Agustín García Calvo
Posted 01/11/2012
on:Pontevedra ao 1 de Novembro de 2012
IN MEMORIAM
AGUSTIN GARCIA CALVO
Vela acesa que chora ce ira branca esbárante.
Bágoas amargas pola morte de Agustín.
Vela da derradeira lapa viva,
Derradeiro suspiro no límite do habitable.
Furacán de cor continua e adversa,
Melodrama do sabedor do Mundo Clásico,
Amigo de Sócrates, Aristóteles ou Heráclito,
Ou de Cenón de Elea,
Cómplice de Parménides.
Amante do Mundo Presocrático,
Pedra da morte fría, neve branca e fría,
Fría está a pedra, fría de morte,
Perda vital de poeta entregado,
Que abandonou o Mundo subido,
Ao cumio das idades altas,
Cando a corpo dáse por vencido,
E entrégase a un frío mortal e invisible.
A poesía aínda vive, máis o escritor imparable,
Marcha ao tempo deshabitado.
Nunca poderemos encher este va leiro sabio,
Onde sempre é día, Agustín,
Ou sumisa noite perversa, ausencia total.
Tódolos poemas escritos serán recitados,
Polas ninfas do descanso perpetuo,
Namentres Amancio Prado, con voz amorosa,
Subía aos escearios diversos e plural es,
Cantando os poemas de Agustín García Calvo.
Nacido en Zamora en 1926.
O poeta morre no derradeiro verso.
O xenio descansa afastado do barullo inútil,
Zamora, está triste, campás de vida ausente,
Voan polo ar dunha Zamora rodeada
De murallas outas e rúas ateigadas de beleza,
Zamora enteira lémbrase
De Agustín, linüista clásico,
Coñecedor de linguas antigas,
Pola sabedoría de García Calvo.
Rebelde, total, exiliado en París,
Asistente de tertulias no Barrio Latino,
Na cervecería a Bola de Oro.
Profesor na cidade de L´llle,
Onde unha benqurida amiga,
Achegada na curta distancia,
Naceu, naquela Francia delirante,
Naqueles tempos da posguerra,
Cargada de cultura constante,
As veces, conde ada, polo coñecemento,
De monxas anticuadas de cabezas cubertas.
Crítico de Jean Paul Sartre
E Simonne de Bouviere
E de magnífica Ilustración,
Anos enteiros do profundo coñecemento.
Tradutor da Editorial do Ruedo Ibérico,
Que eu comprara os seus libros
Nas libraría parisinas, a par
Que mercaba ele pés de Leo Ferré
Naquel ano de 1973,
Retornado a España en 1976.
Poeta marabilloso,
Persoeiro único, membro activo
Do Círculo Linguistica de Madrid,
Con Rafael Sánchez Ferlosio
Coma compañeiro habitual,
E Carlos Piera,
Retirado, Agustín, da súa Cátedra.
Por orde do Dictador,
Con Enrique Tierno Galván
E José Luis López Aranguren
E Santiago Montero Díaz.
Alumno da primeira promoción
De Antonio Tovar Llorente.
Presidente da FUE, Antonio Tovar,
Federación Universitaria de Estudantes
A prol da República Tricolor.
Agustín García Calvo,
Torrente de continua sabedoría,
Tres veces Premio Nacional de Ensaio.
Por Malasaña andaba Agustín,
Nas tertulias do Café Ruíz,
Según conta Luís Antonio de Villena,
Quen lle prologara un libro poético
Ao meu amigo, Pedro Atienza,
Natural de Alcalá de Henares,
Ou ía, Agustín, pola rúa da Amargura,
Dando clases de apoio re numeradas.
Cansado de Editoriais e panoplias absurdas,
Cansado do mercantilismo libresco,
Funda a súa fonte propia
Para que a súa obra sexa coñecida,
Editorial Lucina e LLucina.
Descansa sabio Agustín.
QUE PENA
Que tristeza a morte tremenda,
Das xoves "aplastadas"
Nunha festa "tumultuosa"
En Madrid.
Que pena, hoxe morreu
A cuarta rosa vermella.
Que tristeza fonda!
Que dor terrible!
Catro rosas vermellas
Morreron polo exceso,
Morreron pola brutal,
Irresponsabilidade.
Míguela Déboos
Deixar unha resposta