Caderno de apuntes de PepeR

Paco

Posted on: 19/11/2012

Pontevedra, ao 19 de Outubro de 2012
IN  MEMORIAM
PACO PIÑEIRO

Perdido entre néboas inútiles,
Perdido o rumbo desexado,
Perdido de min mesmo,
Desconcertado da vida enteira,
Sorprendido ante os acontecentos,
Perder, quitar e restar,
Quitar a inocencia da vida,
Perdeu a vida enteira
Entre prantos cargados
Da dor pura e penetrante,
Marcha che máis aló das Illas Senlleiras,
Onde contigo non podo estar nunca,
Mais me ves tanto a memoria viva,
Mais me chamas tantas veces
Por descontado, abofé,
Cantos días vivimos xuntos,
Días de risa constante,
Cantas veces erguemos as  brancas cuncas,
Ateigadas de viño ribeiro de Ribadavia.
Lémbraste Paco ou querido Carlitos Silva,
Cando perdiamos o sentido,
Por mor da conciencia xuvenil.
Non había, ninguén, que diante
Nos desafiara desafiando a calquera,
Ao vento Norte, que con forza batía
Nos muros das casas achegadas
Ao mar enfadado, naquel momento,
Lóstregos azulados e a mar brava
Era unha contante de bailes oscilantes,
E vestidos de branco escuma.
Recorriamos as praias fermosas
Da Península de O Grove,
Subiamos a embarcacións
Que voaban pola superficie do mar vivo.
Aló ían Paco Piñeiro, Paco "Peligro"
E Carlos Silva con longa barba negra
E pi tillo nos beizos, namentres,
Saboreaba un trago de xenebra forte e pura
Beefeter londiniense,
Paquiño Piñeiro foi un bo amigo,
Amigo dos seus amigos,
Que vivía na Rúa Catorse, de O Grove,
Pretiño do Bar Iso lino. Viciño amable
E encantador persoa que onte choracha
Polo amigo Paco que marchou,
As Illas Senlleiras, onde a paz constante
E un habitat permanente.
Era bo teu Pai, Paquiño,
Cantas palabras a destro e sinistro,
Canta loita constante e traballo duro,
Namentres Santos, o teu primo amable,
Agarimo constante do quefacer
E da palabra pronunciada,
Facíanos máis pracenteiras
A nosa estancia curta ou longa,
No Bar Lusán da Rúa Catorse,
Pretiño da casa de Carlitos Silva.
Todo un mundo de historias constantes,
Historias da vida mesma

Que premia e castiga sen piedade,
Que fan grande pegada

E que nunca esquezo.
Non sei como rematar este poema lembranza
Non son capaz de dicirche adeus,
Coma se foras un familiar querido
Que marchas de viaxe.
Sei cun día perdido da vida
Collerei o mesmo rumbo teu,
Inevitabelmente, mal que me pese,

Porque non podemos gañar

A batalla á morte dura,

Aló, Paco, ficou aquela fermosa

Xuventude de días ledos.

De bares percorridos dabondo,

Días da Festa do Carme,

Días da Festa do Marisco,

Días de mariñeiros e barcos ateigados

De lembranzas continuas.

Todo aquel tempo ledo,

Foron as leccións aprendidas,

Que a vida ensinounos.

Agora as vidas vanse indo,

A pesares da dureza do feito concreto.

Repítese a historia mesma,

Cambiando os suxeitos actuais.

                 Míguel  Dubois

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: