Caderno de apuntes de PepeR

CON LOIS PEREIRO A VOLTAS

Posted on: 13/05/2011

Atlántico, ao 11 de maio de 2011

Achégome ao ritmo constante
Das túas palabras escritas.
Dozura da viva vivida,
Alimentado polo sentimeto amatorio,
Sentirme   seguro e ledo,
A beiriña do teu amor aberto.
Campos de néboa fría,
Paisaxe invisible,
Monforte carregado de morte constante,
Areas frías de Río Frío,
Pedras monfortinas frías,
Un cabalo frío atravesa as paredes quentes,
Somentes faleceron a víctimas de se mesmo,
Os sometidos a un castigo incomprensible.
Lois camiña pola letras dos seus poemas extraordinarios,
A súa máxima poética fixeron de Lois
Un gran poeta monfortino,
Para a vida vivida,
Ou para a morte predestinada.
Recitais en lugares ateigado
De escoitadores de poesía pura

Feita por Lois Pereiro.
A observavión da Costa Atántica
Dende os peiraos da Coruña, azul e aberta,
Aló na distacia do mar adentro,
Perdíanse as pantasmas do medo absurdo
Ondas atlánticas coruñesas,
Mar enfadada, queixa do mar en furiosa.
A Coruña do mundo musical,
As negras tebras do medo irracional,
Que perdíase na adición constante
Dun Mundo Contracartesiano.
As revistas poéticas
De poéticas perdidas no medio
Do seus propios versos temidos.
Un xuramento falso,
Un disparo traicioeiro,
Ou unha verba secuestrada
No discurso normal da palabra.
A mesaxe chegada, de novo, cambiada,
Sen nengún sentido obxetivo

A morte de costa abaixo, o delirio incluído,
E a verdade ficaba ocultas nas gavetas das mesas
Dos despachos dos políticos de turno.
Pero, non Lois, era un poeta de feitos
Fantásticos e realidade agachadas
Pola gran maxia escrita da súa linguaxe
Escrita e empregada, tan persoal,
Porque Lois Pereiro foi un poeta único

Desta fermosa Galicia habitada de meigas e trasnos
Lois, gran traballo bon e singulasr fixeche
Querido Lois Periro,
Querido Lois.

Miguel Dubois

Deixar un comentario


  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías