CRISE HISTÓRICA
Posted 17/04/2011
on:Pontevedra, ao 17 de abril de 2011
CRISE HISTÓRICA
Vida para algo útil. ou vida do inútil feito mentireiro.
Esforzos, traballo e sacrificio,
E unha forte labazada por recompensa ao esforzo feito.
Crisis dun socoalismo inexistente,
Namentras os donos mundais
Demandan un poder inxustificado.
Cartos rápidos de cotío,
Namentras as portas do traballo necesario,
Son feitos fraudulentos e aberrantes.
O mundo do diñeiro asfixia ao feble,
O feble fica de porta a fóra,
E o poderoso medra, construíndo
Altos rañaceos cristalinos,
Que sinalan, verticalmente,
As estrelas do ceo aberto.
Cidades financieras,
Absurdos luxos de persoeiros caprichosos.
O pobre feble é muito más feble que nunca.
Os Servicios Públicos do Estado Vencido,
Reducen plantilla, a cachón.
As necesitadas públicas elementáis,
Son entes abstractos que, algúns,
Pían pola súa desaparación.
Parece ser,que estamos presos constantes
Da necesidade máis primaria e debida,
De cara a un bon funcionamento social.
O socialismo foi un soño maravillooso,
Convertido agora nunha lembranza
No Museo da Historia Inesquecible.
As palabras actuais dos dirixentes políticos,
Son signos de señais extrañas que non comprendemos.
Comprenedemos a xustiza ben administrada,
A palabra real carente de absurda hoquedade,
Non comprendemos o insulto constante
A violencia verbal ou física,
E esiximos un Mundo Xusto,
Carente de barbaridades económas e políticas.
Miramos como homes e mulleres,
Son as víctimas de si mesmos.
Miramos de que xeito tremendo
A liberdade é secuestrada
Polo poderío económico,
Unha monstrosa máquina de poder absoluta.
E, como dar fin, a tanta barbarie
Factorias pechadas, de xeito rápido,
Maquimaria cuberta de pó
Mans quedas, desertas de traballo necsitado,
Namentras a vida vai pasando
Con máis pena que gloria.
Miguel Dubois
Deixar unha resposta