Caderno de apuntes de PepeR

Europa contra Europa

Posted on: 13/10/2012

Pontevedra, ao 13 de Outubro de 2012.

EUROPA CONTRA  EUROPA

Solidez solidaria: mundo xunguido,

Rotura de lazos permanentes: absurda división,

Desunión premeditada, absurdo comportamento humano,

O desamor desexado ou indesexado,

Non é máis que a rotura da felicidade roubada,

Por mor das palabras malqueridas.

Palabras ferintes e malintecionadas,

Froito dos seres malvados que   van saíndo,

Coma absurdas pantasmas máis aló,

Da densa néboa e espesa tupida e absurda,

Que agacha o concepto da verdade universal.

O canto da SOLIDARIADE que xungue,

Aos seres humanos deste complicado planeta diverso.

Que maior cantiga de paz fonda,

Que a súa práctica constante.

Condenar as condutaS violentas,

O uso perverso do armamento vendido

Por países aos que se lle concede

O premio Novel da Paz, que absurdo paradoxo!

Unha contradición habitual e hipócrita,

Cando no Vello Continente,

Impera a lei do desequilibrio

Económico socia.

A Europa do Sur está, duramente castigada.

E polas rúas de Atenas, Madrid ou Lisboa,

As forzas represivas son de resposta contundente,

A petición de trabalos aniquilados,

Namentres en Roma, o Primeiro Ministro,

Non foi elixido pola Soberanía Popular.

Europa do Sur desen catada,

Europa vella e reaccionaria,

Europa contra solidaria.


Que maior forza que a unión pura e forte

Que maior forza que a Unidade Europea,

Mais Europa adoece dunha enfermidade

Egoísta que enche as bolsas do rosas

De traballadores parados.

Miguel   Dubois.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: