POR TI SON EXISTENCIA PLENA
Posted 25/12/2010
on:Por ti o susurro da túa voz activa, paxariño cantadoiro.
Por ti o canto permanente, vento constante da palabra viva.
Por tí o vento forte, limpeza inmediata do ar contaminado.
Por tí a fiestra aberta, a porta aberta a todo aquel que crea na liberdade.
Por tí o silencio absurdo, que morre no deshábito do marmurio incesante.
Por tí a beiriña do mar tranquilo, movento constante dun mar incesante.
Por tí o canto dos paxaros amarelos, vista corida e piar sinxelo e doce.
Por tí a verdade desfiguarada, para defenderte do intruso.
Por tí o Norte forte, que me guía ao rumbo seguro de Porto Ledo.
Por tí a verdade espida, a que non enche moitas bocas necesitadas.
Por tí a tarde está caendo, descende a intensidade da lus e recollémonos, xa.
Por tí ábrese a noite enteira, unha boveda estelar de cometas rápidos e brillantes.
Por tí a túa dor, dama, e non sufras, dame a túa dor enteira, entrégama por tí.
Por tí os cabalos galloupan ceibos pola Serra Outa, a liberdade silva rápida.
Por tí as ondas do mar vivo, o ascenso e o descenso da auga mariña.
Por tí a verdade enteira, que espetas na fronte do mentireiro absurdo.
Por tí a miña morte, o meu descanso constante, o meu soño esquecido
Por tí a túa vida, a túa dozura e a túa beleza innata.
Achégame a túa beira curta por tí.
Achégame aos teus beizos tenros, por tí.
Achégame ao teu agarimo constante, por tí.
Achégame a beira da túa casa amarosa, por ti,
Achégame as túas verbas silenciosas, por tí.
Achégame á túa pel soave, deserto de area crara, por tí.
Achégrme as páxinas dos libros de páxinas de fondo branco, por tí,
Achégane a xustiza plena, condear o abuso tremendo, por tí.
Achégame aos infernos lamentables, eide descubrir o azul do ceu, por tí.
Non existe máis momento, do que ,vivo, por tí.
Non existe máis paz que a querida, por tí.
Non existe máis amor, que decirche que ámoche tanto.
Non existen os silencios fríos.
Non existen desertos da palabra, máis ben un discurso coherente e fidel.
Pásome a vida enteira leendo libros de amor tenro.
Pásome a vida lendo poemas de Lois Pereiro.
Pásome a vida arrincándome a dor que me mata.
Pásome a vida construíndo versos ateigados de verdade fonda.
Pásome a vida morréndome de amor constante.
Remato e dígoche: ámate tanto, para amar aos outros canto.
Miguel Dubois
Deixar unha resposta