TITA
Posted 20/03/2011
on:Tita esgotado tempo dunha vida vivida
Roubo precipidado dun destino indesexado
Lembranza constante perdida
Sucumbe a vida potente
Acude ao Illa do Misterio Constante,
límite de vida limitada,
Frnteira dos límtes vitais
Esgotadas as derradeiras ondas
Da praia da Lembranza,
Ledicias puras e concretas,
Escuma viva se sorriso fidel
Sorrisos habitados de encantos
Na face do teu semblante
De Tita de Chiqui
De Chiqui Tita
Dous sorrisos acesos
No Bar O Marino grovense
O Grove o alento e o desalento,
Infancias perdidadas
No mundo da lembranza constante.
Desalento e misterio cando adeus dixemos,
Misteriosas campás da Igrexa de San
Martiño, por ela tocan as tristes campás,
Un silencio frío acude ao ambente dooroso.
Paraouse todo. Todo ficou paralizado
Có frío dooroso que maltrata a ledicia,
Como habitar a ledicia se existe a door
tremenda. o foco escuro que non alumea
O miserena liguaxe da escurida
Como explicarse os desexos indesexados
Como habitar o que xa non existe,
Como darche un nome que non existes xa,
Acudo a memoria e estou contigo
E síntome contigo, estando sen ti.
pasado victorioso, habitante da memoria
Teu sorriso habita o presente
A túa ausencia non é completa e sumisa,
Repaso os longos camiños da memoria
Intensa, lus acesa do pasado
E ton habito naquelo que foi
E que xurde coma unha lembranza
Inesgotable, fonte do alento querido
Pasear pola memoria non é un luxo ocasional
E unha necesidade precisa
Querer a ti me xungue por obriga necesaria
Como cidadá do que foi e xa non é.
Habitas no meu interior
Como un lóstrego de lus constante
A lus de Tita sempre está acesa
Na nosa memoria, unha fonte constante
DE auga crara, un legado de auga limpa
Deixar unha resposta