Política porca
Posted 07/04/2013
on:Pontevedra, ao 7 de Abril de 2013
POLÍTICA PORCA
Que a paz e o sosego
Sexan os meus constantes compañeiros;
Non quero escoitar a tremenda mintira
Constante e delirante, que portas abre
A un delirio sinistro e queixumoso.
O ar do País, converteuse,
Nun lugar fétido e desesperante,
A clase política fai malavarismos
Ou política ficción, namentres
A perversión é a constante diaria.
O constante, feito deshumanizador,
O decer que algo se sabe e todo ignoran,
O feito abusador de ter o Poder Corrupto,
Políticos aberrantes amárranse as súas
Fixas cadeiras públicas; minten dabondo
Creando un discurso valeiro e tendencioso.
Sobe a mentira constante, aumenta
A ansia privatizadora e retíránse
O medios elementais da axuda e da solidaridade,
Italia converteuse no circo romano da poítica
Antre paiasos profesonais,e corruptos de facto.
A vida é un teatro mal montado,
Un descaro constante, que remata
Cós dereitos fundamentais das persoas.
Os postos de traballo escasean moito,
E os índices laborais diminuen.
O tecido productivo está no mínimo,
A tolemia dos desafizauzamentos
E constante,. e, somentes, descansan
Nos fin de semana, máis a dor segue
Vulnerando os dereitos de homes e mulleres.
Necesitados e castigados polas políticas
Carentes de liberdade obrigada.
Mal o Mundo marcha.
O Mundo retrocede
E o tempo avanta,
A contradicción é crara e dooroso.
Quen non se pelexa hoxe en día?
Que non traizóa ao suposto amigo imaxinario?
Que non quere subir ao outeiro da vanidade?
Quen non quere chamarse importante ou similar?
A custa abaixo está empinada,
E o baticazo é prometido
Pola ignorancia pura e esaxerada,
Por falla de humildade necesitada
A prepotencia medra
As palabras son inútilers palabras,
O disfraz da verdade existe , namentras
As economías subersivas inflán
O seu constante benestar,
Pero todos nós somos os mesmos parias,
Que restan ao noso salario inxusto,
O que se necesita para cubrir
O que vóou coma paxaro negro.
Castígannos dabondo
De xeito inxusto e misrento.
Miguel Dubois
Deixar unha resposta