Caderno de apuntes de PepeR

Carencia de decencia: indecencia

Posted on: 23/11/2012

Pontevedra, ao 23 de Novembro de 2002

           CARENCIA DE DECENCIA:

               INDECENCIA

Que nome absurdo é deducir a CARENCIA,

O que non hai ou e que se perdeu.

Carencia de amor tenro,

E a dor ferida de morte absurda.

Carencia e a demencia,

A falla do sentido común,

O abuso  constante

Aos seres humanos necesitados.

Carencia de agarimo pedido,

E un rexeite ao amor comprendido.

Hoxe en día a carencia fai-se

En forma de abuso brutal.

En forma de despido rápido.

En forma de doloroso deshaucio,

Unha política temeraria

Daqueles banqueiros ususeiros,

Que carecen da dignidade

Humana necesaria.

Carencia son as leisies inhumanas,

Da carencia das medicinas,

Máis elementais para os seres humanos.

De que xeito brutal e abominable,

Chega a deshumanización

Dos seres humanos. Temos de todo

E non temos de  nada e posúen,

Un si lenzo frío de morte provocada.

Carecen de tanto, porque

Arrincáronlles as gañas de vivir,

Namentres os seus corazóns feridos

Choran pingas de sangue pura.


A vida enteira non é un xogo común.

A vida non é unha mera distracción.

A vida é a mesma vida enteira,

Que fomos tecendo

Ao longo do tempo morto.


Basta xa, de absurdos sufrimentos

Ou basta xa, da creación

Das absurdas fábricas da dor.

A vida é a verdade inversa,

A vida non é un cacho de felicidade.

Que é a vida se non vivo?

Que é a vida sen un berro libre?

A vida, por veces,

En estado de carencia continua.

Impoñen tantas carencias

E medra a dor innecesaria.

              Míguela   Déboos.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: