Caderno de apuntes de PepeR

Poema para Salvador de Bahía, O Brazil. AO MEU FILLO ÁLVARO, residente actual en SALVADOR DE BAHÍA.

Posted on: 02/12/2010

Comtemplar puiden

O feito humano de querer amar,

No fondo do sufrimernto e da necesidade.

Rostros infantís piden axuda

Nos suburbios das esquinas abandoadas.

Sentinme ledo e non souben medir

A necesidade simplemente,

Con palabras simples e valeiras.

Nenos de Salvador de Bahía,

Alvaro, meu querido fiño,

Os nenos e nenas e adultos,

Piden amor por tódolas   esquinas perdidas,

Da man dun deus descoñecido,

Un cachiño de amor, Meu Señor,

Faga o favor, Meu Señor,

Deme un anaquiño de amor.

A necesidade fíxome preso

Desta Institución de axuda aos necesitados.

Retiráronme das sinistras rúas

Da calor queimente

E do frío supreso e adverso.

Uns homes e mulleres da Galiza,

Viñéronnosos  mirar hoxe,

O tempo non perdía, en absoluta,

Querían querernos e,

Facernos unha pequena visita necesaria,

Quentar os nosos corazóns abandoados,

Escoitar an nosas miserias

Que a ningúen impórtalles

Meu Paisiño  Quridiño  non ten traballiño

Miña Naiciña  Choromiqueira  está  enferma de desamor,

Mais eu  gusto xogar con estes galegos

E galegas que conmigo non viven.

Son a nós diferentes máis teñen quente

O corazón e agasállannos con sorrisos constantes.

Sentimos, docemento  o galego agarimo

Ao longo da nosa pel negra

Da nosa pel branca.

Vivimos ao  valeiro da rúa deserta,

Da rúa ateigada de necesidade constante,

Durante un longo tempo

De constantes frustracións.

A Institución, díxonos,

Que abandoáramas as rúas  sen retorno,

Que arricáramos de nós o medo a vivir,

Con anguria permanente e sufrimento total.

Estamos ben cós galegos e galegas,

Terra afastada do Brazil grande.

Un día abandaoremos o Centro Institucional,

Porque queremos ser libres,

Como un paxaro ceibo

Que vóa con toda liberdade

Polo espazo do ar limpo.

Miguel    Dubois

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


  • Ningún
  • Miguel Dubois: Fermosidade dun solpor maravilloso. O Gran Astro quere descansar, na súa quietude, máis vai descendendo. A noite longa pide paso.
  • Miguel Dubois: Moitas grazas, Pepiño. Eres moi bon amigo. Deberiamos estar máis xuntos. Unha aperta moi forte: Miguel
  • Mr WordPress: Hi, this is a comment.To delete a comment, just log in, and view the posts' comments, there you will have the option to edit or delete them.

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: