarlos, por sempre.
Miguel Dubois
Deixar unha resposta